lunes, 27 de marzo de 2023

DERROTA DOS VETERANOS ANTE UN EQUIPAZO

Nada que obxectar á vitoria do Bribes CF na matinal do domingo ante un Maniños moi minguado de efectivos e que non puido dar réplica  á incuestionable superioridade visitante que foi mellor os 90 minutos.

Escena do partido dos veteranos ante o Bribes CF

Dominio e tempo do partido e un Maniños moi metido atrás que tentaba manter a orde ante o controlado acoso do Bribes CF que sen présa pero sen pausa foi maniatando aos brancos que practicamente só podían defenderse. Dous goles en cada tempo puxeron o definitivo marcador de (0-4) que reflicte o sucedido sobre o terreo de xogo.

Só queda felicitar ao Bribes CF, sen dúbida o mellor equipo que pasou por O Pote esta tempada e dar moitos ánimos aos brancos que ten que entender que para mellorar hai que recuperar xente.

Moitos ánimos aos lesionados e á xente que por motivos laborais non poden acudir ao partidos pero a maiores hai xente que non están a mostrar o compromiso que se debe de ter e se non é así o mellor é ser sincero e serio e deixar o equipo.

Imos equipo!!!

GO MANIÑOS

Acta del partido en www.futgal.es, preme aquí

BO PUNTO DO FEMININO EN A TORRE

Punto importante do feminino na súa visita aos Campos de La Torre para enfrontarse ao Torre, SD equipo que na primeira volta levou os tres puntos de O Pote

O partido en se tivo connotacións negativas como a lesión de Noe ou a rigorosa expulsión de Lore nunha xogada que se descoñece a interpretación que lle puido dar o árbitro. O principio das brancas foi de dominio e ocasións que non se puideron aproveitar para pasar a encaixar o gol local. Antes do descanso Lore Saavedra (suma 20) puxo as táboas que a fin e ao cabo foron definitivas.

Na recta final tocou sufrir aparecendo a figura dunha Eva moi segura que desbaratou as ocasións locais agradecendo as brancas o asubío final teniendo en cuenta que case a media hora final o equipo estivo en inferioridade numérica pola citada expulsión de Lore.

Repartición de puntos que pode considerarse xusto e que permite ás brancas continuar na zona media da táboa e cumprindo obxectivos.

O vindeiro domingo visita O Pote o líder, Atlético San Pedro e haberá que deixarllo todo para poder facerlle fronte.

Bo traballo equipo!!! 

GO MANIÑOS

Acta del partido en www.futgal.es, preme aquí

Juanjo Cebolo en www.radiofusion,eu, preme aquí

EMPATE DO FILIAL MOI MERMADO DE EFECTIVOS

O pasado domingo o filial acudiu ao Campo da Veiga de Cabanas moi minguado de efectivos, problemas persoais, laborais e mesmo a chamada do primeiro equipo a varios xogadores para completar a súa convocatoria (Jaime, Brais e Rubi) fixeron que se fose con só 13 xogadores que coa baixa a maiores de última hora de Cavezza ao que desde aquí dámoslle moitos ánimos, fixo que aos 11 titulares sumáseselle un só suplente que non foi outro que o xuvenil Edu que xogara o seu partido o día anterior. 

Grandes atalladas de Carlos para evitar a derrota

Neste escenario pódese entender que a situación de entrada era complicada e preocupante. O partido en se tivo un heroe que non foi outro que o meta branco Carlos Arnoso que foi capaz de realizar algunhas paradas dignas doutra categoría. Carlos sen dúbida salvo un punto para os brancos. A isto hai que engadir un corte milagroso de Pablo Fernández noutra ocasión clara para os locais. Previamente o home gol branco, Cristofer adiantara aos brancos nunha gran xogada individual superando á ex meta del Maniños, el fenés Checho (vídeo). 


Pódese dicir que o Maniños gañou un punto na Veiga e quizais o máis xusto polo empuxe e as ocasións fose unha vitoria local pero a gran actuación de Carlos evitou que isto sucedese.

Un punto máis e xa son 10 empatando a puntos co Moeche, próximo rival branco e a dous puntos do Eume "B" equipo que encabeza a táboa e ao que tocará enfrontarse na xornada de "Semana Santa". 

