lunes, 31 de marzo de 2025

MAL RESULTADO PERO MELLORES SENSACIÓNS DOS VETERANOS NO COMENZO COPEIRO

    Sábado, 17 horas, Aranga; o Aranga e o Maniños dispoñíanse a disputar o primeiro encontro do Trofeo Delegación 3ª Futgal.

 O desenvolvemento do partido viuse afectado polas condicións do campo, que presentaba un céspede natural en bastante mal estado, con zonas cubertas de area. Isto dificultou especialmente o estilo de xogo máis combinativo dos de O Pote, que tiveron que adaptarse. 

Aínda que o Maniños comezou demostrando superioridade co seu xogo, foi o Aranga quen se adiantou no marcador no minuto 26, aproveitando unha oportunidade clave que deixou aos visitantes contra as cordas. 

A pesar do golpe, non se renderon os brancos, que seguiron confiando no seu xogo. A sorte foi esquiva e chegou o descanso co 1 a 0 favorable ao Aranga. 

Comezaba a segunda metade cun equipo visitante máis canso pero coas ideas claras. Foi no minuto 59 cando o Maniños encontrou a súa recompensa; un bo pase de Javi Pedreiras ás costas da defensa permitiu que Javi Rico provocase un penalti. O propio Rico encargouse de executar o tiro con tranquilidade e efectividade, poñendo o 1-1 no marcador.

 Con todo, a mala fortuna e as difíciles condicións xogaron en contra dos de O Pote demasiado pronto. Unha xogada desafortunada derivou no segundo gol do Aranga, que recuperou a vantaxe. 

O Maniños seguiu insistindo, tratando de mostrar fútbol fluído e xerando varias ocasións perigosas en busca do empate. Nun deses ataques frustrados, unha man inesperada cortou a acción e permitiu ao Aranga realizar un saque de falta rápido. Este movemento sorprendeu á defensa do Maniños e deu paso a unha letal contra que culminou co terceiro gol do Aranga, ante o que nada puideron facer os brancos. 

Os xogadores maniñeses non se renderon e continuaron pelexando con coraxe e, pouco despois, lograron achegarse novamente no marcador. David Coira executou unha falta magnífica que obrigou ao porteiro do Aranga a rexeitar o balón; Javi Rico, atento e oportuno, aproveitou o rexeitamento para anotar o segundo gol dos visitantes, establecendo o 3-2 e enchendo de esperanza ao seu equipo. 

O Maniños mantivo a súa intensidade ata o asubío final, xerando ocasións claras e despregando todo o seu esforzo en busca do empate. Pero o tempo esgotouse sen lograr cambiar o marcador. 

Derrota dos veteranos, que a pesar do resultado marcharon para casa reforzados e se demostraron a si mesmos que van a máis e que teñen argumentos de sobra para competir na competición.

GO MANIÑOS!!

Preme aquí para consultar a Acta do partido

Por Javi Pedreiras

TRES PUNTOS DE ORO DO FEMININO ANTE O CD LUGO "B"

Vital victoria do noso feminino ante o CD Lugo "B" que permite ao equipo respirar e deixar o descenso a 6 puntos. Loita ata o final. 

Estase chegando as xornadas definitivas no mellor momento da tempada e ai que aproveitalo. E indispensable recuperar xogadoras, o plantel está moi mermado nestes momentos.

Anotou por partida doble Andrea

Parabéns!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

O FILIAL VOLVE A LA VICTORIA ANTE O MERCURIO

Victoria do Filial nun bo partido dos nosos que sirve para elevar a moral do equipo de cara a recta final da competición. Presencia de catro xuvenís no 11 inicial.

É importante acabar a liga da mellor maneira posible e estos resultados axudan. 

Anotaron Joni e Aitor

Parabéns equipo!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Chiqui Dopico en www.radiofusion.gal, preme aquí

TRABALLADA VICTORIA DOS MODESTOS EN ARES

Importante triunfo dos modestos na súa visita a Prados Vellos onde tradicionalmente é moi complicado arrincar algo positivo co engadido de que o Numancia estaba no mellor momento da tempada cunha reacción que lle está permitindo ir sacando a cabeza de posicións complicadas e dada a gran igualdade calquera punto sumado pode ser de gran importancia. 

