lunes, 8 de abril de 2024

VICTORIA DOS MODESTOS QUE ROMPEN A SÚA MALA DINÁMICA

Vitoria moi necesaria dos modestos este domingo nun partido onde era moi importante sumar os tres puntos e romper a mala serie de 4 partidos sen gañar para poder de novo engancharse aos postos de privilexio e por que non? con dereito a soñar.  

Despóis de desaproveitar varias oportunidades claras e cun control sobre o partido, foron os visitantes a través dun disparo desde fóra da área os que se adiantaron no marcador. as sensacións non coincidían co resultado dando a sensación de que en calquera momento os brancos asinarían as táboas. E así antes do descanso
Pitu entrando pola banda dereita segundo ataque branco cruzou o balón ao fondo das redes asinando o (1-1) para irse ao descanso pero coa sensación de ser mellor e que o empate era só cuestión de sorte, de mala sorte neste caso. 

A segunda parte foi máis espesa, menos fútbol por ambas as partes aínda que todas as oportunidades foron brancas. Así e case empezando esta segunda parte, Pedro forcejeando cun defensa introduciu o balón na portería visitante poñendo aos brancos por diante. De aí ao final do partido control branco, mellores ocasións brancas coa dúbida xerada polo apertado do marcador. Só ao final do partido o reaparecido Raúl que estrelara un balón no poste uns minutos antes, gañou a liña de fondo con pase atrás e aí Pitu asinaba o (3-1) definitivo. 

Vitoria por tanto importante desde un punto de vista numérico e psicolóxico para afrontar con forza os 6 últimos partidos da competición co obxectivo da fase de ascenso a Preferente a só 3 puntos. Así que a dalo todo e tentalo ata o final. 

Moi aplaudida foi a volta aos terreos de xogo de Raúl Albela, despois de varias tempadas afastado dos terreos de xogo por diferentes motivos pero un deles foron continúalas lesións que esperemos superase para que Raúl volva gozar das sensacións de xogar ao fútbol.

O domingo visita ao líder, SD O Val, será en Sinde á 12.00 H. A dalo todo equipo!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www,radiofusion.eu, preme aquí

EMPATE CON SABOR A TRIUNFO DO FILIAL

Traballado empate nun gran partido dos nosos rapaces (todos SUB 23 e 4 xuvenís) ante un equipo más feito e con moito ex como Fugui, Iñaki, Roi e Jael.

Partido no que o equipo estivo moi firme atrás buscando a súa oportunidade nalgunha contra que chegou faltando 5 minutos para o final. A bagoa para os intereses brancos foi o rápido empate dos visitantes xa que de non ser tan inmediato quen sabe se os tres puntos poderan ficar no Pote. 
Anotou Aitor. Punto merecido polo gran traballo de todo o equipo.

Punto de inflexión para intentar a remonta. O domingo a seguir na boa línea xogando nos Calzados ante o Capela.

Así si!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Chiqui en www.radiofusion.eu, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMANA (5-6-7) ABRIL

PREBENXAMINES (2ª FASE - X10): Cedeira, SD "B" - Cultural Maniños (2) 
BENXAMINES (2ª FASE - X10): Cultural Maniños - CD As Pontes "B" (1) 
ALEVÍN "A" (2ª FASE - X10): SD O Val Rojo - Cultural Maniños (1) 
ALEVÍN "B" (2ª FASE - X10): Cultural Maniños - CD Cariño (2) 
INFANTILES (2ª FASE - X13): Cultural Maniños 3 - CD As Pontes "B"
CADETES (2ª FASE - X13): SD Ánimas "B" 0 -  Cultural Maniños 4
XUVENILES (2ª FASE - X16): DESCANSAN
FEMININO (X24): Brexo Lema, SD 1 - Cultural Maniños 2 (Tensi (2))
VETERANOS (2ª FASE - X05): Cultural Maniños 0 - SD Valdoviño 2
AFICIONADOS - 2ª GALICIA (2ª FASE - X03): Cultural Maniños 1 (Aitor) - Barallobre 1
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X28):  Cultural Maniños 3 (Pitu (2) e Pedro) - Ural Español CF 1

lunes, 1 de abril de 2024

PARTICIPACIÓN DE CARMEN COA SELECCIÓN SUB 11 NO CAMPIONATO GALEGO DE SELECCIÓNS COMARCÁIS

A nosa xogadora alevin, Carmen Bermúdez, clasificouse na terceira posición ao derrotar a Santiago no Campionato Gallego SUB 11 FEM de Seleccións Comarcais defendendo a nosa comarca e disputado nos Campos de A Torre (Coruña) o pasado luns 25. 

Parabéns xogadoras, CT e a Delegación pola súa excelente participación !!! 

Parabéns Carmen!!!