miércoles, 13 de agosto de 2025

🧤 FICHAJE 25/26 – VETERANOS

 De volta á súa casa...

Adrián Gómez regresa ao Maniños de veteranos para poñer 🔒 na portería branca.


Gran traxectoria
⚽️ 🤍, chega para aportar experiencia 📈 e seguridade 🛡️ ao equipo. 🧱 Seguro baixo paus, dominador do xogo aéreo e bo co balón nos pés. Benvido de novo!!!

RESUME CONTINUIDADES E BAIXAS DOS VETERANOS CARA A TEMPADA 2025/26

Tomando como referencia a plantilla da tempada 2024/25 o resume das continuidades dos xogadores e das baixas confirmadas de cara ao presente curso queda así:

CONTINUIDADE;

  1. Walter
  2. Fede
  3. David Montero
  4. Juancho
  5. Juanma
  6. Isma
  7. Rubén
  8. Raúl
  9. Mauri
  10. David Coira
  11. Rober Moreda
  12. Michu
  13. Javi Pedreiras
  14. Javi Rico
  15. Ricardo
  16. Ramón
  17. Karranza
  18. Mato

BAIXAS

  1. Jaime Montero (Delegado)
  2. Marcos Amieiro
  3. David Casas
  4. Mon Fernández
  5. David Deus
  6. Adrián Rodríguez
  7. Aitor Regueiro
  8. Sergio Blanco

Agradecer aos xogadores que continúan a súa confianza en nos e a aposta polo noso equipo. E a todos los compañeiros que abandonaron o Club desexarlles moita sorte a nivel persoal como nos seús novos proxectos deportivos recordandolles que Maniños e O Pote é a súa casa.

GO MANIÑOS

DERRADEIRAS RENOVACIÓNS NOS VETERANOS

Derradeiras renovacións dos equipo veterano 2025/26. 
  • Javi Pedreiras
  • Javi Rico 
  • Ricardo
  • Ramón
  • Karranza
  • Mato






Moita sorte chicos e a disfrutalo!!! 

GO MANIÑOS

MÁIS RENOVACIÓNS DOS VETERANOS

Mais renovacións dos equipo veterano 2025/26. 
  • Mauri 
  • David Coira 
  • Roberto Moreda 
  • Michu 




Moita sorte chicos e a disfrutalo!!!

GO MANIÑOS

SEGUIMOS COAS RENOVACIÓNS DOS VETERANOS

Seguimos coas renovacións dos veteranos de cara a tempada que está comenzando.
  • Juanma 
  • Isma 
  • Rubén 
  • Raul 




Moita sorte chicos e a disfrutalo!!! 

GO MANIÑOS

lunes, 11 de agosto de 2025

PRIMEIRAS RENOVACIÓNS NOS VETERANOS

Comezamos coas renovacións dos nosos veteranos e hoxe toca anunciar dunha tacada a continuidade de:

  • Walter
  • Fede
  • David
  • Juancho





Compromiso, traballo, garra e bo ambiente seguirán sendo sinais de identidade do noso equipo de veteranos.

Xuntos, a por máis momentos inesquecibles dentro e fóra do campo!

GO MANIÑOS!

NOVO RUMBO PARA OS VETERANOS

Arranca a tempada 25/26 e facémolo cunha novidade importante: José Antonio Ledo "Nono" será o novo entrenador dos Veteranos, e por tanto convértese no capitán do barco Maniñés.
Chega con moita ilusión e enerxía para guiar á nosa tripulación branca ⚪ cara a novos retos, compañeirismo e grandes momentos.

O barco xa leva as velas despregadas… e o capitán Nono está listo para levarnos a bo porto.

GO MANIÑOS

domingo, 10 de agosto de 2025

GALEÍA DE IMAXES DA SEGUNDA EDICIÓN

Por segundo ano consecutivo… o trofeo queda na casa! 💪🤍



Noraboa!

GO MANIÑOS!

