lunes, 30 de septiembre de 2024

VICTORIA PARA CREER DO VETERÁN

E por fin chegou a primeira vitoria do Maniños de Veteranos, e tivo que ser no día da estrea das novas camisetas, un día de festa e moi significativo para os brancos (11+1).

O encontro comezou competido, ambos equipos loitaban o medio do campo e trataban de impoñer a súa lei.


Sen embargo era o Ciudad o que parecía dar un pasiño máis adiante que os do Pote, aínda dubidosos despois de dúas derrotas consecutivas.

Os estados de ánimo parecían influir no desenvolvemento do partido.

O Maniños tratou de axustar as liñas para reparar a sangría de goles recibidos e conseguindo manter a portería a cero marcouse o primeiro gol do partido; A maior intensidade dos hoxe máis brancos que nunca, provocou unha recuperación e un pase as costas da defensa do Ciudad que aproveitou Ricardo para facer un regate e provocar penalti; El mesmo se encargaría de poñer o 1 a 0.

Os brancos pareceron entón controlar o encontro, pero nunha xogada illada o Ciudad foi quen de empatar e volver facer dubidar os de Jaime.

Chegábamos ao descanso có empate a 1 e un partido igualado.

Tratou de corrixir o Maniños a presión en campo contrario tralo descanso, foron entón os mellores minutos dos brancos no partido, onde foi capaz de roubar en tres cuartos e desfrutar das mellores ocasións.


Pero o día amencera coa R de Ricardo no firmamento, e foi o 9 do Maniños quen no 71 era capaz de desigualar a contenda empuxando a rede un regalo de Javi Rico, tras unha boa xogada na área.

O Ciudad tratou de reaccionar, pero non estaba o día para os de negro e a precipitación e boa labor dos brancos impediu que estes acadaran o empate.

Cando o partido encaraba o seu final, un bo saque de porta de David, chegaba a pes da defensa do equipo visitante onde a boa presión dun Mon incansable, provocou entón un pase corto cara o porteiro e foi Ricardo ,de novo o máis listo da clase, quen era capaz de chegar antes, regatear o porteiro e poñer o gol de tranquilidade no electrónico.

Relaxouse en demasía o Maniños, quen un minuto despois encaixaba o definitivo 3 a 2 nunca xogada individual, na que o xogador do Ciudad foi quen de burlar a defensa de varios xogadores dos veteráns.

Non había tempo para máis e chegaba por fin a primeira vitoria.

Cousas que mellorar no cadro do Pote, pero por fin podemos dicir que se atisban brotes verdes na ensalada futbolística dos do Pote.

GO MANIÑOS!

(Por Javi Pedreiras)

DERROTA DO FEMININO ANTE UN GRAN RIVAL

Derrota clara e contundente do feminino ante o potente Orzán SD "B" un equipo de xoves valores da canteira do RC Deportivo da Coruña. O equipo o intentou e chegou a poner as taboas no marcador por mediación de Laura Montero pero un gol pouco antes do tempo de lecer das visitantes foi determinante. A segunda parte foi das visitantes que ademáis estiveron moi acertadas cara a portería de Lara.

Nada a obxetar, toca seguir traballando para mellorar. 

O peor a lesión de Tensi que tivo que acudir ao Hospital para evaluar os problemas no seu xeonllo dereito. Agardemos quede nun susto... 

A seguir traballando!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Noe Leiras en www.radiofusion.gal, preme aquí

DERROTA DURA DO FILIAL NO DESCONTO

Dura derrota do noso Filial no tempo de desconto o que impideu aos nosos conseguir o seu primeiro punto na liga. O revés foi especialmente amargo ao encaixar o gol no tempo de desconto da segunda parte, non obstante imaxe positiva do equipo que seguirá mellorando. 

Instante do partido en Gallamonde

Este é o camino, os puntos chegarán!!! Punto de inflexión. 

Cabezas arriba!!! 

A seguir traballando!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Chiqui Dopico en www.radiofusion.eu, preme aquí

TRIUNFO DE EQUIPO DOS MODESTOS NA GRELA

Tres puntos de moito valor foi o botín que se trouxo o Maniños do Campo da Grela coñecido na Coruña por "A Catedral" despóis de superar remontada incluída ao líder invicto e imbatido da categoría ata ese momento, o Vitoria CF, equipo recentemente descendido de Rexional Preferente e candidato número un da categoría.

Intre do partido na Catedral

O partido empezou con dominio local e na primeira ocasión clara da que dispuxo,
David Bandera, ex xogador do Racing de Ferrol aproveitou un centro que lle chegou desde a dereita segundo ataque dos locáis e desde a área pequena fusilou a Marcos. (1-0) e non ían nin 5 minutos de partido. Os brancos (este domingo rosas) encaixaron ben o gol e pronto puxo as táboas ao aproveitar un inspirado Pedro un gran pase de Julián tras un roubo de balón nas proximidades da área local. O Maniños empezábase a sentir cómodo e empezaba a controlar o partido e ter a posesión do balón. Así nunha presión na saída de balón dos locais rouba Santi que fai chegar o balón a Pedro que pon o (1-2). Mazazo para os locais que a maiores sufriron a lesión dun xogador e con un control do partido dos feneses sucedéronse dúas xogadas moi dubidosas que pudiron decidir o partido, un moi probable penalti a Pedro empuxado cando encaraba (escorado iso se) ao meta local e un fóra de xogo máis que dubidoso co auxiliar de la bancada mal colocado que levantou a bandeira cando de novo Pedro tras un gran pase de Caio presentábase de novo só ante o meta do Vitoria. Sen máis que sinalar e con moi boas sensacións para o Maniños o partido foise ao descanso co coñecido (1-2).

A segunda parte é fácil de describir, monopolio de balón local e un Maniños que ofreceu un recital de resistencia sendo sometido polos locais pero sen xerar ocasións de gol, salvo unha clara ao comezo deste 2º período e un cabezazo alto nas postrimerías do mesmo. Orde e traballo de todo o equipo permitiu finalmente sumar os tres puntos con sufrimento que é como mellor sabe. Victoria de equipo!!!

Se todas as vitorias son importantes esta ten un significado especial porque é ante un gran equipo e a domicilio o que pon en valor os tres puntos. Agora toca facelo bo coa visita do CD Marte na súa primeira visita da historia a O Pote.

Parabéns equipo !!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www,futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí

RESULTADOS DO FIN DE SEMANA (27-28-29) SETEMBRO

INFANTILES (X02): Cultural Maniños 2 - CD Cariño 5
CADETES (X02): Cultural Maniños 2 - Cedeira, SD 6
XUVENILES (X02):  CCRD Perlío 7 - Cultural Maniños 0
FEMININO (X03): Cultural Maniños 1 (Laura) - Orzán, SD "B" 6
VETERANOS (X03): Cultural Maniños 3 (Ricardo (3)) - CD Ciudad 2
AFICIONADOS - 3ª GALICIA (X03): AD Miño 1 - Cultural Maniños 0
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X04): Victoria CF 1 - Cultural Maniños 2 (Pedro (2))