(1-1) LUCÍA CALVO
(1-2) NOE
GO MANIÑOS
Derrota dos nosos veteranos ante o Olímpico CF "B" nun bo e entretido partido no que unha vaselina ao comezo da segunda parte decidiu o mesmo e onde o Maniños por ocasións de gol foi acredor ao empate que finalmente non chegou. Bo ambiente entre ambos os equipos e excelente terceiro tempo ao finalizar o partido devolvendo o bo trato dos de Rutis no partido de ida.
![]() |
| Partido moi competido (Foto: Mercedes Lamas) |
A por o último esforzo!!!
Seguimos equipo!!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Sangue, suor e bágoas foi o que lle custou ao noso feminino lograr o ascenso á reformada 2ª División do Fútbol Galego despois dun épico enfrontamento de 180 minutos contra o Eiris, SD que con esta derrota descende á 3.ª División a pesar de ocupar o 5.º posto na liga regular mentres o noso equipo foi 8.º. E é que o formato da competición foi un tanto estrano dado que ao haber unha restructuración ligueira houbo ata un total de 48 descensos e o que non houbo foi a xustiza dunha liga regular. De feito do grupo 1.º (o do Maniños) dos primeiros clasificados, descenderon os 3º (Unión Campestre), 5.º (Eiris), 6.º (Galicia Caranza) e 7.º (Orillamar). Impresionante criba!!!
![]() |
| Saúdo inicial dos equipos é árbitra |
![]() |
| Aí vamoooos!!! |
As locais saíron decididas na segunda parte presionando desde o saque de porta e adiantando liñas, arriscando en definitiva e neste contexto a defensa branca e unha espectacular Eva achicaban todas as opcións ofensivas locais. Eva moi segura en todo momento saca unha impresionante man nun cabezazo picado dunha dianteira local. A calor facía efecto nos dous equipos e mesmo empezaban a aparecer os problemas físicos. Así Olaya é substituída por un problema no xeonllo. A súa substituta Noe convértese en protagonista ao transformar un golpe franco directo a falta de 25 minutos nun favorable (1-2). E é aí onde se comete o erro que puido custar a eliminatoria, as xogadoras van celebrar á zona de público do Maniños e incoscientemente todas cruzan o medio campo e sitúanse no lado defensivo do Maniños o que habilitaba o saque de centro das locais que conscientes de eso non o desaproveitaron, sacaron de centro e plantáronse diante de Eva que só puido ver como entraba o balón na súa portería. Erro moi grave porque á marxe do empate, as locais colleron folgos e de aí en diante asedio total local que anotaron un terceiro gol e estiveron a punto do cuarto en varias ocasións....e foron pasando os minutos cun sufrimento máximo e con este resultado chegouse ao noventa e empezaron a pasar os minutos de desconto, 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7 e no oitavo cuarto gol branco de novo nunha posición máis que dubidosa e co partido acabado e con máis de 9 minutos de desconto a Colexiado pitou o final. O Maniños lograba superar a eliminatoria e ascende á nova 2.ª División.
SOMOS DE SEGUNDA !!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Juanjo Cebolo en www.radiofusion,eu, preme aquí
FEMININO F11 (2ª ELIMINATORIA ASCENSO 2ª DIV - VOLTA): Eiris, SD 4 - Cultural Maniños 2 (Lucía Calvo e Noe)
VETERANOS (LIGA - J32): Cultural Maniños 0 - Olímpico CF B 1