jueves, 26 de febrero de 2026

PEDRO ESPAÑA VOLVE A CASA

Hai despedidas que doe escribir… pero hai regresos que se celebran o dobre.
O que un día foi “ata logo” hoxe convértese nun benvido de novo:

Pedro España volve vestir de branco, volve ao Pote, volve á súa casa.

Porque hai vínculos que non se rompen.

Porque hai xogadores que sempre son dos nosos.

Porque a ilusión tamén é volver empezar xuntos 

Aquí nunca deixaches de ser un dos nosos.

Desexámoste toda a sorte do mundo!!!

Benvido á casa, Pedro !!!

martes, 24 de febrero de 2026

O CADETE EMPEZOU A FASE DE ASCENSO A 1ª FUTGAL

Despóis de quedar encuadrado na 2ª Futgal por unha liga condicionada ao número de equipos que participan na mesma a intención de noso equipo Cadete é recuperar a categoría que nunca tivo que perder.

O primeiro paso consigueuse ao clasificar para a fase de ascenso quedando no seu grupo no segundo posto pasando ao grupo de ascenso xunto ao Meirás CF e ao Libunca, SD xunto aos tres clasificados doutro grupo a EF Irmandiños, Eume Deportivo e CMI Club de Campo. De estos 6 equipos ascenderán 3.

Os nosos comenzaron a súa singladura visitando ao Eume Deportivo no seu campo da Gándara vencendo por (1-2). Forma inmellorable para comenzar esta fase decisiva.

Moita sorte equipo!!!

GO MANIÑOS

lunes, 23 de febrero de 2026

O MARTES 24 RECUPÉRASE O PARTIDO ADIADO DO BENXAMÍN "A"

Só quedan dous partidos por recuperar polas xornadas adiadas polas diferentes alertas que asolaron la comarca de Ferrolterra e o país en xeral. 

Este martes recuperase o partido adiado do Benxamín "A" que se ten que xogar no Pote e será a partir das 18:00 H. e o rival o CMI Club de Campo "B".

Só falta o partido de infantiles pero xa se está gestionando para fixar a data en breves.

GO MANIÑOS

CRUZ NO RESTO DA XORNADA

Xornada complicada para os nosos equipos, onde o esforzo non se viu reflectido no marcador final. Toca analizar , corrixir e manter a cabeza alta , porque como ben dicimos: "E pobre do que queira quitarnos a ilusión".

 Segunda División – Feminino - Xornada 21
CULTURAL MANIÑOS  1 - 3 ORILLAMAR S.D.
Dura derrota  nun duelo directo na zona baixa da táboa. Era un partido marcado en vermello polo igualados que chegaban ambos conxuntos, pero o Maniños non puido amarrar os puntos na casa.

Malia o gol de Lorena Saavedra, o Orillamar estivo máis acertado e levou un botín que obriga ás nosas a traballar arreo para atopar a dinámica positiva.

Toca erguerse!!!

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Xurxo Rodríguez en www.radiofusion.gal, preme aquí


Terceira Futgal – Filial - XORNADA 7
 S.D.C. Y R. NARÓN FREIXO 3 - 0 CULTURAL MANIÑOS 
O filial tamén sufriu a pegada do Narón Freixo nun encontro onde os locais non perdoaron. O equipo non acaba de atopar a súa mellor versión nestas últimas semanas; fáltalle esa chispa e solvencia coa que empezou a tempada, onde se amosaba como un bloque moito máis competitivo.

Toca seguir collendo experiencia nesta categoría tan esixente  para que os resultados comecen a chegar.

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Álvaro "Chiqui" Rodríguez en www.radiofusion.gal, preme aquí


Terceira Futgal – Veteranos  - XORNADA 17
 CULTURAL MANIÑOS  2 – 3 VIOÑO C.F.
O partido tivo dúas caras  moi diferenciadas. O Maniños comezou de forma inmellorable , dominando  e poñéndose por diante grazas á puntería de Javi Rico  e a un un gol de falta de Javi Pedreiras. Todo parecía controlado ata que un penalti en contra meteu ao Vioño no encontro.

Eses minutos non se souberon xestionar  e, nun visto e non visto, o Vioño aproveitou o desconcerto  para darlle a volta ao marcador. Tralo golpe, o Maniños non se rendeu: foi superior, mandou no xogo  e tratou de atacar a porta visitante  en busca do empate con máis corazón  que cabeza. A falta de claridade nos metros finais  impediu que o esforzo se transformase en gol.