A II EDICIÓN DO TROFEO CONCELLO DE FENE VOLVE PARA O POTE

Fin de semana chea de fútbol para o noso club, con esforzo, compromiso e moita paixón por parte de todos os equipos.

Seguimos medrando xuntos, con orgullo e sentimento branco 🤍

Grazas o SD Barallobre, CCRD Perlío e Concello de Fene por esta gran tarde de fútbol. ¡Moita sorte nesta tempada!

sábado, 9 de agosto de 2025

HOXE DISPUTASE A II EDICIÓN DO TROFEO CONCELLO DE FENE

Hoxe disputase a II Edición do Trofeo Concello de Fene no Campo de Fútbol do Ramo en Barallobre. 

O orden dos partidos é:
18:30 H. Maniños - Perlío (*)
19:30 H. Perdedor (*) - Barallobre
20:30 H. Ganador (*) - Barallobre 

Pásate e disfruta da festa do fútbol fenés!!!

viernes, 8 de agosto de 2025

ABONOS CULTURAL MANIÑOS 25/26 - ¡TI ES O NOSO NÚMERO 12!

O fútbol faise na grada tanto como no campo. Esta tempada, en Preferente, necesitamos máis ca nunca o teu apoio. Faite socio e forma parte da nosa historia.


📌 PREZOS:

🔹 Abono Individual – 40 €

🔸 Abono Familiar – 50 € (inclúe parella e fill@s)

Porque aquí non se anima, séntese.
Porque en Maniños o fútbol vai no corazón.

📍Punto de inscrición: Campo de Fútbol O Pote

📱 Máis info: 

☎️ 626 34 79 11 - 619 04 47 15  
✉️ culturalmaninhos@yahoo.es 
           

O NOSO PRIMEIRO ONCE DA TEMPADA

O noso primeiro once da ilusionante tempada 2025/26 na tarde de onte no Misael Prieto


Continuidade na foto e só duas novedades Borja Pita e Emanuel.

Bo test ante un rival moi competitivo. 

Agradecer ao Meirás CF pola súa invitación e excelente trato!!! 

Moita sorte nesta tempada!!!

PRIMEIRA PROBA SUPERADA, TABOAS NO MISAEL PRIETO

Empate sen goles no primeiro amigable da pretempada ante o Meirás CF.


Collendo sensacións, sumando carga de minutos e con moitas gañas de seguir medrando. 

Isto non fixo máis que comezar… 

E pobre do que nos queira quitar a ilusión. 

GO MANIÑOS

jueves, 7 de agosto de 2025

PRIMEIRO AMISTOSO DA TEMPADA, VISITAMOS AO MEIRÁS CF

A Cultural Maniños bota a andar a súa aventura na Preferente cun primeiro test no Misael Prieto.


Comeza unha nova etapa cargada de ilusión e queremos compartila con vós! 

Este xoves temos unha cita co noso equipo... e co noso pobo.

GO MANIÑOS

miércoles, 6 de agosto de 2025

PRIMEIRA TOMA DE CONTACTO DOS NOSOS VETERANOS

Primeira toma de contacto dos veteranos no Pote. Como habitualmente faise nestes casos unhas verbas do noso coordinador Pablo Mesa antes de ceder o testigo ao novo adestrador José Antonio Ledo "Nono" e a comenzar a adestrar. 


Moitas risas e bo ambente na primeira sesión que sirveu para arrancar a tempada. 

GO MANIÑOS

NOVO PATROCINADOR: M E D ASESORES DE IMAXE

Sita na Rúa Nova de Caranza, 93, baixo (Ferrol), M e D Asesores de Imaxe convértese nun novo patrocinador de cara ao curso 2025/26.


Para contactar co
n M e D asesores de imaxe, preme aquí 

Grazas pola vosa colaboración !!!