Felicitar ao equipo polo seu gran traballo!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www. futgal.es, preme aquí

Michel Rodríguez en www.radiofusion.eu, preme aquí

DERROTA EN PONTEDEUME QUE PROLONGA A DINÁMICA NEGATIVA

Os que están metidos no mundo do deporte e do fútbol en xeral falan das "dinámicas" como un concepto abstracto cando en realidade é un feito que fai que todo salga de fronte ou todo o contrario. O Maniños actualmente está na cruz da moeda, non saen as cousas, non sorrí a fortuna e se pasa algo sempre é negativo para os intereses brancos.

Saludo inicial na Gándara
(Foto: Tono Santos)

E é que a pesar de que os locais chegaran con máis claridade ás inmediacións de
Abraham cun disparo desde fóra da área e un remate de cabeza ao traveseiro, o partido parecía en certa medida controlado polos brancos (negros onte) ata que unha xogada por banda dereita segundo o ataque eumés aos 25 minutos é controlada e rematada ao fondo das redes por un xogador local ao bordo da área pequena. Sen case tempo de reaccionar xogada individual dun dianteiro do Eume que coloca o balón na escuadra de Abraham. Golazo e (2-0). Como quen di sen darse conta íase perdendo (2-0) e o equipo tentou chegar ao descanso sen recibir máis castigo no marcador demostrando personalidade e sufrindo para chegar ao tempo de lecer. Escasos achegamentos brancos que se atopaba incómodo e sen a súa habitual intensidade. (2-0) e os equipos aos vestiarios.

Pitu nun intre do partido
(Foto: Tono Santos)

Na segunda parte o Maniños foi de menos a máis ante un Eume que esperaba aproveitar algunha das opcións que se lle puidesen presentar. Pitu acurtou distancias cun certeiro cabezazo tras xogada de Ipi. parecía un punto de inflexión porque o Maniños gañou apromo e seguridade aínda que as súas opcións atacantes eran cortadas de raíz cos continuos foras de xogo sinalados polo asistente da zona de bancada. O partido decídese ao conceder un gol en clamoroso fóra de xogo, non do rematador, senón dun compañeiro que se o está e participa activamente na xogada. Erro non imputable ao árbitro senón ao asistente da zona de bancos. Sen dúbida, ningunha sorte esta tempada cos asistentes... Pablo Fuentes anotou o cuarto tanto de falta directa a Pablo que substituíra previamente a Abraham tocado nas costas. Finalmente Ipi acurtou distancias deixando o resultado nun (4-2) final que deixa ao Maniños cun sabor amargo porque cun pouco máis de acerto o partido podía ter outro desenlace.

Juanito na primeira parte do encontro
(Foto: Tono Santos)

Hai que seguir remando, concédese demasiado e iso soluciónase con máis e máis traballo. Nin antes eramos tan bos nin agora tan malos. Destacar o debut de
Pablo (como porteiro porque contra o Valdoviño fíxoo por necesidade de xogador), Jaime, Brais Sanjurjo e Rubi que cumpriron nos minutos que estiveron no terreo de xogo. 

A seguir traballando e crendo...

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Pablo Mesa en www.radiofusion.eu, preme aquí

RESULTADOS PARTIDOS FIN DE SEMANA (24-25-26) MARZO

PREBENJAMINES (LIGA 2ª FASE - J12): Cultural Maniños - CD Narón "B" (1)
BENJAMINES (LIGA 2ª FASE - J09)EF Irmandiños - Cultural Maniños (2)
ALEVÍN "B" (LIGA 2ª FASE - J12): EF Amistade - Cultural Maniños (X)
ALEVÍN "A" (LIGA 2ª FASE - J12)Cultural Maniños - FC Ortigueira (1)
INFANTILES (LIGA - 2 ª FASE J12): Narón O Freixo "B" 2 - Cultural Maniños 4
CADETES (LIGA - 2 ª FASE J12)  Narón O Freixo "B" 1 - Cultural Maniños 3
JUVENILES (LIGA - J28)Cultural Maniños 1 (Alex) - Eume 7
FEMININO F11 (LIGA - J20):  Torre, SD 1 - Cultural Maniños 1 (Lore)
VETERANOS (LIGA - J22): Cultural Maniños 0 - Bribes CF 4
AFICIONADOS - 2ª GALICIA : (LIGA - 2ª FASE - J03): Xuventud Cabanas 1 - Cultural Maniños 1 (Cristofer)
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (LIGA - J27): Eume 4Cultural Maniños 2 (Pitu e Ipi) 

lunes, 20 de marzo de 2023

OS VETERANOS EN CADRO CAEN POLA MÍNIMA EN PAIOSACO

Hai que quitarse o sombreiro cos 11 guerreiros que se desprazaron ao Municipal de Laracha para enfrontarse a un bo equipo como é o SD Paiosaco, que na primeira volta superaron con facilidade aos brancos. 