Unha mágoa, toca reguir remando!! 

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

GO MANIÑOS

DERROTA DOS MODESTOS ANTE A SD POL NA RECTA FINAL DO PARTIDO

Derrota dos modestos ante un serio SD Pol que demostrou no Pote a súa pegada. Partido moi competido, decidido por detalles aunque as mellores ocasións foron visitantes.
Golpeou primeiro o Pol no 20’, poñéndose por diante nun encontro que xa se intuía igualado. Pero o Maniños non tardou en reaccionar. No 34’, Hugo Cocina transformou un penalti con sangue frío para facer o 1-1 e devolver a xustiza ao marcador tras o bo traballo colectivo.

A segunda metade foi de ti a ti, con alternativas e moita tensión competitiva. O equipo estivo vivo, ordenado e crendo no plan. Ata que na recta final chegaron os golpes decisivos. No 83’, Fernando Cuadrado adiantou ao Pol e, no 87’, volveu marcar dende o punto de penalti, pechando o partido cun resultado máis amplo do que se viu no campo.

Outra vez os detalles, outra vez os minutos fináis… pero tamén outra vez un equipo que compite, que non baixa os brazos e que está máis preto do que parece. As dinámicas cambian traballando, e este grupo está niso.

Cabeza alta. Seguimos.

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMÁN DO (20-21-22) FEBREIRO

PREBENXAMÍN (2º FASE - X06): CD Cariño - Cultural Maniños (X)
BENXAMÍN "A" (2º FASE - X06): Cultural Maniños - FC Ortigueira (1)
BENXAMÍN "B" (2º FASE - X06): SD Portuarios - Cultural Maniños (1)
ALEVINES (2º FASE - X06): Cultural Maniños - Galicia Mugardos (1)
INFANTILES (2º FASE - X06): Cultural Maniños 3 - Numancia, ADR 4
CADETES (FASE ASCENSO - X01): Eume Deportivo 1 - Cultural Maniños 2
XUVENILES (2º FASE - X06): DESCANSAN
VETERANOS (X17): Cultural Maniños 2 (Javi Rico e Javi Pedrieras) - Vioño CF 3
FEMININO (X22): Cultural Maniños 1 (Lore) - Orillamar, SD 3
FILIAL - 3ª FUTGAL (X07): SCRD Narón O Freixo 3 - Cultural Maniños 0
AFICIONADOS - PREFERENTE GALICIA (X23):  Cultural Maniños 1 (Hugo) - SD Pol 3

jueves, 19 de febrero de 2026

XA TEMOS RIVAL NOS CUARTOS DE FINAL DA COPA DE FERROLTERRA

De novo o derbi fenés dilucidará o pase a semifinales da Copa de Ferrolterra nesta XXV edición. Será nos Pinares o 19 de marzo e enfrentará ao CCRD Perlío e ao noso Club.

Un partido apaixoante con gran tradición entre dous equipos tradicionalmente copeiros.

A dalo todo!!!

GO MANIÑOS

miércoles, 18 de febrero de 2026

HORARIOS FIN DE SEMÁN DO (20-21-22) FEBREIRO

 

CLASIFICADOS PARA CUARTOS DE FINAL XXV COPA DE FERROLTERRA

Partido serio, maduro e moi completo dos nosos Modestos para selar o pase á seguinte rolda da Copa de Ferrol.

Golpeamos primeiro con Brais tras unha boa acción colectiva que empezaba a marcar o camiño. Na segunda metade, o equipo non baixou a intensidade, controlou os tempos e ampliou diferenzas con Christian. E no tramo final… golazo de Julián Pardo, deses que levantan á bancada e que pechan unha noite perfecta cunha firma de categoría.

Non todo foron boas novas. Tivemos que lamentar a lesión de Hugo Lorenzo, que tivo que abandonar o partido e está pendente de probas. Tamén a de Christian, aparentemente de menor gravidade, e agardamos que quede nun simple susto.

Moito ánimo para os dous. Dende aquí desexar que ambas lesións queden niso, nun susto, e pronto os teñamos de volta defendendo o noso escudo e disfrutando do fútbol.

Seguimos soñando. Seguimos competindo.

A cuartos!!!

GO MANIÑOS

CARMEN E ÁNGEL NAS SELECCIÓNS SUB 13

Subimos as fotos para o recordo de os nosos xogadores Carmen Bermúdez e Ángel Mesa que defenderon as cores das respectivas selecións Ferrolanas na categoría SUB 13 nos Campionatos Galegos por Delegacións celebrados en Mos (a feminina) e no Ríoseco de Narón (a masculina).