Intre no que Rául abre o marcador en Prados Vellos

O partido seguiu o guion esperado, o balón para o
Maniños e os locais ben ordenados esperaban a súa oportunidade en forma dunha contra rápida ou aproveitar algún erro do brancos pero sobre todo sendo firmes e seguros atrás. E así foi o partido cun Maniños que non acaba de estar cómodo no campo pero facendose dono do balón tentando achegamentos pero sen acerto nos pases finais. Un disparo de Marcos Piñeiro rozando o poste e unha falta ao bordo da área lanzada por Adri que le faltaron centímetros para sorprender a De Navas foron as mellores opcións nesta primeira metade mentres os aresáns non chegaron á meta dun Marcos Amado que pasou inadvertido nestes primeiros 45 minutos. Con o inicial (0-0) o partido marchou ao tempo de lecer. 

A segunda parte foi do mesmo corte, un Maniños dono do balón e un Numancia que parecía que se estiraba un pouco máis aínda que sen xerar perigo. Un gran disparo de Agras á saída dun saque de esquina resolto por un gran De Navas foi a primeira gran oportunidade dos brancos que aproveitaron unha rápida contra de Pedro que puxo un balón perfecto a Raúl que superou á bo meta local por baixo do corpo. (0-1) e o partido poñíase de fronte para o Maniños. Os locais tentaron chegar á área branca pero sen acerto aínda así tiveron un remate de cabeza que saíu alto e pouco máis. Nunha falta lateral a favor do Maniños, rebumbio na área e David, especialista en meterlle goles ao Numancia, aproveitou un balón solto para poñer o (0-2) definitivo. Xa non pasou nada máis e o partido finalizou co resultado coñecido. 

Tres puntos importantes que permite aos brancos afianzarse no alto da táboa. Faltan 7 xornadas (6 máis o partido aprazado) e as espadas están en todo o alto. O próximo finde un novo derbi de Ferrolterra coa visita do Eume Deportivo que aínda que non está no seu mellor momento clsificatorio é un dos mellores equipos da competición. Será o domingo 6 ao 17.00 H. en O Pote

Parabéns equipo!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí

RESULTADOS DO FIN DE SEMANA (28-29-30) MARZO

PREBENXAMINES (2ª Fase - X10): Cultural Maniños - Galicia Mugardos (1)
BENXAMÍN "A" (2ª Fase - X10): Cultural Maniños - CMI Club Campo "D" (2)
BENXAMÍN "B"(2ª Fase - X10): Galicia Caranza - Cultural Maniños (1)
ALEVINES (2ª Fase - X10): EF Irmandiños - Cultural Maniños (1)
INFANTILES (2ªF - X14): EF Irmandiños 3 - Cultural Maniños 5
CADETES (2ªF - X14): Meirás CF 2 - Cultural Maniños 3
XUVENILES (2ªF - X11): DESCANSAN
FEMININO (X25): Cultural Maniños 2 (Andrea (2)) - CD Lugo "B" 0
VETERANOS (Copa 3ª - X01):  ACD Aranga 3 - Cultural Maniños 2 (Rico (2))
AFICIONADOS - 3ª GALICIA (X27): Cultural Maniños 2 (Joni e Aitor) - SD Mercurio 1
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X28): AD Numancia 0 - Cultural Maniños 2 (Raúl e David )

lunes, 24 de marzo de 2025

CANDO OS RESULTADOS NON ACOMPAÑAN: A PEGADA DUNHA TEMPORADA GRIS

Comezaba a liga cun Maniños de veteranos cheo de caras novas, moitas coñecidas, e sobre todo moitas ilusións. A busca de novos horizontes impulsou unha pronta pretemporada en O Pote, onde os xogadores, aínda coa tempada anterior recentemente rematada, xuntáronse para empezar a coñecerse e sentar as bases dun ano que prometía grandes cousas.

Os primeiros partidos da tempada deixaban motivos para soñar. A Copa puxo a proba ao equipo, que saíu reforzado tras plantar cara a un rival de categoría superior. O balón, que ata entón parecía amigo, rodaba con fluidez e o equipo exhibía un xogo que convidaba ao optimismo. Nos adestramentos, os sorrisos e a camaradería eran protagonistas indiscutibles.

