A disfrutar moito!!!
jueves, 28 de marzo de 2024
SEMANA SANTA DE TORNEOS PARA OS MÁIS PEQUENOS
Estos días e coincidendo coa Semana Santa os máis pequeños do Club participarán en dous torneos de moito prestixio.
Agradecer a súa invitación e bo trato e por suposto felicitalos pola excelente organización.
● IX Torneo Concello de Mugardos de Fútbol 8
● VI Torneo de Fútbol Base - Olímpico de Rutis
Agradecer tamén o compromiso e esforzó de xogadores, técnicos e familiares!
E disculparse con outros Clubs que enviaron a súa invitación e que nesta ocasión e lamentándolo moito non se pudo aceptar.
Gracias a todos!!!
A disfrutar moito!!!
A disfrutar moito!!!
lunes, 25 de marzo de 2024
XUSTA DERROTA DO FEMININO ANTE O CARRAL
Un mellor UD Carral levouse con merecemento os 3 puntos de O Pote ante as nosas que pelexaron ata o final pero non poido ser. As veces só queda aplaudir a un rival que foi mellor e aprender dende a derrota para mellorar.
Anotaron Tensi e Pau.
Esto sigue, ágora descanso, desconexion e a pola recta final da liga.
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Juanjo Cebolo e Andrés íñiguez en www.radiofusion.gal, preme aquí
DERROTA INESPERADA ANTE O CRENDES
Dolorosa derrota dos modestos na súa visita a San Tirso no seu enfrontamento co Xuventude Crendes, equipo que ocupa as últimas posicións da táboa e que a base de empuxe e corazón foi quen de sumar con xustiza os tres puntos en xogo.
Aínda que as mellores chegadas foron para os locais incluído un disparo ao traveseiro, foi o Maniños o que se adiantou por mediación de Pedro que superou por baixo ao meta local. De aí ao descanso tivo o Maniños a oportunidade de matar a partido cousa que non conseguiu por falta de acerto ou malas decisións nos últimos metros, especialmente unha clara de Pitu que non puido empuxar un balón que de entrar sentenciaría seguramente o partido. Unha bagoa...
A segunda parte foi de dominio local ante un Maniños que entrou no xogo da locais cousa que non lle conviña obviamente e tras numerosos achegamentos, os locais puxeron as táboas para finalmente voltear o marcador. Entre ambos os goles disparo de Hugo ao traveseiro e un par de disparos de Pitu que non pillaron portería. Dentro do caos o equipo local finalmente sumou os tres puntos porque o partido se xogou ao que lle interesou ao Xuventude Crendes e o Maniños non supo contrarestar.
Tocar pasar páxina e centrarse nos sete partidos que restan e dalo todo empezando polo seguinte ante o Ural Español CF. Non vale de nada lamentarse, toca aprender dos erros e que non se volvan a repetir. Para eso hai un Corpo Técnico que seguro tomó boa nota.
Non se pode tampoco quitar méritos aos locáis do Crendes que creieron en que podían remontar e o fixeron.. As veces creer e poder.
Seguimos que esto é una carreira de fondo, unha maratón...
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí
O FILIAL CAE PERSEGUIDO POLA MALA SORTE EN MONFERO
Cando fálase de mala sorte ten que falarse do noso filial. Nun partido que debeu decantarse para os blancos e cun exceso de dureza dos locáis como o demostra o número de tarxetas amarelas (9) mostradas polo Colexiado. O colmo das desgracias xa na segunda metade cando érrase un penal e na seguinte xogada gol local...
Non queda mais opción que seguir traballando.
A realidade é que as opcións de salvación complícanse... e moito!
Anotou Pablito ao transformar un segundo penal, xa nas postrimerías do partido.
Arriba esos ánimos!!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Chiqui Dopico en www.radiofusion.eu, preme aquí
RESULTADOS FIN DE SEMANA (22-23-24) MARZO
PREBENXAMINES (2ª FASE - X09): Cultural Maniños - CD As Pontes "B" (X)
BENXAMINES (2ª FASE - X09): Galicia de Caranza "C" - Cultural Maniños (1)
ALEVÍN "A" (2ª FASE - X09): Racing San Pedro - Cultural Maniños (X)
ALEVÍN "B" (2ª FASE - X09): Cultural Maniños - SDR Neda "B" (2)
INFANTILES (2ª FASE - X12): CD Narón "B" 4 - Cultural Maniños 5
CADETES (2ª FASE - X12): DESCANSAN
XUVENILES (2ª FASE - X15): Cultural Maniños 1 (Platas) - FC Ortigueira 5
FEMININO (X23): Cultural Maniños 2 (Tensi e Pau) - UD Carral 4
VETERANOS (2ª FASE - X04): DESCANSAN
AFICIONADOS - 2ª GALICIA (2ª FASE - X02): Monfero CF 2 - Cultural Maniños 1 (Pablito)
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X27): Xuventude de Crendes CF 2 - Cultural Maniños 1 (Pedro)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



%20FEM%20MANI-CARRAL%20(1).jpg)