Unha honra para o noso Club.

PARTICIPACIÓN DE ÁNGEL MESA CON LA SELECCIÓN SUB 13

Este martes 17, finalizou a participación de Ángel Mesa no Campionato Galego por Delegacións na categoría SUB 13. 



O balance foi un empate ante Ourense e 2 derrotas duras ante Coruña e Pontevedra. 

Esperamos que fora unha gran experiencia. 

Ángel, estamos moi orgullosos de ti!!!

lunes, 16 de febrero de 2026

(1/8) FINAL - COPA DE FERROLTERRA

Este martes a partir das 20:00 H. no Campo de Aneiros xogamos a continuidade na Copa a partido único ante o SRD Canido, un histórico do fútbol ferrolán que volveu esta tempada a competir. 

Anímate e ven a apoiar aos nosos!!!

GO MANIÑOS

SITUACIÓN A DÍA DE HOXE DOS PARTIDOS ADIADOS

Como xa se comentou se irá actualizando as datas dos partidos adiados pola RFGF nas xornadas do (23-24) de xaneiro e neste finde a do día (29).

Despóis dunha semana intensa e de que todas partes afectadas fixeran un forte exforzo por poñerse ao día, o nos Club ten só dous partidos pendentes que son os seguintes:

BENXAMÍN "A"
Cultural Maniños - CMI Club Campo "B" (do vernes 30)

INFANTILES
Cultural Maniños - CMI Club Campo "B" (do vernes 30)

En ambos casos estase negociando unha data para poder xogarse o partido co menos perxuicio para ambas partes. 

Seguiremos actualizando...

GO MANIÑOS

CRUZ NA XORNADA SENIOR

Segunda División – Feminino

❌ ESTEIRANA S.D. 2 - 0 CULTURAL MANIÑOS

As nosas guerreiras non puideron sumar na súa visita á Esteirana. Un partido de moita pelexa onde faltou a fortuna de cara ao gol. 

Cabeza alta e a pensar xa no vindeiro reto. ¡Imos, rapazas!

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Xurxo Rodríguez en www.radiofusion.gal, preme aquí


Terceira Futgal – Filial
 
❌ CULTURAL MANIÑOS 1 - 4 S.R.D. CANIDO 

Jornada complicada  para o noso filial. 
A pesar do gol de Rubén, o Canido amosou a súa eficacia de cara a porta. Toca seguir traballando duro nos adestramentos para volver á senda da vitoria.

Acta do partido en www.futgal.espreme aquí

Álvaro "Chiqui" Dopico en www.radiofusion.gal, preme aquí


Terceira Futgal – Veteranos

❌  CECEBRE S.D. 5 – 3 CULTURAL MANIÑOS

¡Partidazo de moitos goles e moita entrega! Non puido ser en Cecebre, pero os nosos veteranos loitaron ata o último suspiro nun partido vibrante e cheo de alternativas, mereceron máis os do Pote que acusaron demasiado quedarse en inferioridade.

¡Orgullosos do voso esforzo! 

Acta do partido en www.futgal.espreme aquí

"E POBRE DO QUE QUEIRA QUITARNOS A ILUSIÓN" 

GO MANIÑOS

DERROTA POLA MÍNIMA DOS MODESTOS EN O MONTE


Derrota pola mínima (2-1) dos nosos Modestos ante un dos galiños da liga como é o San Tirso, SD.
Partido moi serio dos brancos , competindo de ti a ti nun campo sempre esixente. O San Tirso golpeou primeiro, pero este equipo non entende de rendicións e no minuto 33 apareceu Hugo Cocina, oportuno, valente, preciso, para silenciar por un intre a bancada local e demostrar que este escudo compite contra quen sexa e onde sexa.

A partir de aí, partido de batalla. De duelos, de segundas xogadas, de solidariedade defensiva e pulmón infinito. Os brancos souberon sufrir, correr e crer. Cada balón dividido era unha guerra. Cada despexe, unha declaración de intencións.

Cando o empate xa sabía a premio merecido e o puntiño estaba a piques de viaxar para Maniños… chegou o mazazo na recta final. Un deses golpes que doen. Un deses goles que fan silencio no vestiario. Pero que ninguén se engane: este equipo deixou claro que ten carácter, orgullo e alma competitiva. 