VICTORIA VITAL DO FEMININO EN ALMEIRAS

A mañá do domingo tróuxonos a primeira boa nova do día coa vital vitoria do feminino no Campo de Fútbol Os Loureiros de Almeiras. A vitoria tivo moito mérito polas numerosas baixas das brancas que acudiron ao partido con soamente 2 cambios.

Anotou Tensi un gol que se defendeu con uñas e dentes. Debutou no equipo a xogadora en idade xuvenil, Alba Rodríguez.

Paso de xigante das nosas en su intento de salvar a categoría metendo a UD Juvenil de Almeiras en postos de descenso saíndo o Maniños dos mesmos cunha recta final que presentase como todo un reto para o equipo.

Parabéns!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Noelia Leiras en www.radiofusion.eu, preme aquí

CONTUNDENTE DERROTA DO FILIAL EN IÑÁS

Derrota clara do Filial na súa visita a Municipal de Iñás para enfrentarse ao At. San Pedro, un dos galiños da competición.

Superioridad dos locais reflexada no marcador. Dous goles na primeira metade e tres na segunda firmaron o marcador cun Maniños que tamén tivo as súas oportunidades sen efectividade como está sendo e por desgracia tónica habitual.

A seguir traballando para acabar a tempada da mellor maneira posible. 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Chiqui Dopico en www.radiofusion.eu, preme aquí

VICTORIA MOI SUFRIDA DOS MODESTOS ANTE O CD AS PONTES

Esperábase con expectación a visita do CD As Pontes a O Pote. Sen dúbida un dos Clubs con máis historia do fútbol galego que noutros tempos chegou a disputar unha fase de ascenso a 2ª División. Un CD As Pontes ademais que na primeira volta infrinxiu unha dura derrota aos brancos que acudían a O Poboado como líder. Á fronte dos azuis está o ex xogador de Racing e Celta, Fran Caínzos e como axudantes o ex adestrador do Maniños Luis García, Luigi e como delegado un bo amigo do noso Club como é Anxo Barro, Peruzzi.

Intre no que Santi golpea ao fondo das redes

O partido en liñas xerais foi moi pelexado con opcións para os dous equipos de poder levarse os tres puntos pero onde as mellores oportunidades foron locais aclarando que nos instantes finais do partido os visitantes tiveron a súa gran opción co lanzamento dun penalti que detivo o meta branco Marcos pero ese e un tiro desde fóra da área pouco despois do penalti errado foron os únicos disparos entre os tres paus dos das Pontes. Todo o resto das oportunidades foron locais, na primeira parte polo menos tres moi claras, especialmente unha de Caio que golpeou o traveseiro nun balón case a pracer. Antes un gran disparo de Pedro que é despexado polo meta visitante. Na segunda parte claras oportunidades de Julián que se traba na definición, de Hugo que fixo unha baselina que pasou por encima do traveseiro por centímetros... Sen dúbida cada un no seu plan de partidos aos puntos e polas ocasións xeradas vitoria aos puntos clara dun Maniños que sufriu ata o final como non podía ser doutra maneira. No minuto 72, Santi desde o bordo da área aproveitou un balón que puxo atrá Hugo tras unha xogada que comezou nun saque de esquina. Un gol que facía xustiza ao equipo e ao propio xogador polo seu traballo. De aí ao final os brancos situáronse con orde sobre o terreo de xogo buscando unha contra definitiva, falta de acerto como a sinalada de Hugo anteriormente ou malas decisións ou precipitacións imposibilitou sentenciar o partido.  Bordeando o minuto 90 penaltito que o Colexiado Iago de Oliveira sinalou sen dubidalo a pesar de que a xogada ofrecía moitas dúbidas porque a sensación é que o dianteiro azul é o que golpea ao xogador branco Santi que se anticipa. Afortunadamente Marcos resolveu o agravio. O partido finalizou co coñecido (1-0) o que permita aos brancos seguir una semana máis pelexando nos postos nobles da taboa. O peor a lesión de Christian que esperemos sexa o menos posible.

Próxima etapa Prados Vellos, un campo moi difícil ante un rival que foi de menos a máis e que sen dúbida pondrá as cousas moi difíciles aos brancos que tendán que dar o mellor de si para mantener a súa boa dinámica. Será o domingo as 18:00 H.

Parabéns equipo!!! 