FICHAXE 25/26 : BORJA PITA, A ZURDA MUGARDESA

Hoxe damos a benvida a Borja Pita, xogador con gran golpeo d balón e moita calidade, q chega ao Maniños para reforzar o carril esquerdo do Pote.

Procedente do Mugardos e con experiencia en 3ª División nas filas do As Pontes e o Sofán.

Confianza cega en que poida acadar o seu mellor nivel connosco. 

Ilusión e talento ao servizo do equipo. Un reforzo máis para seguir soñando en grande.

Benvido á familia, Borja!!!
 

GO MANIÑOS

viernes, 1 de agosto de 2025

XA TEMOS CALENDARIO DA PREFERENTE

Arrincamos unha travesía ilusionante por mares descoñecidos pero cargados de paixón. A nosa nave, o Cultural Maniños, bota ao mar coa firmeza de quen sabe ben o que custou chegar ata aquí… e co corazón cheo de ilusión por sempre cara adiante, nos días calmos e tamén nas tempestades.

Haberá días en que o vento sopre a favor e outros en que haxa que remar contra corrente. Pero nunca navegaremos sós. Somos unha tripulación unida, co escudo no peito e a paixón no corazón.

Seguimos navegando... Sempre xuntos. Sempre Cultural.

GO MANIÑOS

PRESENTACIÓN E COMENZO DA PRETEMPADA

 Todo comeza aquí... Hoxe non era só un adestramento. Era reencontrarse cun soño.

Volver poñer as botas, sentir o campo baixo os pés e mirar aos compañeiros aos ollos sabendo que imos todos a unha. Comeza unha nova tempada e xa sentimos esa forza q nace do escudo o grupo e da nosa xente.

Imos con todo. Ilusión, traballo e corazón... sempre corazón

GO MANIÑOS

lunes, 28 de julio de 2025

PRETEMPADA 25/26. UN VERÁN DIFERENTE

Porque non, non foi un soño, estamos na Preferente, e facémolo coa mesma ilusión coa que empezamos todo isto.

Cada adestramento, cada partido, cada pinga de suor e cada aperta no vestiario teñen agora un sabor especial… porque sabemos o que custou chegar ata aquí.
Comeza a pretempada 25/26, e queremos vivila con vós. Como sempre. Un equipo, unha familia, un pobo enteiro detrás. Non é só fútbol. É a Cultural.

GO MANIÑOS

martes, 22 de julio de 2025

PEDRO ESPAÑA NON SIGUE. NON É UN ADEUS É UN ATA LOGO

Hoxe tócanos unha desas publicacións amargas... Pedro España deixa o equipo despois de varias tempadas sendo un dos nosos grandes referentes no ataque e unha peza fundamental do vestiario.

Compañeiro exemplar, sempre traballador, comprometido e cunha cabeza ben amoblada.

No campo deixaches goles, loita e exemplo. No vestiario, amizade e respecto. Deixas pegada, Pedro. Imos botarte moito de menos, pero estamos seguros de que isto non é un adeus, senón un ata logo.

As portas do Pote estarán sempre abertas para ti 🏟️🤍 GRAZAS, PEDRO!

miércoles, 16 de julio de 2025

¡BRAIS SANTALLA CONVÉRTESE NA SEGUNDA FICHAXE!

🔒 FICHAXE 25/26: BRAIS SANTALLA 🔒

💥 Reforzo ofensivo con moita fame de fútbol!

Brais Santalla únese ao proxecto do Cultural Maniños para achegar calidade na parcela ofensiva 💨. Extremo zurdo e moi rápido, chega con moitísimas ganas despois dun ano afastado dos terreos de xogo.

⚽ Formado nas categorías inferiores do Racing de Ferrol, conta con experiencia no Somozas, As Pontes e Galicia de Mugardos.

Agora, coa ilusión renovada, intégrase na familia maniñesa disposto a aportar desequilibrio, velocidade e compromiso.

Un dos nosos. A túa sorte será a nosa. 🍀🤍
GO MANIÑOS!