Perdemos tres puntos.Gañamos respecto.

Non hai tempo para lamentacións…O martes agárdanos a Copa. E este equipo vai ir a por ela...

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMÁN DO (13-14-15) FEBREIRO

PREBENXAMÍN (-----): SEN PARTIDO
BENXAMÍN "A" (ADIADO): Galicia Caranza - Cultural Maniños (2)
BENXAMÍN "B" (ADIADO): Cultural Maniños - Numancia (1)
ALEVINES (ADIADO): Cultural Maniños - CD Cariño (1)
INFANTILES (ADIADO): CD Narón 4 - Cultural Maniños 0
INFANTILES (COPA): CD As Pontes 8 - Cultural Maniños 0
CADETES (COPA):  Eume Deportivo 3 - Cultural Maniños 1
XUVENILES (ADIADO): Racing San Pedro 2 - Cultural Maniños 3
VETERANOS (ADIADO): Cecebre, SD 5 - Cultural Maniños 3 (Ricardo, Javi Pazos e Javi Rico)
FEMININO (X20): Esteirana, SD 2 - Cultural Maniños 0
FILIAL - 3ª FUTGAL (X06): Cultural Maniños 1 (Rubén) - SRD Canido 4
AFICIONADOS - PREFERENTE GALICIA (X22):  San Tirso, SD 2 - Cultural Maniños 1 (Hugo)

sábado, 14 de febrero de 2026

CARMEN XOGA HOXE COA SUB 13 FEMININA EN MOS

Dous xogadores do noso Club forman parte da Selección Sub 13. Na Feminina e coa honra de ser a capitana, Carmen Bermúdez compite hoxe en Mos



Na masculina, Ángel Mesa, que competirá o martes 17 en Narón

Hoxé e o día de Carmen así que por encima de todo, a disfrutalo!!!

Esa Carmen!!!

jueves, 12 de febrero de 2026

HORARIOS FIN DE SEMÁN DO (13-14-15) FEBREIRO

HOXE XOVES 12 RECUPÉRASE UN NOVO PARTIDO DOS ADIADOS

Esta tarde recupérase un novo partidos dos adiados do 23 de xaneiro, neste caso é o correspondente a Xornada 3 do Grupo 1 de Consolación da segunda fase: 

INFANTILES
CD Narón - Cultural Maniños
O Cadaval, 18:30 H. 

Por certo o partido dos nosos benxamíns "A" que iban disputar este mércores e que sufreu un novo adiamento se xogará finalmente ou iso esperamos o próximo sábado 14 as 12:20 H. en Caranza.

Só quedanos 6 partidos por recuperar!!! 

GO MANIÑOS

miércoles, 11 de febrero de 2026

FALECEU D. GERARDO PÉREZ SAS

Na tarde de onte recibimos a mala nova do falecemento de D. Gerardo Pérez Sas, coñecido por "O Queixo".

Gerardo
foi unha persoa moi importante no Club dende o seu posto de adestrador, cargo que  mantivo moitos anos e en diferentes categorías. Moi implicado e sempre disposto a colaborar. Foi tamén presidente da ACRD O Pote.

Desde aquí mandar un forte abrazo a toda a súa familia, achegados e amigos en xeral, aos que acompañamos no sentimento.

DEP Gerardo

APRAZAMENTO DE PARTIDOS E ACTIVIDADE FEDERADA

 

martes, 10 de febrero de 2026

HOXE MARTES 10 RECUPÉRASE UN NOVO PARTIDO DOS ADIADOS

Esta tarde recupérase un novo partidos dos adiados do 23 de xaneiro, neste caso é o seguinte correspondente a Xornada 3 do Grupo1 de Consolación:

BENXAMÍN "B"
Cultural Maniños - ADR Numancia
O Pote, 18:00 H

Xa só quedanos 7 partidos por recuperar!!!

GO MANIÑOS

lunes, 9 de febrero de 2026

PARTIDOS ADIADOS A RECUPERAR ESTA SEMANA DO (9-12) FEBREIRO

 

AGRIDOCE XORNADA PARA O RESTO DE EQUIPOS

Segunda División – Feminino
CULTURAL MANIÑOS 2 - 3 S.D. MILAGROSA


A mala sorte segue acompañando ao noso Feminino que, despois dun gran partido e dunha entrega sen límites, caeu nos intres finais ante un dos equipos situados na parte alta da táboa.


