domingo, 5 de noviembre de 2023

SUSPENDIDA A ACTIVIDADE DO FIN DE SEMANA

Debido as condicions metereolóxicas, a Delegación de Fútbol de Ferrol suspendeu os partidos previstos para venres 3 e sábado 4.

Debido as condicions metereolóxicas o Concello de Fene suspende para este domingo 5 todalas actividades ao aire libre. En consecuencia queda suspendido o partido de Primeira Galicia,. Cultural Maniños - Xuventude Crendes CF.

Moita prudencia!!!

jueves, 2 de noviembre de 2023

HORARIOS FIN DE SEMANA (3-4-5) NOVEMBRO

 

XUSTA E NECESARIA VICTORIA DO FEMININO FRENTE O ABELLÁ

Victoria balsámica das blancas ante un bo equipo que vendeu cara a sua derrota. O acerto anotador de Lore foi decisivo dentro da boa tónica xeral do equipo eféctivo pero moito máis seguro en defensa que é a chave para acadar bos resultados. 

Rompeuse a mala dinámica. Ágora hai que intentar acadar una boa xeira de resultados pero é fundamental recuperar efectivos. Nestes momentos moi mermados polas múltiples lesións que se están padecendo. Anotaron Lore (2) e Cris de penalti. 

Parabéns!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Juanjo Cebolo en www.radiofusion.eu, preme aquí

VICTORIA DE MERITO A DOMICILIO DOS MODESTOS ANTE O CAIÓN

Traballada vitoria do Maniños ao que lle veu ben este novo test, rapidamente despóis dos severo tropezóns sufrido a tempada pasada en O Pote ante o Olímpico. E como se dicía na crónica deste partido nin antes érase tan malo, nin agora tan bo... na Laracha cun punto de intensidade acorde co partido permitiulle competir do teu ao teu cos locais. Se non hai esa intensidade as probabilidades de que poida suceder un accidente deportivo como o da pasada fin de semana son moi elevadas...

O partido foi moi igualado, moito centrocampismo con moi poucas ocasións de gol. Empezaron algo máis metidos os locais que empezaron dominando algo máis pero aos poucos o Maniños foi igualando a contenda e salvo unha ocasión clara nun cabezazo fóra da portería dos locais nunha inmellorable posición e un tiro de falta de Pitu que sacou o meta local con dificultades o resto do partido foi de pelexa e loita por ambos os bandos. Con (0-0) chegouse ao descanso. 

Un intre do partido

A segunda parte foi de máis dominio do balón do
Maniños cun Club do Mar que deu un paso atrás. Aínda así o partido seguía moi igualado ata que un balón parado cambiouno todo, saque de esquina e croque impecable de Gonza ao fondo das redes. (0-1) o que acentuou o control do partido dos brancos. Nunha das enésimas saídas de balón desde atrás con intervención do porteiro, o meta local comete un erro e Miragaya cunha vaselina pon o (0-2) no marcador. De aí ao final os locais tentan con máis corazón que cabeza acurtar distancias cousa que conseguen faltando 5 minutos unha falta lateral é colgada ao segundo pau e aí entra un atacante local cabeceando ao fondo das redes. (1-2) e para non variar tocaba sufrir pero o acoso do Club do Mar foi ben contrarrestado pola defensa visitante finalizando o partido co (1-2) coñecido. 

unha salida do balón do equipo

Tres puntos de gran valor sobre todo moral para recuperarse da derrota e romper unha posible mala serie. Agora a preparar o partido do domingo ante o Xuventude Crendes e tentar recuperar lesionados para poder afrontar as fins de semana nas mellores condicións posibles. 
A maiores, a parte positiva foi a volta ao equipo de Caio tras la lesión que lo tuvo alonxado dos campos cerca dun mes. e o debut do xogador do filial Juanlu e o peor que tivo que abandonar nos minutos iniciais o terreo de xogo Chata cunhas molestías. Esperemos que non sexa nada... 

Parabéns equipo!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

RESULTADOS FESTIVO MÉRCORES (1) NOVEMBRO

CADETES (1ª FASE - J08): Cultural Maniños 3 - Numancia 1
XUVENILES (1ª FASE - J08): Galicia Mugardos 3 - Cultural Maniños 2
FEMININO (J07): Cultural Maniños 3 (Lore (2) e Cris) - SE Abellá SDC 1
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (J09): Club do Mar de Caión 1 - Cultural Maniños 2 (Gonza e Miragaya)