Los 11 do patíbulo en Laracha
Marcos, Sergio, Jonathan, Roel, Raúl, Víctor y Moro
Ricardo, David, Rubén, Fede y Ahitor.
(Foto: Mercedes Lamas)

28 fichas e só puideron desprazarse 11 xogadores e é unha cuestión para reflexionar pero devandito isto só toca felicitar aos 11 xogadores que defenderon con todo o escudo do Club:
Marcos Pérez, Fede, Víctor, Sergio, David, Rubén, Jonathan, Raúl, Ahitor, Roel y Ricardo. Y con ellos por supuesto Moro.

Ante a escasez de xogadores, Aithor fixo
labores de dianteiro
(Foto: Mercedes Lamas)

Do partido pouco que falar, derrota (1-0) nun partido en que pouco máis se podía facer e onde só tocaba sufrir e aguantar o chaparrón e aínda así se estivo no partido ata o final.

Grandes!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

O FEMININO CAE EN O POTE NUN PARTIDO GRIS

Non foi un bo partido o das brancas este sábado tarde ante un Eiris, SD que ocupaba unha mellor posición clasificatoria posiblemente por ser un equipo máis feito, con máis pouso que o Maniños que non estivo cómodo nin fluído en ningún momento. 

O femenino nun partido anterior

O partido foi en todo momento igualado e intenso e foi unha xogada illada e no ecuador da primeira parte cando unha xogada ao bordo do fose de xogo plantouse diante de Uxía á que superou en en a súa saída. A pesar dos intentos das brancas para lograr as táboas o partidos e foi ao descanso co adverso (0-1).

Xa na segunda parte as brancas tentaron estirarse e foi nunha xogada na que un lanzamento de Laura Montero golpea a unha defensora coruñesa e alóxase no fondo das mallas poñendo o (1-1). Esta xogada coincide practicamente coa expulsión da xogadora Saray do Eirís situación que as brancas non souberon aproveitar.  Nun erro defensivo as visitantes puxéronse por diante no marcador e aínda que o Maniños arriscou cunha defensa de tres en busca do empate contando cunha ocasión inmellorable en los pes de su goleadora Lore que desbaratou a meta visitante. Finalmente unha nova imprecisión foi aproveitada polo Eiris para sentenciar o partido co definitivo (1-3).

Vitoria por tanto do Eirís nun partido intenso e disputado e a pesar do que pareza polas numerosas tarxetas, deportivo pero sen rehuir o contacto. 

Agora a preparar o seguinte partido que unha vez máis se xogará na Coruña nesta ocasión ante o Torre, SD equipo que na ida superou ás brancas polas mínima (0-1).

A seguir traballando!!!

GO MANIÑOS

Acta del partido en www.futgal.es, preme aquí

Juanjo Cebolo en www.radiofusion.eu, pincha aquí

O FILIAL TRÁESE O TRES PUNTOS DE O CADAVAL

A melloría do filial nesta segunda fase é evidente. Está a ser capaz de sufrir nos momentos delicados e é capaz de anotar cando teñen a súa oportunidade. Nese sentido ser capaz de xuntar un alto número de xogadores do equipo máis á valiosa axuda de varios xuvenís (neste caso o habitual Edu e Alex) están a xerar un grupo compacto que non o houbo no principio de tempada. Dúas porterías a cero así o verifican.

O Maniños tivo que poñerse o mono de traballo para poder superar aos do Barrio de Santa Icia que dominaron aos brancos en moitas partes do partido para aproveitar os feneses una das ocasións de gol por mediación da súa punta Cristofer mediada a segunda parte (salida do porteiro Arnoso e 6 pases en total). Defensivamente os brancos foron capaces de resolver as acometidas dos visitantes e sempre detrás un Arnoso que como sempre daba unha total seguridade ao equipo. Co axustado (0-1) finalizou o partido.

Con esta vitoria o filial levántase á segunda posición da táboa con 9 puntos e a tres do Eume "B" o que fai subir as expectativas de poder quedar entre os tres primeiros para xogar a fase final da competición.

Felicitar tamén a Michel e a Diego que a pesar das dificultades sempre están aí dando a cara e sendo sempre positivos e sen dúbida merecíanse unha alegría e esta fin de semana tivérona dobre co triunfo a maiores dos xuvenís en Aneiros ante a SD Portuarios. O domingo a Cabanas a tentar manter a boa dinámica que como sabemos no fútbol é fundamental. GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Michel Rodríguez en www.radiofusion.eu, preme aquí

DERROTA DOS MODESTOS NUN MAL PARTIDO

É evidente que o equipo non está a pasar o seu mellor momento da tempada pero o partido da matinal do domingo confirmouno definitivamente. Ante un SD Valdoviño que viña moi limitado de efectivos deixouse contaxiar polo seu fútbol lento e cheo de interrupcións e cunha arbitraxe permisiva, cortando o xogo, non dando continuidade ao mesmo e entrando nunha espiral de incoherencias que prexudicou ao único equipo que quería crear. A maiores deixou en inferioridade ao equipo locatario cunha expulsión rigorosa non, o seguinte. Nese cóctel de falta de ritmo os visitantes con dous tiros a porta en 90 minutos aproveitáronse para levar os tres puntos de O Pote.

Javi Miragaya en una acción do partido
(Foto: Abraham Santos)

O
Maniños foi de máis a menos, na primeira parte foi dono total do partido con algúns achegamentos pero sen acerto aínda que sen xerar ocasións absolutamente claras. O Valdoviño pola súa banda fixo o seu xogo, defenderse pero na segunda vez que se achegou á portería de Mateo anotou o seu gol. Na primeira o meta local resolveu con acerto. Estivo máis preto o gol branco que o laranxa pero a efectividade é o que vale. 

Ángel lo intentó por su banda natural
(Foto: Abraham Santos)

Na segunda xa non se xogou, partido trabado, sen ritmo, cun
Valdoviño que se defendeu con orde e acerto con continúas perdas de tempo e un Colexiado contemplativo que veu dar un paseo por O Pote. E é unha pena porque Tejerina quérese pensar que non tivo o seu mellor día. Parou unha xogada na que se ía só Ipi contra o porteiro pitando falta previa favorable ao Maniños e desbaratando unha opción moi clara para poñer o empate. E a expulsión de Pedro en 10 minutos por dous faltitas demostrou que non era o seu día. 

Tejerina no intre da expulsión de Pedro...alucinante!!!
(Foto: Abraham Santos)

Se nunha pelexa uno non quere pelexar e só perder tempo e trabar o combate e o que ten que impartir xustiza castiga con dureza a un e é permisivo con outros pasa o que pasa. Obviou un máis que posible penalti a
Pedro e en xeral cargouse o partido. Pero tampouco o Maniños estivo para tirar foguetes, só dúas chegadas claras, unha para Juanito nun gran cabezazo que resolveu ben Kevin e un disparo durísimo de Pitu que golpeou o pau pola parte de fóra.

Pero evidentemente no se perdió polo árbitro o partido, pérdese porque non houbo rapidez na circulación de balón, non se estivo o suficientemente intenso e faltou acerto no último pase. Perdeuse por iso exclusivamente.

Felicitar ao Valdoviño pola súa vitoria, metendo ao Maniños no seu ritmo e no seu xogo de interrupcións e falta de ritmo. Pero ollo, aquí cada un xoga as súas bazas e con estas fíxolle os 6 puntos ligueiros aos brancos e gañoulles tamén en pretemporada sendo a única vitoria fenesa nos cuartos de final de Copa. E ademáis xustos de efectivos. 

O Maniños ten que facer autocrítica do acontecido enPote. Non se pode escusar nin no rival nin no árbitro. Un xoga as súas bazas e o outro xulga o partido dunha maneira que sobre todo non axudou ao fútbol pero a pesar de todo, non se estivo ben e hai que recoñecelo. Pasar páxina e preparar o seguinte partido ante o Eume Deportivo, un dos equipos máis en forma da competición e haberá que estar ao 100% para poder facerlle fronte.

Ánimo equipo, ninguén nos borrará o sorriso...

GO MANIÑOS

Acta del partido en www.futgal.es, preme aquí

Pablo Mesa en www.radiofusion.eu, preme aquí

RESULTADOS PARTIDOS FIN DE SEMANA (17-18-19) MARZO

PREBENJAMINES (LIGA 2ª FASE - J11): CD Cariño - Cultural Maniños (2)
BENJAMINES (LIGA 2ª FASE - J08): DESCANSAN
ALEVÍN "B" (LIGA 2ª FASE - J11)Cultural Maniños - Meirás CF (2)
ALEVÍN "A" (LIGA 2ª FASE - J11): EF Irmandiños - Cultural Maniños (2)
INFANTILES (LIGA - 2 ª FASE J11)DESCANSAN
CADETES (LIGA - 2 ª FASE J11) DESCANSAN
JUVENILES (LIGA - J27): SD Portuarios 3 - Cultural Maniños 4 (Joshua (3) y Edu)
FEMININO F11 (LIGA - J19):  Cultural Maniños 1 (propia puerta) - Eirís, SD 3
VETERANOS (LIGA - J21): Paiosaco, SD 1 - Cultural Maniños 0
AFICIONADOS - 2ª GALICIA : (LIGA - 2ª FASE - J02): CF Estrella 0 - Cultural Maniños 1 (Cristofer)
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (LIGA - J26)Cultural Maniños 0 - SD Valdoviño 1

miércoles, 15 de marzo de 2023

martes, 14 de marzo de 2023

CÓMODA VITORIA DO VETERANO ANTE O HÉRCULES

Pouca historia tivo o partido disputado na matinal do domingo entre o Cultural Maniños e o Hércules CF. Partido que se encamiñou moi pronto para os brancos que lle permitiu afrontar o resto do encontro con tranquilidade e sen ningún tipo de sobresaltos.

Ahitor fixo paradas de gran mérito
(Foto: Mercedes Lamas)

Mon, Marcos Sánchez e Ricardo
puxeron por diante aos brancos. Rober Caamaño puxo o cuarto e os visitantes marcaron un golazo para recortar distancias. (4-1) finalmente que permite aos brancos volver á boa dinámica de resultados.

Rober pechou a conta para os brancos
(Foto: Mercedes Lamas)

A próxima saída dura e complicada ao
Municipal de Laracha para enfrontarse ao potente Paiosaco, SD. Haberá que dar o máximo para traer algo positivo deste envite.

GO MANIÑOS

Acta del partido en www.futgal.es, preme aquí   

GRAN VITORIA DO FEMININO NA TORRE

Gran segunda parte do Maniños o pasado domingo nos Campos de La Torre superando con caridade ao Orillamar, SD equipo que na primeira parte arrincara 1 punto de O Pote nun polémico partido. 

Saúdo inicial

A primeira parte foi moi igualada sen un claro dominador e coas porteiras resolvendo con gran acerto os achegamentos de ambos os equipos. A segunda parte só tivo unha cor e foi o branco das fenesas que se puxeron por diante na primeira xogada tras a continuación por medio de
Lore, demostrando que é unha killer. Antes dos 15 minutos desta segunda parte as fenesas ampliaran a vantaxe por mediación de Sheila e sentenciando por mediación de Cris. De aí ao final as brancas deixaron correr o partido aínda que Lore volveu anotar (19 goles en 14 partidos) poñendo un contundente (0-4). Na recta final as locais anotaron o gol da honra finalizando o partido cun claro (1-4).

Intre do partido coa Torre de Hércules ao fondo

Importante vitoria para as brancas, en primeiro lugar para auto demostrarse que a derrota a semana anterior en
Montrove e ante o Unión Campestre foi un accidente deportivo frente un bo rival e en segundo lugar para afianzarse nunha meritoria 7ª posición con opcións reais de ficar nesa zona media alta moi por encima do esperado a principio de tempada pois non esquezamos que é un equipo de nova creación.

O sábado 18 ás 18:00 H disputarase o seguinte partido de liga ante o Eirís, SD ao que desde aquí agradecemos todas as facilidades dadas.

Parabén mozas e corpo técnico!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aqui

Juanjo Cebolo en www.radiofusion.eu, preme aquí

VITORIA POLO MÍNIMA DO FILIAL PARA COMEZAR A 2ª FASE

Vitoria do filial para comezar a segunda fase que o levanta momentaneamente á terceira posición con 6 puntos, os tres pola vitoria deste domingo máis os tres que arrastraba da primeira fase.

O partido estivo moi igualado sobre todo na primeira parte con ocasións para ambos os bandos ben resoltas polas defensas e uns porteiros seguros e acertados como Arnoso e o ex Maniños, Andrés, chegándose ao final da primeira parte co inicial empate a cero. 

Na segunda parte o Maniños foi mellor chegando en varias ocasións con claridade á portería de Andrés que resolveu perfectamente ata que faltando 10 minutos, Cristofer dun disparo raso e cruzado abriu o marcador para poñer o definitivo (1-0). Nesta segunda parte a iniciativa foi branca e as chegadas tamén e onde o Capela defendeuse con orde buscando unha contra con Oli que non chegou. (1-0) final que fai xustiza ao visto sobre o terreo de xogo.