A lectura é positiva, xa que o equipo competiu a un gran nivel fronte a un rival moi esixente e amosou carácter, compromiso e ambición ata o último minuto.

A seguir loitando!!!

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Xurxo Rodríguez en www.radiofusion.gal, preme aquí


Terceira Futgal – Filial
XUVENTUD CABANAS 3 - 1 CULTURAL MANIÑOS


O Filial caeu derrotado (3-1) na súa visita á Veiga. Partido complicado ante un rival que semella terlle tomada a medida aos brancos.


Perdeuse unha batalla, pero a guerra continúa e o equipo segue con todas as opcións intactas.

A seguir traballando duro!

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Álvaro "Chiqui" Dopico en www.radiofusion.gal, preme aquí


Terceira Futgal – Veteranos
S.D.VALDOVIÑO 0 – 1 CULTURAL MANIÑOS


Os Veteranos seguen coa súa marcha ascendente tras derrotar ao SD Valdoviño en Mourente.


A seguridade defensiva, cun gran
Adrián baixo paus, o traballo e compromiso de todo o equipo xunto coa definición do maestro do gol, Javi Rico, foron dabondo para manter a boa dinámica.

Que non pare!!!

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

GO MANIÑOS

DERROTA DOS MODESTOS ANTE O DUBRA QUE DEIXA AOS BRANCOS MOI TOCADOS

Derrota pola mínima da Cultural Maniños nun partido condicionado polas numerosas baixas (só 13 xogadores do primeiro equipo). A pesar das dificultades os nosos estiveron sempre no encontro e competiron ata o final, deixando todo no campo e defendendo o escudo con orgullo.


O partido foi igualado e moi trabado, con poucas ocasións claras. A S.D. Dubra aproveitou un corner para marcar o único gol do encontro no minuto 62. Previamente o porteiro Marcos ataxou unha penal favorable ao equipo visitante.

A partir desde momento, a Cultural, seguiu crendo, apertando e buscando o empate, pero non foi quen de xerar perigo con claridade e continuidade.

Toca seguir competindo, recuperar efectivos e mirar cara adiante xornada a xornada.

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal, preme aquí

Adri Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMÁN DO (6-7-8) FEBREIRO

PREBENXAMÍN (2º FASE - X05): Cultural Maniños - Meirás CF (1)
BENXAMÍN "A" (2º FASE - X05): Galicia Mugardos "B" - Cultural Maniños (X)
BENXAMÍN "B" (2º FASE - X05): Cultural Maniños - CD As Pomtes "B" (1)
ALEVINES (2º FASE - X05): Cultural Maniños - Numancia, ADR (2)
INFANTILES (2º FASE - X05): Cedeira, SD 4 - Cultural Maniños 3 
CADETES (1º FASE - X14):  CD As Pontes "B" 3 - Cultural Maniños 3
XUVENILES (2º FASE - X05): Numancia, ADR 2 - Cultural Maniños 4
VETERANOS (X16): SD Valdoviño 0 - Cultural Maniños 1 (Javi Rico)
FEMININO (X20): Cultural Maniños 2 (Oli e Lara Gorgullo) - SCD Milagrosa 3
FILIAL - 3ª FUTGAL (X05): Xuventud Cabanas 3 - Cultural Maniños 1 (Pablo Pérez)
AFICIONADOS - PREFERENTE GALICIA (X21):  Cultural Maniños 0 - SD Dubra 1

jueves, 5 de febrero de 2026

martes, 3 de febrero de 2026

COMO COMENZOU A LIGA ESTA XENTE!!!

A forza do grupo é o que nos fai grandes.


Máis ca un equipo, somos unha familia.

No vestiario do Maniños non xoga un, xogamos todos.

Orgullo de filial e orgullo de escudo!!!

GO MANIÑOS

lunes, 2 de febrero de 2026

SITUACIÓN DOS PARTIDOS ADIADOS

Como xa se comentou se irá actualizando as datas dos partidos adiados pola RFGF nas xornadas do (23-24) de xaneiro e neste finde a do día (29).

Xa se recuperou o partido da categoría cadetes que está ao día polo que o noso club ten 9 partido que ten que recuperar. Os horarios fijados son os seguintes.

MARTES 3 FEBREIRO
PREBENXAMINES
Cultural Maniños - SRD Canido
O Pote, 18:00 H.

