lunes, 30 de septiembre de 2024

VICTORIA PARA CREER DO VETERÁN

E por fin chegou a primeira vitoria do Maniños de Veteranos, e tivo que ser no día da estrea das novas camisetas, un día de festa e moi significativo para os brancos (11+1).

O encontro comezou competido, ambos equipos loitaban o medio do campo e trataban de impoñer a súa lei.


Sen embargo era o Ciudad o que parecía dar un pasiño máis adiante que os do Pote, aínda dubidosos despois de dúas derrotas consecutivas.

Os estados de ánimo parecían influir no desenvolvemento do partido.

O Maniños tratou de axustar as liñas para reparar a sangría de goles recibidos e conseguindo manter a portería a cero marcouse o primeiro gol do partido; A maior intensidade dos hoxe máis brancos que nunca, provocou unha recuperación e un pase as costas da defensa do Ciudad que aproveitou Ricardo para facer un regate e provocar penalti; El mesmo se encargaría de poñer o 1 a 0.

Os brancos pareceron entón controlar o encontro, pero nunha xogada illada o Ciudad foi quen de empatar e volver facer dubidar os de Jaime.

Chegábamos ao descanso có empate a 1 e un partido igualado.

Tratou de corrixir o Maniños a presión en campo contrario tralo descanso, foron entón os mellores minutos dos brancos no partido, onde foi capaz de roubar en tres cuartos e desfrutar das mellores ocasións.


Pero o día amencera coa R de Ricardo no firmamento, e foi o 9 do Maniños quen no 71 era capaz de desigualar a contenda empuxando a rede un regalo de Javi Rico, tras unha boa xogada na área.

O Ciudad tratou de reaccionar, pero non estaba o día para os de negro e a precipitación e boa labor dos brancos impediu que estes acadaran o empate.

Cando o partido encaraba o seu final, un bo saque de porta de David, chegaba a pes da defensa do equipo visitante onde a boa presión dun Mon incansable, provocou entón un pase corto cara o porteiro e foi Ricardo ,de novo o máis listo da clase, quen era capaz de chegar antes, regatear o porteiro e poñer o gol de tranquilidade no electrónico.

Relaxouse en demasía o Maniños, quen un minuto despois encaixaba o definitivo 3 a 2 nunca xogada individual, na que o xogador do Ciudad foi quen de burlar a defensa de varios xogadores dos veteráns.

Non había tempo para máis e chegaba por fin a primeira vitoria.

Cousas que mellorar no cadro do Pote, pero por fin podemos dicir que se atisban brotes verdes na ensalada futbolística dos do Pote.

GO MANIÑOS!

(Por Javi Pedreiras)