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí

RESULTADOS DO FIN DE SEMANA (21-22-23) MARZO

PREBENXAMINES (2ª Fase - X09): Narón Freixo - Cultural Maniños (1)
BENXAMÍN "A" (2ª Fase - X09): Estrella A Solaina - Cultural Maniños (1)
BENXAMÍN "B"(2ª Fase - X09): Cultural Maniños - Meirás CF (1)
ALEVINES (2ª Fase - X09)Cultural Maniños - Eume (2)
INFANTILES (2ªF - X13): Cultural Maniños 1 - CD Cariño 3
CADETES (2ªF - X13): Cultural Maniños 1 - CD Cariño 3
XUVENILES (2ªF - X10): SDR Neda 4 - Cultural Maniños 0
FEMININO (X24): UD Juvenil Almeiras 0 - Cultural Maniños 1 (Tensi)
VETERANOS (--):  DESCANSAN
AFICIONADOS - 3ª GALICIA (X26): At. San Pedro 5 -  Cultural Maniños 0
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X27): Cultural Maniños 1 (Santi) - CD As Pontes 0

lunes, 17 de marzo de 2025

TRISTE EMPATE DOS VETERANOS PARA TERMINAR A LIGA

Último partido de liga para aos nosos veteranos que non puideron despedirse cunha victoria ante o colista Galicia Gaiteira. (3-3) final. 

Todo o partido a remolque no marcador. Alomenos logrouse un empate para despedir un mal curso.

Ágora toca descansar, desconectar e recuperar xente para competir na Copa. 

Anotaron Sergio, Rico e Mon

Certamente unha tempada para olvidar!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

DERROTA DO FEMININO ANTE UN POTENTE TORDOIA

Derrota do feminino ante un bo e rocoso SD Tordoia que cun gol en cada tempo levouse os tres puntos en xogo. O equipo mellorou en solidez defensiva pero falta a salsa do gol.

Séguese na pelexa así que hai que dalo todo na recta final da competición. 

A preparar o seguinte partido coma si fose o último. E o certo é que é moi importante coa visita a UD Juvenil de Almeiras un dos riváis directos pola permanencia.

Ánimo equipo!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Noe Leiras en www.radiofusion.gal, preme aquí

VICTORIA AGÓNICA DOS MODESTOS EN MEICENDE

Triunfo moi importante do Maniños nun campo moi complicado e ante un gran equipo como é o Sporting Meicende ao que sen dúbida a táboa clasificatoria non fai xustiza, posto que practican un fútbol vistoso para o espectador con moi bos xogadores pero ao que non acompañan os resultados pero que sen dúbida superarán esta mala dinámica e subirán aos postos que merecen.

Intre do partido xogado en Meicende

A primeira parte os locais foron mellores sendo posuidores do balón e da iniciativa do xogo, pola súa banda o
Maniños non estivo ben, cunha circulación de balón moi lenta que facilitaba as tarefas defensivas dos locais moi cómodos nestes primeiros 45 minutos. Proba do dominio local foron dous balóns aos paus e algunha intervención dun Mateo moi seguro todo o partido. Cando o partido se aproximaba ao descanso e tras as protestas dos locais reclamando un posible penalti por unha caída na área fenesa, un saque de esquina é rematado de cabeza superando a Mateo e na liña Pedro despexa o balón. O Colexiado tras uns segundos de incerteza posto que o mellor colocado, o auxiliar de bancos non fixo xesto algún nin se dirixiu ao medio do campo, concedeu o gol. Gol de “VAR” aínda que consultados os xogadores do Maniños recoñecen que o balón superou a liña de gol. Por tanto acerto do árbitro e acabouse o debate. Pola súa banda o Maniños e nos seus poucos achegamentos xerou claras ocasións de gol, un pase de Pedro é mal rematado por Hugo en posición inmellorable e Santi cun gran disparo desde fóra da área que tocou o porteiro e o balón saíu rexeitado ao traveseiro o que demostraba que sendo máis constantes e incisivos podíase poñer en apertos aos locais. Con (1-0) foise o partido ao descanso.

