lunes, 12 de febrero de 2024

O FEMININO CAE NA COPA NA SORTE DOS PENALTIS

Partido que se decidiu na sorte dous penaltis e para non variar esta foi esquiva para os intereses brancos que caeron derrotados nun partido no que as brancas non estiveron cómodas sobre o terreo de xogo contaxiándose do fútbol das locáis sendo un equipo pouco reconocible. 

É certo que as nosas tiveron as súas opcións, penalti errado incluído pero non foron quen de superar á excelente meta local
Carla. Pola súa banda as locais apenas inquietaron a Eva que con todo salvo na última xogada do partido tocando lixeiramente un balón que golpeou o traveseiro tras o lanzamento dunha falta. Partido lento e sen ritmo que por lóxica ía resolver nos penaltis. 

Laura Montero pelexando un balón
(Fonte: @Bisbarraenxogo)

E na quenda igualdade total nos lanzamentos dos 5 primeiros penaltis e en morte súbita fallo do Maniños e acerto das locais dando o paso a semifinais para o Galicia de Caranza. Felicitar ás ferrolás e moita sorte para o resto da tempada.

Ahora a centrarse en la liga que es el objetivo real del equipo!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Pau e Lucía en www.radiofusion.eu, preme aquí