jueves, 29 de febrero de 2024

VALERIA DEUS CONVOCADA NA SELECCIÓN GALEGA SUB 12 DE FUTSAL

Valeria Deus
Unha nova alegría para a Familia do do Cultural Maniños. Despóis da chamada a Carmen Bermúdez para un adestramento na Selección galega SUB 12 de fútbol, agora se confirma a convocatoria final de Valeria Deus na Selección SUB 12 galega de futsal. 

A comenzos de marzo disputará o
Campionato de España na localidad de Sanxenxo (Pontevedra).


Un orgullo para nos!!!

Parabéns Valeria e a disfrutalo!!!

lunes, 26 de febrero de 2024

A MALA SORTE DERROTA AO FILIAL

Non se pode ter tan mala sorte. Os visitantes deron a volta ao partido nos últimos intres. 

Gol anulado moi polémico para os brancos con (1-0) que era a sentencia. Absoluta incredulidade...


Quedémonos co positivo, melloría enorme do equipo en intensidade, actitude e ilusión.   

Estamos no camino!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Chiqui Dopico en www.radiofusion.gal, preme aquí

DEMASIADO CASTIGO PARA O FEMININO NA TORRE

Derrota pola mínima nun partido xogado baixo unhas condicións extremas de chuvia e vento na Torre

Moita igualdade donde unha ráfaga de vento metou un balón que iba fora dentro da portería branca, encima o equipo tivo que xogar con dez pola rigurosa expulsión da capitana Lucía. bagoa! 

Só queda levantarse e seguir traballando! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Juanjo Cebolo en www.radiofusion.gal, preme aquí

OS MODESTOS DERROTAN NUN PARTIDAZO AO SPORTING MEICENDE

Que gran partido púidose ver na desapracible tarde de domingo en O Pote entre dous dos equipos máis en forma do campionato como é o Cultural Maniños e un Sporting Meicende, recentemente ascendido e que está a ser a revelación da tempada a base de bo xogo. 

Partido equilibrado onde o Maniños durante os 90 minutos de xogo non pasou por grandes apuros impoñéndose aos poucos os locais que sen ser os claros dominadores do partido tiveron as mellores ocasións de gol. Dúas xogadas a balón parado rematadas por
David e Gonza permitiron aos brancos adiantarse e estar máis tranquilos que puideron mesmo ampliar o marcador no primeiro tempo cun gran disparo de Christian que respondeu o meta visitante cunha gran parada.

Na segunda parte o Meicende deu un paso adiante en busca de recortar distancias pero o Maniños mantívose firme e mesmo tivo as mellores opcións para ampliar o marcador, especialmente a través de Hugo, Pedro e unha moi clara e Caio. Non puido ser e o marcador permaneceu inalterable finalizando o mesmo co coñecido (2-0). Vitoria xusta e merecida dos brancos que dan o salto  á segunda posición.

43 puntos e vitoria nos últimos tres partidos cun refacho moi positivo salvo o tropezóns do Relámpago de Elviña.  A seguir traballando tan ben, tan fortes e tan unidos e co bo ambiente e ilusión que se respira.

Parabéns equipo !!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMANA (23-24-25) FEBREIRO

PREBENXAMINES (2ª FASE - X06): AD Ánimas - Cultural Maniños (X) 
BENXAMINES (2ª FASE - X06): Cultural Maniños - Club de Campo (2) 
ALEVÍN "A" (2ª FASE - X06): EF Irmandiños Cultural Maniños (1)
ALEVÍN "B" (2ª FASE - X06): Cultural Maniños - Galicia Caranza "B" (2)
INFANTILES (2ª FASE - X08): Numancia 3 Cultural Maniños 1
CADETES (2ª FASE - X08): Cultural Maniños 1 - Racing San Pedro 3
XUVENILES (2ª FASE - X11): Racing San Pedro 1 - Cultural Maniños 1
FEMININO (X20): SD Orzán 1 - Cultural Maniños 0
VETERANOS (-): DESCANSAN
AFICIONADOS - 2ª GALICIA (1ª FASE - X21): Cultural Maniños 1 (Aitor) - AD Miño "B" 2
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X23): Cultural Maniños 2 (David y Gonza) - Sporting Meicende 0

lunes, 19 de febrero de 2024

DECEPCIONANTE DERROTA DOS VETERANOS

Un gol nos intres finais afastou aos brancos do 4º posto nesta primeira fase ligueira.  Aún así excesivo castigo ante un rival que apenas inquietou a portería de Ahitor. Non obstante o equipo estivo mal e foi de más a menos.