Os brancos efectuaron un cambio no descanso entrando Agras por Josiño que tivo un efecto positivo no xogo e é que se equilibrou o centro do campo branco polo xogo posicional de Agras menos móbil que Josiño e que beneficiou as tarefas destrutivas dun Maniños que seguía en labores atacantes sen mover con fluidez o balón. Julián nunha transición rápida tivo a primeira gran ocasión cun disparo potente ao que respondeu o meta local cunha gran parada.  O partido entrou nunha fase sen control onde puxo pasar de todo, desde o segundo gol local ata o empate. A falta de acerto e na toma de decisións por ambas as partes aínda que especialmente polo bando local fixo que o resultado non se alterase chegando á recta final co apertado (1-0) e aí o Maniños tivo o acierto e quizais a sorte que lle faltou noutros partidos. E así unha falta lateral sacada por Julián uns metros despois do medio do campo é cabeceada por David ao fondo das redes. (1-1) e cuns 10 minutos contando o desconto por diante. De novo o partido sen dono e cando se chegaba ao desconto balón ben xogado desde atrás por Javima, o balón chega a Santi que filtra un balón maxistral a Christian que rompe o fóra de xogo pelexando cun defensa que lle aguanta a primeira arremetida quedando o balón morto e aí Christian fusila ao meta local poñendo o definitivo (1-2). De aí ao final nada máis reseñable finalizando o partido ante a alegría da afección fenesa desprazada a Meicende.

Como se dixo ao principio desta crónica, vitoria moi importante pola entidade do rival e no seu terreo de xogo que permite aos brancos situarse no alto da táboa a falta de 9 xornadas o que constitúe todo un reto para os xogadores e Corpo Técnico que deben seguir partido a partido sen mirar máis aló que o próximo que precisamente será un novo derbi local e nesta ocasión ante o CD As Pontes que proba da dificultade do partido é bo lembrar que na primeira volta superou os brancos en O Poboado por (4-2). Será o domingo 23 ao 17.30 H en O Pote.

Parabéns equipo!!! 

GO  MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí

DERROTA NO DESCONTO DO FILIAL

Un gol nos derradeiros instantes do partido acabou coas ilusións do Filial que aunque non xogou un bo partido, o fútbol está sindo moi cruel con eles. 

Intre do partido contra o Bribes CF
(Foto: Xan Xe en www.radiofusion.gal)

Anotou Víctor o tanto que significou o momentaneo empate.

O máis destacable e polo negativo, foi o pésimo arbitraxe de Paula Vilaro Gutierrez perxudicando unha vez máis ao fútbol. Concerto de silbato sen xeito. E non é demagoxia pero é a única persoa que cobra por facer un traballo que é impartir xustiza. E non o fai...

O que queda é seguir traballando e creiendo no que se fai. A acabar coa máxime dignidade !!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Chiqui en www.radiofusion.gal, preme aquí

RESULTADOS DO FIN DE SEMANA (14-15-16) MARZO

PREBENXAMINES (2ª Fase - X08): DESCANSAN
BENXAMÍN "A" (2ª Fase - X08): Cultural Maniños - SD O Val Blanco "B" (1)
BENXAMÍN "B"(2ª Fase - X08): Eume - Cultural Maniños (2)
ALEVINES (2ª Fase - X08): AD Miño - Cultural Maniños (2)
INFANTILES (2ªF - X12): Gal. Mugardos 5 - Cultural Maniños 1
CADETES (2ªF - X12): DESCANSAN
XUVENILES (2ªF - X09): Cultural Maniños 3 - CD Narón 2
FEMININO (X23): Cultural Maniños 0 - SD Tordoia 2
VETERANOS (X22): Cultural Maniños 3 (Sergio, Javi Rico e Mon) - Galicia Gaiteira 3
AFICIONADOS - 3ª GALICIA (X25): Cultural Maniños 1 (Víctor) - Bribes CF 2
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X26): Sporting Meicende 1 - Cultural Maniños 2 (David e Christian)

martes, 11 de marzo de 2025

PENÚLTIMO CAPÍTULO NO VÍA CRUCIS DOS VETERANOS

Os veteranos non puideron romper a súa mala dinámica e caeron derrotados polo Beat Street Betanzos no mítico Carregal

A recta final do partido foi propicia para os locáis que meteron 2 goles no desconto.

Anotaron para os blancos Mon e Ricardo

Só queda 1 xornada... 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.espreme aquí

HORARIOS DO FIN DE SEMANA (14-15-16) MARZO

 

DERROTA NO DESCONTO DO FEMININO EN DUMBRÍA

Un fatídico gol no desconto acabou coa numantina defensa das brancas que pelexaron ata o final. Moito mérito das rapazas que acudiron moi mermadas de xogadoras e dentro destas con varias tocadas. Hai que sentirse moi orgullosos delas.

