martes, 30 de enero de 2024

SORTEO DA COPA DE FERROLTERRA FEMININA

O pasado xoves celebrouse na sede da Delegación de Ferrol da RFGF o sorteo da Copa de Ferrolterra Feminina con a participación de 8 equipos. O noso equipo terá que visitar Caranza para enfrentarse ao Galicia de Caranza a partido único o 11 de febreiro. 

Caso de superar a eliminatoria de cuartos se enfrentaría ao gañador do SD Discalzas (3ª División) - EF Amistade (1ª División) o 3 de marzo.

A final será o 1 de maio en sede por determinar. 


A por todas equipo!

GO MANIÑOS

lunes, 29 de enero de 2024

DERROTA POLA MÍNIMA DO FEMININO EN SANTA COMBA

Derrota pola mínima no desprazamento ao "Campo A Fontela" de Santa Comba para enfrentarse ao Xallas FC equipo ao que se derrotou no Pote na primeira volta.  

Partido igualado e disputado que se decideu por un solitario gol no ecuador da primeira partido. O Maniños tivo as súas opcións pero sen acerto e neste escenario o gol local decideu o partido.

Non poido ser pero esto sigue!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Diego Rodríguez e Uxía en www.radiofusion.eu, preme aquí

TRIUNFO POLA MÍNIMA DOS VETERANOS

Victoria xusta e traballada do Maniños que non matou o partido e logo e como é a lei do fútbol tocou sufrir ata o final. O problema en cerrar os partidos condiciona moito ao equipo que sen dúbida mereceu un resultado máis folgado.  

Bo partido en líñas xerais... 

Anotaron Ricardo e Mon para os brancos. 

Momento do gol de Ricardo
(Foto: Mercedes Lamas)

Tres puntiños máis ao peto!!!  

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

CHOIVA DE GOLES NA VISITA DO FILIAL A NEDA

Choiva de goles nun partido no que os ataques superaron ás defensa con absoluta facilidade. 

Dende o punto de vista do Filial, se marcas 4 goles a domicilio e saes goleado é que o equipo ten que mellorar moito non, moitísimo a nivel defensivo. 

Anotaron Adrián, Samu (2) e Manu

Víctor en Neda
(Foto: SANDY LÓPEZ)

Partido non para esquecer, partido para aprender dos erros... 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Chiqui Dopico en www.radiofusion.eu, preme aquí

UNHA MOI MALA SEGUNDA PARTE CONDENOU AOS MODESTOS

Non foi o mellor día para o Maniños na súa visita ao "Campo Víctor Fernández Alonso" coñecido tamén polo "Antiga Leyma" onde os brancos despóis dunha aceptable primeira parte diluíronse na segundo e a partir do primeiro gol encaixado desapareceron do terreo de xogo permitindo aos locais do Relámpago, SD de Elviña conseguir unha xusta e folgada vitoria fronte a un Maniños descoñecido. 

Foi un partido de dous partes claramente diferenciadas, na primeira, un mellor Maniños con tres claras ocasións para adiantarse no marcador, tras un saque de esquina o balón chega a David que desmarcado e en inmellorable posición non acerta coa portería. Miragaya moi forzado e no segundo pau remata por encima do porteiro e un disparo de Caio que resolve o meta local cunha boa parada. Nestes 45 primeiros minutos os locais só se achegaron cun forte disparo que resolve o debutante Pablo. (0-0) e o partido ao tempo de lecer. 

Intre do partido

Na segunda saíu mellor e máis enganchado o equipo local pero sen xerar ocasións de gol. No minuto 67 un disparo afastado sorprendeu a
Pablo poñendo o (1-0) e a partir de aí o equipo non reaccionou quedando a mercé dun equipo local que ampliou a vantaxe con dous goles máis, o último coincidindo co final do partido. (3-0) final e derrota clara á que poucas obxecións pódeselle facer. 

Toca pasar páxina e pensar no próximo partido ante un dos favoritos da categoría, a SD Órdenes un equipo que como o Maniños non está a pasar o seu mellor serie de resultados e que na primeira volta derrotou aos brancos que sen dúbida mereceu sacar algo positivo da súa visita a "Vista Alegre".

Este mal resultado non pode empañar a excelente tempada que se está a facer. Testas erguidas e como dice o refrán "non choveu que non escampara..."

Seguimos moi vivos!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMANA (26-27-28) XANEIRO

PREBENXAMINES (2ª FASE - X03): Cultural Maniños - Cedeira, SD "B" (1) 
BENXAMINES (2ª FASE - X03): CD As Pontes "B" - Cultural Maniños (1) 
ALEVÍN "A" (2ª FASE - X03): Cultural Maniños - SD O Val (2)
ALEVÍN "B" (2ª FASE - X03): CD Cariño -  Cultural Maniños (Aprazado - se xogará o día 10 de febreiro, 12:00 H)
INFANTILES (2ª FASE - X05): Cultural Maniños 13 - Galicia Caranza 2 
CADETES (2ª FASE - X05): Cultural Maniños 2 - SD Ánimas 0 
XUVENILES (2ª FASE - X07): CD Narón 3 - Cultural Maniños 6 (Romero (2) Gonzalo, Samu, Yerai e Lucas)
FEMININO (X17): Xallas FC 1 - Cultural Maniños 0
VETERANOS (X15): Cultural Maniños 2 (Ricardo e Mon) - Oseiro Clickfer Arteixo 1
AFICIONADOS - 2ª GALICIA (1ª FASE - X18): SDR Neda 9  - Cultural Maniños 4 (Adri, Samu (2) e Manu)
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X20): Relámpago, SD 3 - Cultural Maniños 0

A NOSA ALEVÍN CARMEN CONVOCADA PARA UN ADESTRAMENTO DA SELECCIÓN GALEGA

Unha moi boa nova se recibeu no Cultural Maniños este sábado 27 e foi a convocatoria para un adestramento coa Selección Galega SUB 12 da nosa xogadora do Alevín "A", Carmen Bermúdez

O adestramento será no Campo da Braña (Rois) o próximo mércores 31 as 16:30 H.

