lunes, 13 de enero de 2025

OS VETERANOS CAEN POLA MÍNIMA ANTE O PASTORIZA

Nun vibrante encontro celebrado a pasada fin de semana, o Pastoriza impúxose por 1-2 ante o Maniños nun partido cheo de emocións e momentos destacados.

O marcador abriuse no minuto 30, cando o Pastoriza logrou adiantarse cun gol que sorprendeu á defensa do Maniños. A pesar do golpe inicial, o equipo local non se rendeu e continuou buscando o empate con intensidade.

O esforzo do Maniños deu os seus froitos no minuto 41. Tras un córner e varios rexeites na área, Rubén atopou a oportunidade perfecta para enviar o balón ao fondo da rede, igualando o marcador xusto antes do descanso.


Na segunda metade, o Maniños mantivo a súa seriedade e consistencia no xogo, pero non foi suficiente para impoñerse. O Pastoriza desequilibrou a balanza ao seu favor no minuto 61 cun gol que resultou ser decisivo.

Aínda que foi un bo partido do Maniños, cheo de dignidade e esforzo, o encontro estivo marcado por demasiadas interrupcións, o que rompeu o ritmo do xogo. 

O Maniños intentou reaccionar, pero non puido atopar o camiño para volver empatar. Con este resultado, o Pastoriza levou os tres puntos nun partido moi disputado, deixando aos afeccionados un sabor agridulce.

Nota negativa: Durante os últimos 15 minutos do partido, o árbitro non permitiu realizar cambios a ningún dos equipos, facendo referencia a unha norma que xa non existe nas ligas de veteranos. Dende aquí gustaríanos deixalo reflectido e que calquera equipo que poida verse afectado saiba que esta norma non está vixente.

O FEMININO SEN OPCIÓNS ANTE O POTENTE CARRAL

Derrota clara e contundente do feminino ante un potente UD Carral que demostrou a súa posición na taboa. Pouco máis se pode engadir nun partido sen historia.

Non hai tempo para lamentarse, esto non para... A recuperar xente e a pola segunda volta!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

O FILIAL CAE NOS INTRES FINÁIS NA LAVANDEIRA

Derrota do Filial ante un bo Sporting Burgo quen foi quen de voltear o marcador. Un gol de Raúl ao comenzo da segunda metade alimentou as ilusión dos brancos pero o forte dominio local posibilitou a remontada. 

Felicitar ao equipo polo esforzo especialmente a Hugo polo seu grande traballo baixo paos. A partir sa semana próxima poderá volver a súa posición no terreo de xogo coa incorporación de Junior que completará a portería branca tras las baixas de Joel e Xabi por lesión. Lamentar a expulsión de Martín por doble cartón amarelo. 

Seguimos!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

OS MODESTOS SEN SORTE CAEN ANTE O OZA JUVENIL

O fútbol é cuestión de dinámicas pero tamén de acerto e na tarde deste domingo iso foi precisamente o que lle faltou aos brancos, merecedores dun mellor resultado, mellores en moitas das facetas do xogo salvo nas áreas tanto na propia como na allea onde o rival tivo máis eficacia o que decantou que os tres puntos fósense para a Coruña. 

O partido tivo un guión, balón para os brancos que monopolizaron o mesmo cun Oza esperando atrás e buscando as súas bazas ofensivas con rápidas contras aproveitando a velocidade dos seus xogadores. O Maniños empezou ben con varias ocasións onde o meta visitante estivo acertado tanto parando como dominando o xogo aéreo. Pero foron os coruñeses os que marcaron primeiro ao aproveitar unha indecisión defensiva local. (0-1) e tocaba unha vez máis remar. E aí o equipo non se descompuxo contando en varias ocasións moi claras como unha vaselina de Julián que non colleu portería como un cabezazo a bocaxarro de David que con todo a favor non acertou cos tres paus. Con esa sensación de xerar perigo continuamente e que se podía ser optimista para a segunda metade o partido chegou ao descanso.

A segunda metade empezou mellor imposible para os intereses brancos, balón en profundidade a Christian que supera en carreira á zaga visitante superando ao meta coruñés cunha vaselina. (1-1) e o partido volvía empezar. Pero aí estivo a clave do partido porque 1 minuto despois e tras un saque de esquina cabezazo dun dianteiro visitante e o balón morto chega ao mesmo xogador rodeado dunha maraña de xogadores locais poñendo o rexeite no fondo das redes (1-2) e duro golpe para os brancos. O equipo levantouse e xerou numerosas ocasións de gol que se fallaron unha detrás doutra incluso algunha se pode dicir sen explicación, sen porteiro e co balón controlado ao bordo da área pequena. Estaba a cousa de non e o balón non quixo entrar. É certo que co Maniños envorcado na área visitante os coruñeses montaron contras para matar a partido cousa que tampouco lograron finalizando o aprtido co inxusto (1-2) que supuxo un paso atrás nas aspiracións brancas de consolidarse na zona de privilexio da táboa.

Non puido ser pero a diferenza doutros partidos o único que faltou nesta ocasión foi acerto, o que hoxe non entrou farao noutra ocasión pero isto é o que ten o fútbol e que o fai tan grande e é que 2   2 non sempre é 4. A levantarse e a seguir que queda moito camiño por diante. 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí

RESULTADOS DO FIN DE SEMANA (10-11-12) XANEIRO

PREBENXAMINES (2ª Fase - X01): DESCANSAN
BENXAMÍN "A" (2ª Fase - X01): SD O Val Blanco "B" - Cultural Maniños (X)
BENXAMÍN "B"(2ª Fase - X01): Cultural Maniños - Eume "B" (2)
ALEVINES (2ª Fase - X01): Cultural Maniños - AD Miño (1)
INFANTILES (2ªF - X04): Meirás CF 2 - Cultural Maniños 1
CADETES (2ªF - X04): Cultural Maniños 0 - AD Miño 1
XUVENILES (2ªF - X03): Cultural Maniños 5 - SD Libunca 0
FEMININO (X15): Cultural Maniños 0 - UD Carral 6
VETERANOS (X15): Cultural Maniños 1 (Rubén) - SCD Pastoriza 2
AFICIONADOS - 3ª GALICIA (X16): Sporting Burgo 2 - Cultural Maniños 1 (Raúl)
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X17): Cultural Maniños 1 (Christian) - Oza Juvenil 2