Un nefasto comenzo de tempada penalizou en exceso a clasificación cun 6º posto final, moi por debaixo das espectativas iniciais. Unha bagoa! 


Ágora a centrarse na 2ª fase e intentar o asalto a 2ª B. 

Esto segue! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

INXUSTA DERROTA DO FEMININO

Derrota moi dura polo injusta que foi. O equipo foi merecedor dun premio mellor, dominio total cun rival repregado, buscando a súa oportunidade... pero fútbol e acerto e ahí non se estivo ben... 

Nesta ocasión saeu Cruz...

A pensar no seguinte partido!!! 

Moito ánimo equipo !!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Juanjo Cebolo en www.radiofusion.gal, preme aquí

DEZ FATÍDICOS ÚLTIMOS MINUTOS ACABARON CO FILIAL

Dez fatídicos últimos minutos tiraron por terra o excelente traballo dos rapaces de Chiqui. Tampoco acompañou o acerto arbitral decisivo nos dos últimos goles dos de Monfero. Pero non pode empañar o bo facer do grupo.

Esta é a liña de traballo e concentración para poder competir. 

Anotou Pablo

Dúas xornadas para acabar esta 1ª fase.

Seguimos! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

VICTORIA BRANCA NO DERBI FENÉS

Presentábase un novo derbi fenés coa emoción e igualdade que representan este enfrontamento entre dous equipos que levan décadas rivalizando no terreo de xogo. Como bo derbi non importa a clasificación dos contendentes porque vaian como vaian nunca hai nin favoritos nin un pronóstico claro. 

Saíu mellor o
Maniños que controlou o partido desde o principio contando con dúas ocasións moi claras, especialmente unha de Pedro que en inmellorable situación non acertou coa portería de RafaO partido seguiu controlado polo Maniños non sufrindo en exceso salvo nalgún balón parado dada a calidade do lanzador Pocho, aínda que ben resolvido pola zaga e Mateo moi seguros. 

A segunda parte seguiu polo mesmo guión, faltaba o gol ata que un balón atrás de Pedro chegou a Pitu ao bordo da área que dun gran zurdazo superou a Rafa poñendo o (0-1) no marcador que facía xustiza. Faltando dez minutos gran xogada colectiva do Maniños que finalizou cun gran centro desde banda dereita e cabezazo de Hugo poñendo o (0-2) que ao cabo foi definitivo dando a confianza necesaria para acabar o partido con relativa tranquilidade.

Tres puntos importantes que ademais sendo nun derbi saben mellor e que permite aos brancos asentarse na terceira posición e mirar con certo optimismo o que falta de tempada mirando cada xornada como un novo reto empezando a próxima xornada coa visita do Sporting Meicende un dos mellores equipos da categoría non só polos puntos e posición que leva senón polas sensacións do que propón.

Parabéns equipo!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMANA (16-17-18) FEBREIRO

PREBENXAMINES (2ª FASE - X05): Cultural Maniños - Club de Campo "C" (2) 
BENXAMINES (2ª FASE - X05): Galicia Caranza - Cultural Maniños (1) 
ALEVÍN "A" (2ª FASE - X05): Cultural Maniños - Club de Campo "B" (2)
ALEVÍN "B" (2ª FASE - X05): SDR Neda - Cultural Maniños (1)
INFANTILES (2ª FASE - X07): Cultural Maniños 2 - Eume "B" 0
CADETES (2ª FASE - X07): Cultural Maniños 5 - Narón Freixo 1
XUVENILES (2ª FASE - X10): Cultural Maniños 0 - Meirás CF "B" 6
FEMININO (X19): Cultural Maniños 0 - SDC San Roque 1
VETERANOS (X18): Cultural Maniños 0 - Rodis CF 1
AFICIONADOS - 2ª GALICIA (1ª FASE - X20): Monfero CF 3 - Cultural Maniños 1 (Pablo)
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X22): CCRD Perlío 0 - Cultural Maniños 2 (Pitu e Hugo)

jueves, 15 de febrero de 2024

SERGIO PÉREZ, REFORZO INVERNAL PARA O MANIÑOS

Sergio Pérez
Sergio Pérez Pérez (Mugardos, 1999) é a última incorporación da Cultural Maniños para axudar ao equipo e afrontar con garantías a segunda volta desta esixente Primeira Galicia.

