lunes, 4 de noviembre de 2024

O FEMININO É GOLEADO EN TORDOIA

Derrota contundente do feminino na súa visita a Tordoia ante un bo rival que sen dúbida estará nos postos de honra da clasificación. Xa na primeira parte o partido quedou sentenciado. O equipo foi mermado pola ausencia da porteira Lara ocupando o seu lugar Sofía a quén hai que agradecer o seu compromiso co equipo.

Non queda outra que levantarse, pasar páxina e mirar para o seguinte partido. 

Unha batalla perdida pero seguimos en pé! 

Vamos Equipo!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Noelia Leiras e Antía Meis en www.radiofusuion.eu, preme aquí

INXUSTA DERROTA DO FILIAL

Derrota inxusta do filial que mereceu moito máis na súa visita ao Campo dos Pinares de  Brexo Lema para enfrentarse ao Bribes CF. Mellor fútbol dos brancos pero mellor efectividade local e o que vale no fútbol é o gol...

Non acaban de chegar os resultados pero si melloran as sensacións polo que non hai que desesperar... Esto é unha carreira de fondo !!! 

O peor ao marxen da derrota foi a lesión sufrida por Víctor Roca tras sufrir unha forte entrada no transcurso do partido. O xogador tivo que ir ao hospital esperando que a cousa quede nunha forte contusión. Ánimo Víctor!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Chiqui Dopico en www.radiofusion.eu, preme aquí

XUSTO EMPATE DOS MODESTOS NUN PARTIDO DE PODER A PODER

Había expectación de fronte ao partido que disputaron na tarde do domingo o primeiro e o terceiro clasificado da táboa que aínda que a estas alturas da tempada é algo meramente circunstancial non deixa de reflectir o bo comezo de tempada de ambolos equipos. E o certo é que o partido non defraudou a ninguén, partido de poder a poder e onde o empate fixo xustiza ao visto sobre o terreo de xogo. 

Respetuoso minuto de silencio polos afectados
pola Dana (Foto: Aithor Regueiro)

O partido comezou cun
Maniños dominador e que tivo un par de ocasións moi claras, unha de Gonza con gran resposta do meta visitante e outra clara de Miragaya de cabeza. O partido a partir de aí abriuse cun equilibrio grande de forzas. Unha ocasión clara dos visitantes que golpearon o traveseiro tras unha xogada confusa na área local deu lugar a un partido igualado e pelexado cada un coas súas armas, sen equipo dominador nin dominado, Tampouco grandes ocasións de gol pero con sensación de perigo de cada un dos equipos cando se achegaban ás áreas. Sen máis alteracións no marcador o partido foise ao descanso co marcador inicial. 

Santi entrando na área visitante
(Foto: Aithor Regueiro)

A segunda parte moveuse nos mesmos parámetros, con menos chegadas claras por ningún dos dous equipos que parecía que asinaban o empate (0-0) inicial. Cando máis igualado estaba o partido un centro lateral á área branca, o dianteiro visitante comete unha clara falta sobre o defensor que o árbitro Iago Expósito non sinalou acabando a xogada co gol do Sporting Meicende. Fallo groseiro do Colexiado que iso si, non dubidou en sacar tarxeta amarela a un xogador local por reclamar a falta. Nada novo. Afortunadamente para os intereses brancos os cambios efectuados deron novos folgos e así un balón maxistral de Josiño chega a Christian que cun potente disparo supera ao meta visitante poñendo as táboas que ao cabo foi o resultado definitivo (1-1) co que finalizou o partido. 

Intre do partido
(Foto: Aithor Regueiro)

Empate que deixa un sabor agridoce aos brancos que tentaron levarse os tres puntos ata o final, que se viron agraviados por un grave erro arbitral que custou un gol pero ao mesmo tempo foi capaz de recompoñerse e por enésima vez esta tempada tocou remontar aínda que finalmente a cousa quedou a medias. Con todo hai que recoñecer que é un punto de mérito ante un gran rival que sen dúbida e como xa demostrou a tempada pasada estará nos postos altos da táboa. 

Agora toca facer bo o punto no seguinte partido visitando un campo histórico como é O Poboado para enfrontarse a todo un CD As Pontes, equipo de gran renome non só a nivel local senón de toda Galicia que chegou a disputar unha fase de ascenso a Segunda División A (a actual Liga Hypermotion). Partido de fortes emocións e onde habra que ir ao 100% para sacar algo positivo.

Confianza total neste equipo!!!

IMOS !!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí

RESULTADOS DO FIN DE SEMANA (1-2-3) NOVEMBRO

PREBENXAMINES (X05): DESCANSAN
BENXAMÍN "A" (X05): DESCANSAN
BENXAMÍN "B" (X05): DESCANSAN
ALEVINES (X05): CD As Pontes - Cultural Maniños (1)
INFANTILES (X07): Cultural Maniños 10 - CD Narón "C" 1
CADETES (X07): Cultural Maniños 5 - SD Portuarios "B" 1
XUVENILES (X07): DESCANSAN
FEMININO (X08): SD Tordoia 6 - Cultural Maniños 0
VETERANOS (X07):  DESCANSAN
AFICIONADOS - 3ª GALICIA (X08): Bribes CF 2 - Cultural Maniños 0
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X09): Cultural Maniños 1 (Christian) - Sporting Meicende 1

viernes, 1 de noviembre de 2024

PRESENTACIÓN DE AS NOVAS XOGADORAS DO FEMININO

Era unha débeda pendente presentar ás xogadoras que se uniron ao proxecto do feminino para esta tempada 2024/25 e despóis de que xa no seu momento fosen presentadas Manuela, Lara López e Sofía Paz imos presentar a tres novas incorporacións do equipo para este curso que xa empezou en setembro.

  • Lara Fonte
  • Antía Meis
  • Cris Casas



Gañas e ilusión non vai a faltar.

Grazas pola vosa confianza e benvidas!!!

Moita sorte !!!

GO MANIÑOS