MARTES 10 FEBREIRO
BENXAMÍN "B"
Cultural Maniños - ADR Numancia
O Pote, 18:00 H

MÉRCORES 11 FEBREIRO
BENXAMÍN "A"
Caranza "C" - Cultural Maniños
Caranza, 18:00 H

XOVES 12 FEBREIRO
INFANTILES
CD Narón - Cultural Maniños
O Cadaval, 18:30 H. 

E quedan por datar os seguintes partidos:

BENXAMÍN "A"
Cultural Maniños - CMI Club Campo "B" (do vernes 30)

ALEVINES
Cultural Maniños - CD Cariño (do sábado 24)

INFANTILES
Cultural Maniños - CMI Club Campo "B" (do vernes 30)

XUVENÍS
Racing San Pedro - Cultural Maniños (do sábado 24)

VETERANOS
Cecebre, SD - Cultural Maniños (do sábado 24)

Seguiremos actualizando...

GO MANIÑOS

BO BALANCE NO RESTO DE EQUIPOS SENIORS DO CLUB

Segunda División – Feminino

UNIÓN CAMPESTRE 2 - 0 CULTURAL MANIÑOS


Derrota (2-0) nun partido no que, unha vez máis, o equipo acudíu en cadro. As 12 xogadoras defenderon o escudo ata o final. Dous goles na recta final da primeira metade decidiron o encontro. Orgullo e loita. 

Ánimo equipo!!!

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Xurxo Rodríguez en www.radiofusion.gal, preme aquí


Terceira Futgal – Filial

CULTURAL MANIÑOS 4 - 1 RACING SAN PEDRO

Vitoria (4-1) ante o R. San Pedro que consolida ao equipo na zona alta da táboa. Moito mérito tras ter que remontar o gol inicial dos visitantes. Gran segunda parte dos brancos para darlle a volta ao partido. Goles de Marcos, Gabriel, Miguel e Gianni.


Grande equipo!!!

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Álvaro "Chiqui" Dopico en www.radiofusion.gal, preme aquí


Terceira Futgal – Veteranos

CULTURAL MANIÑOS 4 – 1 MERCURIO S.D. "B"

Vitoria no Pote ante o Mercurio nun gran partido que reforza o trabajo dos veteranos. Fenomenal primeira metade na que os brancos deixaron o encontro encarrilado. Goles de Juan, Kevin e Javi Rico (2).


17 puntos e mirando para arriba.

Seguimos!!!

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

GO MANIÑOS

UNHA MALA PRIMEÍRA METADE CONDENOU AOS MODESTOS EN SIGÜEIRO

Derrota dos modestos no Lino Balado de Sigüeiro nun partido que foi claramente de menos a máis. Unha primeira parte de cor roxo marcou o encontro e obrigou ao equipo a remar a contracorrente.


Tras o descanso, os brancos deron un paso adiante con carácter e fútbol, facéndose donos do partido, sometendo ao rival e xerando ocasións dabondo como para merecer cando menos un punto. O fútbol, ás veces, é inxusto… 

Os golazos de Caio e do xuvenil Adrián mantiveron a emoción ata o final e deixaron a sensación de que este equipo mereceu máis.

Unha bagoa polo resultado, pero tamén a certeza de que cando o Maniños é valente, compite con calquera.

Seguimos!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMÁN DO (30-31) XANEIRO E (1) FEBREIRO

PREBENXAMÍN (2º FASE - X04): SD Valdoviño - Cultural Maniños (X)
BENXAMÍN "A" (2º FASE - X04): Cultural Maniños - CMI Club Campo "B" (ADIADO)
BENXAMÍN "B" (2º FASE - X04): Galicia Caranza - Cultural Maniños (1)
ALEVINES (2º FASE - X04): SD Libunca - Cultural Maniños (2)
INFANTILES (2º FASE - X04): Cultural Maniños - CMI Club Campo "B" (ADIADO)
CADETES (1º FASE - X13):  Cultural Maniños 5 - SD Portuarios "B" 0
XUVENILES (2º FASE - X04): Cultural Maniños 1 - AD Miño 3
VETERANOS (X15): Cultural Maniños 4 (Juan, Kevin e Javi Rico (2)) - SD Mercurio "B" 1
FEMININO (X19): Unión Campestre CF 2 - Cultural Maniños 0
FILIAL - 3ª FUTGAL (X04): Cultural Maniños 4 (Marcos, Gabri, Miguel e Gianni) - Racing San Pedro 1
AFICIONADOS - PREFERENTE GALICIA (X19):  Sigüeiro FC 3 - Cultural Maniños 2 (Caio e Adri Valdés)