lunes, 5 de junio de 2023

DERROTA POLA MÍNIMA DOS VETERANOS NO POTE

Derrota dos nosos veteranos ante o Olímpico CF "B" nun bo e entretido partido no que unha vaselina ao comezo da segunda parte decidiu o mesmo e onde o Maniños por ocasións de gol foi acredor ao empate que finalmente non chegou. Bo ambiente entre ambos os equipos e excelente terceiro tempo ao finalizar o partido devolvendo o bo trato dos de Rutis no partido de ida.

Partido moi competido
(Foto: Mercedes Lamas)

Paso atrás no intento de conseguir o 5.º posto final, imposible matemáticamente tras a derrota deste domingo e agora a pelexar polo 6.º xa que xustamente os equipos que anteceden aos brancos na clasificación son os dous rivais nas dúas últimas xornadas de competición,
CF Batallador e Sporting Coruñés. Sempre hai que fixarse un obxectivo e unha motivación.

A por o último esforzo!!!

Seguimos equipo!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí