martes, 25 de enero de 2022

OS VETERANOS SEGUEN PROGRESANDO

Os veteranos do Maniños seguen dando pasos adiante e da man de Morocho aos poucos van mellorando en todos os aspectos, físico por suposto debido a que a maioría dos xogadores viñan dunha prolongada inactividade e como equipo cunha gran melloría na colocación e no plan de partido.

Intre no que Ricardo abre o marcador ao tranformar
un penal (Foto: Mercedes Lamas)

O partido foi de clara cor local cunha primeira parte na que os brancos se adiantaron ao transformar un penalti por mediación de Ricardo para dobrar a vantaxe este mesmo xogador cunha gran vaselina ao porteiro nun balón nas inmediacións da liña de banda. Con (2-0) finalizou a primeira parte. A segunda o equipo subiu o nivel de xogo que acompañando un bajón físico dos visitantes posibilitou anotar catro goles máis por mediación de Pablo, Ricardo, que asinou un hat trick, Ramón e pechou a conta Pablo Roel.

Ocasión a balón parado na área visitante
(Foto: Mercedes Lamas)

Tres puntos que dan un subidón de moral ao bo grupo de veteranos que están a demostrar unha ilusión e un compromiso desmedido. O peor a lesión de Iván Feal que xunto a Luís Mella, Roberto Moreda e Ibán Prieto forman a "nómina" de lesionados do equipo. Moitos ánimos a todos!!!

O próximo partido será ante o Batallador da Coruña e aí verase se a progresión do equipo continúa pola boa senda.

GO MANIÑOS 

Acta del partido en www.futgal.es, preme aquí