Non hai más que seguir, xa cambiará a sorte... a balanza ten que equilibrase. 

O domingo un novo reto!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Noe Leiras en www.radiofusion.gal, preme aquí

O FILIAL SAE GOLEADO DE ALMEIRAS

O Filial non tuvo ningunha opción na súa visita a Almeiras para enfrentarse ao titular, un dos galos da competición. O partido non tivo moito pola superioridade dos locáis.

Non están pasando o mellor momento os rapaces de Chiqui que ademáis acudiron moi limitados de efectivos. 

Hai que recuperar efectivos, levantarse e seguir traballando con ilusión. 

Cabezas erguidas!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Álvaro "Chiqui" Dopico en www.radiofusion.eu, preme aquí

lunes, 10 de marzo de 2025

TABOAS AGRIDOCES NO DERBI ANTE O VALDOVIÑO

Esperábase con expectación no Pote a visita da SD Valdoviño por varios motivos, o primeiro era ver a reacción do equipo despóis da dura derrota do domingo anterior na Grela e por suposto o enfrontarse a un equipo moi correúdo e coa necesidade de puntuar dada a igualdade reinante pola parte baixa da clasificación o que fai que un equipo como o Valdoviño a pesar de que clasificatoriamente ocupa posicións medias na táboa estea relativamente cerca en puntos dunha zona para a que non está chamado.

Homenaxe a muller na previa do partido

O partido tivo dúas partes ben diferenciadas, a primeira onde estivo mellor o equipo visitante con varias ocasións claras especialmente unha de Noel que resolveu perfectamente Mateo e o rexeite en inmellorable posición para Daza leste botouno por encima do traveseiro. Así mesmo outra xogada rápida dos de Mourente foi cabeceada en inmellorable posición por Daza de novo por encima do traveseiro. Pola súa banda dúas xogadas importantes para os brancos unha falta a Cristian que o colexiado sinala ao bordo da área aínda que a sensación é de que era dentro. A falta foi sacada sen consecuencias e case acabando a primeira metade unha ocasión inmellorable para Álvaro que se planta diante do meta Fernando que responde cunha moi boa parada. Co resultado inicial o partido foise ao descanso.


A segunda mudou o escenario, o
Maniños fíxose o dono do balón e o Valdoviño deu un paso atrás esperando coller aos brancos nunha contra que non chegou. Neste período as grandes ocasións foron locais especialmente con Álvaro que se plantou diante do meta que de novo gañou a partida ao dianteiro branco que optou polo disparo potente respondendo cunha gran parada. Xa anteriormente tamén resolvera a un gran disparo raso a Julián (moi similar ao seu gol ao Torre) e máis adiante sacando un balón de Miguel que se envenenó e que cando xa se cantaba o gol foi capaz de desvialo a córner. Hai que sinalar tamén que os visitantes reclamaron neste período un posible penalti por caída na área dun xogador laranxa cando encaraba a Mateo tras un forcejeo con Álvaro que arriscou en exceso. E neste toma e daca terminou o partido co coñecido (0-0) e que non deixo satisfeito a ningún dos dous contendentes que deben centrarse no seu próximo partido para facer bo este punto. 

Un punto máis que hai que valorar na súa xusta medida tendo en conta as numerosas baixas que presentou o equipo (David, Gonza, Hugo, José Ángel, Pedro, Agras e Ángel) aínda que o equipo competiu perfectamente. O mellor foi o merecido debut do xuvenil Samu, habitual no adestramento dos xoves do equipo.

Para a semana visita ao Municipal de Meicende para enfrontarse ao titular nun partido moi complicado ante un dos equipos que mellor fútbol fai, revelación a tempada anterior e que sen dúbida lle poñerá as cousas moi difíciles aos nosos.