Como se dixo anteriormente tres puntos importantes que permite meterse de cheo na loita para clasificarse para a fase final deste torneo ligueiro de consolación da Delegación de Ferrolterra.

Desexarlle toda a sorte ao ADC A Capela nesta segunda fase e mandar un saúdo moi especial aos tres ex brancos que entraron en convocatoria como son Andrés, Oli e Carlos que non puido xogar por problemas físicos. A mellorarse Carlos!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Michel Rodríguez en www.radiofusion.eu, preme aquí

lunes, 13 de marzo de 2023

SE MARCAS 4 GOLES E NON SACAS UN PUNTO....

Pódense facer moitas lecturas do partido pero hai unha que é evidente e é que se marcas 4 goles e non che chega se queira para arrincar un empate é que algo non se fixo ben a nivel defensivo e iso non inclúe só ao porteiro e á defensa, é o equipo enteiro que debe alcanzar un equilibrio entre atacar e defender e se non se logra pode pasar como hoxe, un partido descontrolado e sen dono e que puido caer para calquera lado e neste caso así foi saíndo cruz, decantándose en practicamente a última acción do partido para un equipo visitante que daba por bo o empate.

Os equipos Modestos e prebenxamín posando xuntos
(Foto: Abraham Santos)

Doutra banda reiterando que se perdeu o partido por propios erros hai que sinalar a lamentable actuación dun trio arbitral, porque non se salvou ningún, que non está ao alcance da competición. Hai xente que se cre que está por encima do ben e do mal amparado nunha autoridade mal entendida e que se pensa que son o shériff nunha película do Oeste, pero das malas.
Iago Bértalo, Sergio López e André Ducros. Poderíase falar por extenso dos tres e da súa actuación pero imos focalizar no Sr. Ducros, sempre que vén a Maniños ten problemas, as medias dese equipo ou daquel, isto ou aquilo pero nada relacionado co xogo propiamente. Onte anulou un gol inventándose unha situación que nunca sucedeu, un balón conducido por Ipi que nunca traspasou a liña de gol...nin de lonxe O árbitro máis preto da xogada sabe que a xogada é completamente legal pero o Sr. Ducros, mal colocado (non está situado en liña de fondo) e a unha distancia considerable ten o capricho de anular o gol. É de tanta claridade que a xogada é gol legal que ningún xogador visitante reclama nada. Absolutamente indefendible a actuación deste señor que iso se, para facer indicacións de quen lle dixo algo é un prodixio. Como cambiaba o partido!!!. Un árbitro pode equivocarse nunha decisión? Por suposto...o que non pode facer é inventarse situacións que non existiron.

Miragaya pelexando un balón no medio do campo
(Foto: Abraham Santos)

O partido foi unha ruleta rusa, os visitantes saíron máis enchufados e froito diso puxéronse (0-2) no marcador. O partido foise nivelando e así na recta final da primeira parte
Ipi acurtou distancias para a continuación vir a xogada da polémica e que xa se comentou anteriormente. Tras o descanso de novo Ipi puxo as táboas. Volven adiantar os visitantes tras un cabezazo dun xogador visitante a pracer. Pedro pon as táboas nunha xogada de fe e froito de presionar un balón do porteiro. Pouco durou a alegría local porque de novo os visitantes adiantáronse no marcador froito dun gol en propia.  De novo Pedro pon o empate a 4 nun bo remate tras unha gran xogada colectiva para finalmente os visitantes rematando o partido poñen o quinto e definitivo gol aproveitando un partido que estaba descontrolado.

Ipi anotando o primeiro tanto branco
(Foto: Abraham Santos)

O devandito o futbol é equilibrio defensa- ataque e teñen que ir da man. Non se lle pode reprochar nada ao equipo que se deixou ata a última pinga de suor para gañar o partido pero non puido ser. Cabeza alta esperando a que algún día haxa sorte coas decisións arbitrais, non para que che dean, polo menos que non che quiten. 

O mellor foi a saída ao campo dos dous equipos acompañados do equipo prebenjamín do Club que realizaron en conxunto o habitual saúdo de "xogo limpo". Presente e futuro da man!!!

Cabeza alta e seguimos!!!