A traxectoria futbolística de Sergio sempre estivo ligada ao Galicia de Mugardos equipo no que empezou en categoría Prebenjamín pasando por todas as categorías do Club da Pedreira ata chegar a modestos onde formou parte da súa filial desde a tempada 2018/19 ata a tempada pasada cando despois dunha brillante tempada disputou a fase de ascenso a 1.ª Galicia quedando apeado da mesma ante o equipo que logrou o ascenso e actual rival e os brancos, o Sporting Meicende. Esta tempada 2023/24 empezouna sen xogar ata este febreiro que volveu poñerse as botas debutando o pasado día 4 ante a SDC Órdenes. Por último destacar que foi quén de debutar no primeiro equipo do Club o que non é fácil tendo en conta o nivel competitivo do Mugardos.

Xogador zurdo que habitualmente ocupa a posición de central aínda que nos seus inicios xogou de lateral e en contadas ocasións ocupou a posición de medio centro o que dota a Sergio dunha polivalencia sempre moi beneficiosa para o equipo e para a xestión do Corpo Técnico. 

Sergio é un xogador ben coñecido para o adestrador Adrián xa que coincidiron as tres últimas tempadas no filial verde.

Sergio benvido a Maniños !!!

GO MANIÑOS

miércoles, 14 de febrero de 2024

BOA PARTICIPACIÓN DE CARMEN COA SELECCIÓN SUB 11

O pasado lunes disputouse no Campo do Conco de Dumbria o Campionato de Seleccións Comarcais SUB 11 feminina coa participación da nosa xogadora Carmen Bermúdez

Duas victorias (Ourense - Lugo) e duas derrotas (Vigo - Costa) foi o bagaxe e cuarta posición nesta primeira xornada. 




Unha boa experiencia!!!

lunes, 12 de febrero de 2024

O FEMININO CAE NA COPA NA SORTE DOS PENALTIS

Partido que se decidiu na sorte dous penaltis e para non variar esta foi esquiva para os intereses brancos que caeron derrotados nun partido no que as brancas non estiveron cómodas sobre o terreo de xogo contaxiándose do fútbol das locáis sendo un equipo pouco reconocible. 

É certo que as nosas tiveron as súas opcións, penalti errado incluído pero non foron quen de superar á excelente meta local
Carla. Pola súa banda as locais apenas inquietaron a Eva que con todo salvo na última xogada do partido tocando lixeiramente un balón que golpeou o traveseiro tras o lanzamento dunha falta. Partido lento e sen ritmo que por lóxica ía resolver nos penaltis. 

Laura Montero pelexando un balón
(Fonte: @Bisbarraenxogo)

E na quenda igualdade total nos lanzamentos dos 5 primeiros penaltis e en morte súbita fallo do Maniños e acerto das locais dando o paso a semifinais para o Galicia de Caranza. Felicitar ás ferrolás e moita sorte para o resto da tempada.

Ahora a centrarse en la liga que es el objetivo real del equipo!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Pau e Lucía en www.radiofusion.eu, preme aquí

GRAN VICTORIA DOS VETERANOS EN VISMA

Menudo final de 1.ª fase a que están a facer os veteranos que nesta ocasión superaron ao Silva, SD un dos equipos clasificados para o ascenso a segunda división. O equipo a pesar de ir xusto de efectivos, loitou e creu nas súas posibilidades e foi capaz de sumar tres puntos que lle permite chegar á última xornada con opcións de terminar na cuarta posición ligueira. 

Os goles brancos foron obra do Pichichi, Ricardo e do Capi, Caste de falta directa.

Agora a chegar nas mellores condicións para disputar a segunda fase e tentar o asalto á 2.ª B do fútbol veterano galego na provincia da Coruña.

O noso Pichichi Ricardo rodedo de rivales
(Foto: Mercedes Lamas)

Falta unha xornada e será no
Pote ante o Rodis FC, un rival ben coñecido que servirá para cerrar a 1ª fase coma se merece.

Parabéns a San Martiño, SD, Campanal de Loureda FC e Silva, SD pola súa clasificación para a fase de ascenso a 2ª división e parabéns igualmente ao resto de participantes pola sua ilusión e gañas.

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

OS MODESTOS CAEN ELIMINADOS NA COPA

Non puido ser e os nosos modestos non puideron eliminar á que é unha das súas bestas negras da Copa nos últimos anos, o AD Miño que o eliminou nos últimos 4 enfrontamentos directos e cun engadido, na volta a casa a xogar un partido de Copa que se remota á tempada 2017/18 e onde precisamente este mesmo equipo eliminou aos brancos poucos días antes de a remontada e ascenso a Primeira Galicia no inesquecible partido de Vizoño

Sen entrar en moitos detalles do partido o acerto dos visitantes no primeiro cuarto de partido foi determinante ao anotar dous goles que resultaron imposibles de remontar para os brancos que tiveron as súas opcións primeiro acurtando distancias e logo con opcións para
Pedro, David e Pitu pero sen acerto. Pola súa banda os visitantes tamén puideron sentenciar o partido pero a boa actuación defensiva e do meta local impedírono. O importante é que o equipo chegou ata o final coas opcións intactas aínda que finalmente a eliminatoria márchase para Miño

Pitu en el partido de pretemporada ante el AD Miño

Agora toca centrarse na liga para tratar de competir ata o final así que hai que buscar o lado positivo, se hai algún, da eliminación.