Seguimos na batalla!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí

RESULTADOS DO FIN DE SEMANA (7-8-9) MARZO

PREBENXAMINES (2ª Fase - X07): ADR Numancia - Cultural Maniños (1)
BENXAMÍN "A" (2ª Fase - X07): Libunca, SD - Cultural Maniños (1)
BENXAMÍN "B"(2ª Fase - X07): Cultural Maniños - CMI Club Campo (1)
ALEVINES (2ª Fase - X07)Cultural Maniños - SD Portuarios "B" (1)
INFANTILES (2ªF - X11): CCRD Perlío 2 - Cultural Maniños 2
CADETES (2ªF - X11): Libunca, SD 2 - Cultural Maniños 4
XUVENILES (2ªF - X08): CMI Club Campo 1 - Cultural Maniños 1
FEMININO (X22): FC Dumbría 1 - Cultural Maniños 0
VETERANOS (X22): Beat Street Betanzos 6 -  Cultural Maniños 2 (Mon e Ricardo)
AFICIONADOS - 3ª GALICIA (X24): UD Juvenil Almeiras 6 - Cultural Maniños 0
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X25): Cultural Maniños 0 - SD Valdoviño 0

miércoles, 5 de marzo de 2025

PARTICIPACIÓN DA NOSA CARMEN BERMÚDEZ NO CAMPIONATO GALEGO POR DELEGACIÓNS

Onte martes foi un día importante para nosa Carmen Bermúdez que defendeu as cores da Delegación de Ferrol no Campeonato Galego de Seleccións comarcais SUB 13 celebrado en Pontevedra

Selección Ferrolterra SUB 13
(Fuente: RFGF)

O balance foi derrota (1-3) ante Coruña e victoria (5-0) ante Lugo.

Dexemos que fora unha boa experiencia!!!

O FILIAL SEN SORTE ANTE O ATLETICO PERILLO

O Filial caeu derrotado pola mínima ante o Atlético Perillo nun partido moi igualado. O bo é que o equipo segue pelexando pese as adversidades. E así deber ser ata o final. 

Anotou Raúl o tanto branco que supuso o momentaneo empate. 

A seguir traballando!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Chiqui Dopico
en www.radiofusion.gal, preme aquí

CRUEL DERROTA DOS MODESTOS NA GRELA

Final moi cruel para os intereses do Maniños nun partido cheo de emocións entre dúas dos equipos que ocupan posicións punteiras na táboa e onde o Relámpago demostrou o que son as boas dinámicas que lle serviu para crer en que podía remontar cando parecía que o partido estaba decidido. Como di o refrán "ata o rabo todo é touro..."

Intre do partido na Grela

O partido púidense resumir facilmente, unha parte para cada equipo. A primeira parte dos brancos que se adiantaron cun golazo de
Julián e anulóuselle un gol legal a Santi por un dos erros clamorosos do Colexiado Jorge Andrés Izzi, caseiro a moreas, mal axudado polo seu auxiliar Acuña que se comeu con tomate como demostra o vídeo do partido un fóra de xogo (que non era) de máis de 1 metro o que puido ser o (0-2). Con (0-1) acabou a primeira parte con boas sensacións para os brancos.

Dominio dos locais na segunda parte sen xerar ocasións de gol e cando máis envorcados estaban sobre a meta branca, contra letal e un para un para Santi que salgue desde o seu campo plántase diante do meta local e báteo por baixo. (0-2) e o partido encarrilado. E cunha arbitraxe que foi minando aos brancos con faltas continúas unha e outra vez e carta branca para os locais e cando faltaban 7 minutos, un inofensivo centro desde o lado esquerdo segundo ataque local se envenenó superando a Mateo e metendo de cheo aos locais no partido. Xa no desconto, penalti a favor dos locais, expulsión de Gonza e falta propicia para os locais ao atoparse os brancos cun xogador menos e gol local. De aí ao final xa non se xogou máis entre outras cousas porque desapareceron os balóns (sen comentarios) chegando a estar o xogo detido preto de un minuto sen balóns aínda que este detalle foi intranscendente para o Colexiado que nin se inmutou nin fixo constancia diso. Polo tanto supoñemos que será normal.

Cruel desenlace para os brancos que teñen que pasar páxina rápidamente e non torturarse ante a oportunidade perdida. O domingo as 17:00 H. visita O Pote a SD Valdoviño, un equipo correúdo ao que a clasificación non fai xustiza.

Cabezas erguidas e seguimos!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí

RESULTADOS DO FIN DE SEMANA (28) FEBREIRO - (1-2) MARZO

AFICIONADOS - 3ª GALICIA (X23): Cultural Maniños 1 (Raúl) - Atlético Perillo 2
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X24): Relámpago, SD 3 - Cultural Maniños 2 (Julián e Santi)