Ninguén nos vai a borrar o sorriso !!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Pablo Mesa en www.radiofusion.eu, preme aquí

RESULTADOS PARTIDOS FIN DE SEMANA (10-11-12) MARZO

PREBENJAMINES (LIGA 2ª FASE - J10): Cultural Maniños - SD Portuarios (2)
BENJAMINES (LIGA 2ª FASE - J08)Cultural Maniños - Eume Deportivo (1)
ALEVÍN "B" (LIGA 2ª FASE - J10): SDR Neda - Cultural Maniños (1)
ALEVÍN "A" (LIGA 2ª FASE - J10)Cultural Maniños - SD O Val (2)
INFANTILES (LIGA - 2 ª FASE J11)Cultural Maniños 4 - Meirás CF 3
CADETES (LIGA - 2 ª FASE J11) Cultural Maniños 1 - CCRD Perlío 4
JUVENILES (LIGA - J26)Cultural Maniños 4 (Joshua, Alex, Iker y Martín) - CD As Pontes 8 
FEMININO F11 (LIGA - J18):  Orillamar, SD 1 - Cultural Maniños 4 (Lore (2), Sheila y Cris)
VETERANOS (LIGA - J20): Cultural Maniños 4 (Mon, Marcos, Ricardo y Rober) - Hércules CF 1
AFICIONADOS - 2ª GALICIA : (LIGA - 2ª FASE - J01): Cultural Maniños 1 (Cristofer) - ADC A Capela 0
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (LIGA - J25)Cultural Maniños 4 (Ipi (2) y Pedro (2)) - UD Carral 5

lunes, 6 de marzo de 2023

OS VETERANOS MOI MINGUADOS DE EFECTIVOS CAERON EN FREÁN

Acudían os veteranos ao Campo de Fútbol de Freán (Arteixo) para enfrontarse a un dos mellores equipos da competición como é o Campanal de Loureda FC, equipo que na primeira volta deixara unha excelente imaxe no Pote e que ocupa unha das posicións de privilexio da clasificación. 

Raul nun intre do partido
(Foto: Mercedes Lamas)

Partido no que os brancos o deron todo, pelexaron ata o final e onde Ahitor erixiuse na gran figura do mesmo parando todo o que lle chegaba salvo nas dúas ocasións nas que foi superado. O equipo despois de ir perdendo (2-0) foi capaz de meterse no partido ao transformar Iván un penalti e mesmo tiveron as súas opcións de traerse un punto ao serlle anulado un gol a Mon

Momento no que Ivan transformaba o penalti
(Foto: Mercedes Lamas)

Toca pasar páxina coa satisfacción de non deixarse nada no partido. Agora toca levantarse, seguir traballando igual de ben e recuperar xente. 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

FESTIVAL DE GOLES EN MONTROVE

Cando nun partido de fútbol márcanse 11 goles é que as dianteiras superaron amplamente ás defensas nun partido seguramente moi atractivo para o espectador neutral.

Así que pouco que engadir ao resultado, marcar 4 goles a domicilio e non ter opcións reais no partido custa entendelo...

Pasamos páxina...

GO MANIÑOS

 Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Juanjo Cebolo en www.radiofusion.eu, preme aquí


CANDO NON CHE DEIXAN É IMPOSIBLE FACER MÁIS

Partido marcado pola pésima arbitraxe o realizado na tarde do domingo no Municipal da Laracha con dous equipos cada un coas súas armas tentou levar os tres con absoluta deportividade e no que a persoa encargada de dirixir o partido encargouse de estragar cunha actuación absolutamente incomprensible tanto do como do seu axudantes pero sobre todo cunha actitude prepotente que en cada xesto e en cada sinalización que mostraba a todo o mundo o afortunados que eran os alí presentes porque unha persoa como o arbitrase este partido. 

Cartel do partido en A Laracha

O partido foi moi igualado, moi intenso cunha mellor posta en escena dos locais que tiveron varias ocasións de gol aproveitando as indecisións da defensa branca que a medida que se foi asentando o control foi maior a nivel defensivo e un medio do campo branco que lle custaba impoñerse.
Abraham foi o mellor xogador branco desbaratando as chegadas locais e dando mostras de gran seguridade. A pena foi que á media hora e despois de atallar un balón por abaixo fíxose dano nas costas saíndo no seu lugar Mateo que tamén cumpriu perfectamente. O partido foise igualando a medida que o tempo ía pasando. O Maniños tentaba achegarse á portería do Laracha pero en todos os achegamentos, en todos, foille sinalado fóra de xogo. así que as súas opcións quedaron drasticamente reducidas a un disparo desde fóra que sorprendese ao meta local cousa que non sucedeu. Con (0-0) chegouse ao tempo de descanso. 