Felicitar á AD Miño e desexarlle sorte ata o final de tempada.

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMANA (9-10-11) FEBREIRO

XUVENILES (2ª FASE - X09): SDR Neda 2 - Cultural Maniños 0
FEMININO (1/4 FINAL COPA): Galicia Caranza 0 - Cultural Maniños 0 (6-5 penaltis)
VETERANOS (X17): SIlva, SD 1 - Cultural Maniños 2 (Ricardo e Caste)
AFICIONADOS (1/4 FINAL COPA): Cultural Maniños 1 (David) - AD Miño 2

viernes, 9 de febrero de 2024

CARMEN BERMÚDEZ NA CONVOCATORIA DEFINITIVA DA SELECCIÓN SUB 11 DE FERROLTERRA

Definitivamente Carmen Bermúdez Pérez (Carmen) entrou na convocatoria da Selección SUB 11 que disputará o luns 12 de febreiro o Campionato Galego de Seleccións Comarcais a celebrar no Campo O Conco (Dumbria).

As xogadoras, corpo técnico e persoal directivo está convocado as 7:45 H do luns 12 nas inmediaciones do Campo de Fútbol da Gándara (Ferrol).

Moita sorte e a disfrutar da experiencia!!!

jueves, 8 de febrero de 2024

CONCELLO DE FENE: PECHE DAS INSTALACIÓNS MUNICIPAIS AO AIRE LIBRE

Perante a situación de alerta no litoral coruñes provocada polo temporal q azouta Galicia neste xoves 8 de febreiro, o Concello de Fene acordou o: 

- Peche de parques infantís e pistas polideportivas municipais exteriores 

- Prohibición de realización de actividades ao aire libre

Máis información, preme aquí

miércoles, 7 de febrero de 2024

martes, 6 de febrero de 2024

O PARTIDO DE COPA DOS MODESTOS ADIANTASE AO SÁBADO

O partido de cuartos de final de Copa de Ferrolterra que deben disputar o Cultural Maniños e o AD Miño adiántase ao sábado 10 do presente mes as 17:30 H no Campo do Pote.

Partido único e en caso de empate se resolverá na tanda de penaltis.

GO MANIÑOS

lunes, 5 de febrero de 2024

O VETERANO DERROTA AO CAMPANAL NUN ENORME PARTIDO

Victoria pola mínima dos nos veteranos ante un enorme rival que vendeu moi cara a derrota e que demostrou o seu posto na taboa. Partido intenso, emocionante e con grandes dosis de incertidumbre ata o pitido final. 

A lectura é positiva, o equipo segue crecendo. 

Anotaron Ricardo, Javi e MS2

A mantener esta boa dinámica!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

O FEMININO PERDE DOUS PUNTOS NOS DERRADEIROS MINUTOS

Empate agridoce pois cando xa parecía que os puntos en xogo se viñan para O Pote un postreiro gol das locales o impediu. O fútbol foi moi inxusto pois as fenesas foron mellores e merecedoras de sumar os tres puntos en xogo.

Unha bagoa máis e moi importante sumar aunque sexa un so punto demostrando que o equipo está moi vivo.

Anotou a Pichichi Lore (2) que suma xa 18 goliños en 18 partidos xogados.

Seguimos equipo !!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Juanjo Cebolo en www.radiofusion.eu, preme aquí

CON TODO EN CONTRA O FILIAL CAE NO POTE

Derrota do filial nun partido máis competido do que di o resultado. Acierto nulo dos brancos cara portería. 

O peor foi o xusto de efectivos conque o filial afrontou o partido con as baixas de última hora de
Orosa e Samu con problemas de salud dos que desexamos unha pronta recuperación. Agradecer ao xuvenil Martín as facilidades dadas e sumarse a convocatoria do equipo cando en realidade viña simplemente a ver o partido. Gracias Martín e moitos folgos para Samu e Orosa.  