Instante do partido en A Laracha

Na segunda parte o partido foise inclinando aos poucos cara ao bando branco que foi gañando peso co balón e xa o
Laracha non chegaba con claridade e isto foise acentuando co paso dos minutos cando ademais o físico empezaba a pasar factura aos verde e vermellos que pouco menos que deixaban descolgados 1-2 xogadores a ver se lles chegaba un balón para sorprender á defensa branca cousa que non sucedeu en ningún momento. O dominio branco foise acentuando pero todas as xogadas brancas eran sinaladas como foses de xogo, nunca houbo lei da vantaxe e deixáronse sen sinalizar caídas brancas cando o xogador encaraba a portería con vantaxe, neste caso con nome propio como é Pedro ao que só se lle parou a base de faltas que non se sinalaron. E sen poder achegarse en condicións á portería local finalizou o partido ante a desesperación e impotencia branca que sentía maltratado pola actuación arbitral.

Noutras ocasións púidose achacar á falta de acerto o non gañar un determinado partido, nesta ocasión ten nome e apelidos pero non só o principal senón os seus axudantes que non permitiron aos brancos tentar gañar. Minaron a súa moral e cargáronos de tarxetas (7 amarelas e unha vermella) e mesmo una delas sacouna a Rober sen mostrarlla fisicamente nin indicarlle de palabra que fora amoestado.  Pero tal e como está montado o sistema non hai vía posible de queixa porque é basicamente perder o tempo. 

Por certo o citado o "xefe" do partido leu a acta aos representantes dos dous equipos sen mirarlles á cara, non deu ningunha explicación ás preguntas expostas deuse medio volta e meteuse no vestiario. Boas formas e educación sempre por diante. Un exemplo para todos.

Desexarlle moita sorte a un histórico como o Laracha CF que que o seu nivel futbolístico non é para pasar apuros pero o fútbol ás veces esa si de caprichoso.

O Maniños agora afrontará dous partidos en casa que terá que tentar sacar adiante para facer bo este empate en Laracha. Empezamos polo vindeiro domingo xa ante a UD Carral un equipo que na primeira volta superou aos brancos por (4-1). Un bo reto sen dúbida...

Ninguén nos borrará o sorriso...

GO MANIÑOS

Acta del partido en www.futgal.es, preme aquí

Pablo Mesa en www.radiofusion.eu, preme aquí

RESULTADOS PARTIDOS FIN DE SEMANA (3-4-5) MARZO

PREBENJAMINES (LIGA 2ª FASE - J09): Cultural Maniños - CD As Pontes "B" (1)
BENJAMINES (LIGA 2ª FASE - J07): Narón Freixo - Cultural Maniños (2)
ALEVÍN "B" (LIGA 2ª FASE - J09)CD Narón "B" - Cultural Maniños (2)
ALEVÍN "A" (LIGA 2ª FASE - J09)Cultural Maniños - CD Narón (1)
INFANTILES (LIGA - 2 ª FASE J10)SD Rápido Neda 1 - Cultural Maniños 2
CADETES (LIGA - 2 ª FASE J10) Cultural Maniños 11 - Amistade Meirás 0
JUVENILES (LIGA - J25): Cedeira, SD 2 - Cultural Maniños 1 (Edu) 
FEMININO F11 (LIGA - J17):  Unión Campestre 7 - Cultural Maniños 4 (Lore (2) y Cris(2))
VETERANOS (LIGA - J19): Campanal de Loureda FC 2 - Cultural Maniños 1 (Iván) 
AFICIONADOS - 2ª GALICIA : DESCANSAN
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (LIGA - J24): Laracha CF 0 - Cultural Maniños 0

jueves, 2 de marzo de 2023

O FILIAL XA CONOCE AOS SEUS RIVAIS PARA 2ª FASE DA LIGA

O Filial xa ten a súa folla de roteiro para o resto de tempada disputando a fase de consolación formada por 3 grupos de 6 equipas onde clasificarán os dous primeiros de cada grupo e os dous mellores terceiros para disputar unhas eliminatorias de onde sairá o campión.


O equipo está encadrado no grupo 3 xunto ao Eume "B", ADC Moeche, ADC A Capela, CF Estrela e Xuventud de Cabanas. Arrincará con 3 puntos, sendo o filial do Eume o equipo que arrincará con máis puntos (8) e o Cabanas o que menos (0 puntos).

A dalo todo!

GO MANIÑOS