Agora hai duas semanas para recuperar xente! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Chiqui Dopico en www.radiofusion.eu, preme aquí

TRIUNFO CON MOITO SUFRIMENTO PERANTE A SD ÓRDENES

Que partido tan competido e emocionante o disputado na tarde do domingo en O Pote ante un vello coñecido como é a SCD Órdenes equipo que na primeira volta superara aos brancos pola mínimo en Vista Alegre e que hai dúas tempadas fora o verdugo dos brancos na fase de ascenso á Rexional Preferente. 

O partido tivo un tempo para cada equipo, o primeiro de clara cor local con efectividade a maiores onde Pedro erixiuse como un gran protagonista, anotando o primeiro gol e sendo protagonista no segundo cun gran disparo que resolveu o meta visitante aparecendo Adri para mandar o balón ao fondo das redes e para poñer unha vantaxe relativamente cómoda aínda que só na teoría pq na práctica non é así, xa que un gol do outro equipo méteo de lleno no partido. Con clara superioridade branca o partido chegou ao descanso cun relativamente claro (2-0).

El descanso sentó bien a los visitantes que salieron con otra cara e intentó y finalmente logró echar a los blancos para atrás. Pero lo logró básicamente a balón parado más de por juego apoyado en el abultado número de faltas que señaló el Colegiado Martín Aguilar que non dubidou en sinalar calquera contacto nas proximidades da área local, además de un descuento desproporcionado para lo que sucedió no partido, pero bueno el sabrá el porqué...Os visitantes acurtaron distancias cun cabezazo á saída dun córner e a recta final aproveitando a Lei Aguilar sementando a incerteza en cada ataque que foron perfectamente resoltos polo meta e a zaga local. Despois dun interminable desconto o Colexiado deu por finalizado o partido co coñecido (2-1).

Vitoria de moito mérito ante un gran rival que non está a pasar o seu mellor momento a nivel de resultados pero demostrando que é un dos claro favoritos xa non para campeonar que está moi difícil pero se para os postos de privilexio. 

Felicitar ao Maniños que soubo sufrir e administrar ben os goles demostrando unha madurez que lle está permitindo conseguir moi bos resultados e levantarse momentaneamente ao terceiro posto ligueiro.

Parabéns equipo!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMANA (2-3-4) FEBREIRO

PREBENXAMINES (2ª FASE - X04): FC Ortigueira - Cultural Maniños (2) 
BENXAMINES (2ª FASE - X04): Cultural Maniños - Meirás CF "B" (1) 
ALEVÍN "A" (2ª FASE - X04): CD Narón "B" - Cultural Maniños (1)
ALEVÍN "B" (2ª FASE - X04): Cultural Maniños - Club de Campo "C" (1)
INFANTILES (2ª FASE - X06): EF Irmandiños 2 - Cultural Maniños 1
CADETES (2ª FASE - X06): SD Portuarios "B" 6 - Cultural Maniños 1
XUVENILES (2ª FASE - X08): Cultural Maniños 0 - Galicia Mugardos 2
FEMININO (X18): Silva, SD 2 - Cultural Maniños 2 (Lore (2))
VETERANOS (X16): Cultural Maniños 3 (Ricardo, Javi e MS2) - Campanal de Loureda FC 2
AFICIONADOS - 2ª GALICIA (1ª FASE - X19): Cultural Maniños 0 - CD Narón "B" 3
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X21): Cultural Maniños 2 (Pedro e Adri) - SD Órdenes 1

jueves, 1 de febrero de 2024

ADESTRAMENTO DE CARMEN NA SELECCIÓN SUB 12

A Selección Galega SUB 12 tivo un adestramento en la tarde noite de onte en Rois. A boa nova é que entre as elexidas está nosa Carmen Bermúdez, xogadora do Alevín "A". 

fonte: @futgal

O máis importante é disfrutar a experiencia!!! 

Parabéns Carmen!!!

COLABORACIÓN DA CLÍNICA DE FISIOTERAPIA "FACTORÍA DEL BIENESTAR"

Como xa é sabido é moi importante a colaboración das empresas co noso club. Nesta ocasión queremos agradecer a Clínica de Fisioterapia "FACTORIA DEL BIENESTAR", sita en Av. Santa Icia, 15 (Narón) que colabora co noso feminino cunhas magníficas sudaderas. 


Moitas gracias 
FACTORIA DEL BIENESTAR!!!

VICTORIA DO NOSO XUVENIL EN O CADAVAL

Non podemos esquecer a importante victoria dos xuvenís que por fin sumaron un +3. 

Non nos cabe dúbida que todo era gañar un partido para cambiar a mala dinámica do equipo. 


E por fin chegou!!! Agora a por máis!!!  

Parabéns equipo!!! 

GO MANIÑOS