Sen dúbida un orgullo para toda a Familia branca!!!

Carmen, a disfrutar moito a experiencia!!!

martes, 23 de enero de 2024

O GOL DOS VETERANOS EN QUEIXAS

Non sirveu para sumar nada da visita dos veteranos ao Campo As Tinajas (Queixas) pero hai queda o gol anotado por Mato e que puso as momentáneas taboas no marcador.


A seguir traballando equipo!!!

GO MANIÑOS

NOVAS CONVOCATORIAS DAS SELECCIÓNS DE FERROLTERRA

Nova convocatoria nas diferentes categorías das seleccións de fútbol base de Ferrolterra. De novo xogadores do Club nas listas.

Os convocados foron:

SUB 11 FEMININA
Carmen Bermúdez

SUB 11 MASCULINA
Ángel Mesa

Como xa se comentou, das diferentes convocatorias saldrá a selección definitiva.

Moita sorte rapac@s pero sobre todo a disfrutar da experiencia!

GO MANIÑOS

lunes, 22 de enero de 2024

DERROTA DO VETERANO NA DERRADEIRA XOGADA

Un gol na derradeira xogada do partido impideu aos brancos acadar un puntiño de su visita a Queixas. Un gol que non pode empañar o gran traballo e entrega do equipo aunque non chegou ante un dos bos equipos da liga e que no partido de ida fixo un espectacular partido.

Anotou Mato para o Maniños

Juancho nun intre do partido
(Foto: Mercedes Lamas)

A seguir traballando e afrontar con forza o seguinte partido xa no Pote ante o Oseiro

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

O FILIAL CAE CON HONRA ANTE O LÍDER

Derrota do filial ante o gran favorito da competición presentando batalla e loitando ao máximo das súas posibilidades. O Numancia demostrou o porque de su liderato.


Entrega total polos brancos, non se pode pedir máis !!! 

Gol olímpico de Víctor a todo un David de Navas, ex portero del Racing de Ferrol.

Seguimos traballando!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

A FALTA DE ACERTO CONDENA AO FEMININO

A falta de acerto condenou as blancas nun partido en que ocasións foron locales e a efectividade visitante. Ocasións claras que non se foi capaz de aproveitar. A semana pasada caiánse os goles, esta non se estivo acertado na definición. 

Así é o fútbol, hai que dominar as áreas para gañar partidos e aí as visitantes foron mellores. 

Intre do partido

A seguir!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

EMPATE DOS MODESTOS NUN COMPETIDO PARTIDO

Escaparon dous puntos de O Pote na recta final do partido e cando máis controlado estaba, cando parecía que os visitantes xa non chegaban con claridade pero unha xogada pola banda dereita segundo ataque do Orillamar finalizou cun gran remate de cabeza ao que non puido responder Mateo. Unha pena pero sendo realistas o resultado pódese considerar xusto. O Orillamar é un equipo que lle ten tomada a medida aos brancos. Xa na tempada pasada derrotaran aos feneses por (0-3) e na Torre sacouse un agónico empate. Esta tempada derrota a pés da Torre de Hércules e o empate deste domingo... Non se da nada ben a escuadra herculina. 

O Orillamar saíu ao campo para presionar arriba e durante un bo tramo de partido tivo máis posesión de balón sen xerar grandes ocasións. Os brancos fóronse aos poucos sacando o dominio sen tampouco grandes opcións, pero hai apareceu Miragaya que fixo una fenomenala xogada con centro desde a esquerda segundo o ataque local para entrar Pedro como un killer e cabecear dunha maneira inapelable ao fondo das redes. (1-0) que veu moi ben aos brancos para asentarse no campo e sen ningunha xogada máis reseñable chegouse ao descanso. 

A segunda parte comezou con iniciativa visitante pero sen xerar ocasións claras de gol máis aló da incerteza propia dos balóns parados, saques de esquina e faltas laterais pero aí os brancos mantivéronse firmes. Pola súa banda o Maniños buscou unha xogada rápida para sentenciar a partido cousa que non logrou e cando parecía que os visitantes baixaban no seu empeño chegou o empate. De aí ao final estivo máis preto o (1-2) que o (2-1) mesmo nunha xogada media estraña precedida dun bote neutral como consecuencia dun choque entre cabezas de dous xogadores un xogador visitante plantouse diante de Mateo pero afortunadamente para os intereses brancos precipitouse na definición e o meta local resolveu a acción. Pouco despóis o Colexiado sinalou o final do partido. (1-1) final e resultado xusto. 

Co asubío final chegou o máis desagradable do partido pois Christian un dos xogadores implicados no choque de cabezas do que se fixo referencia antes sentiuse mal e ao non recuperarse procedeuse a chamar aos servizos médicos que o trasladaron ao Hospital Juan Cardona onde descartaron calquera fractura ou lesión de cualqueir índole marchando ao seu domicilio. Ánimo Chris e a recuperase ben !!!

Un punto para cada equipo e o Maniños xa suma 34 e segue no bloque de arriba que está moi compactado, coa SD O Val por libre e a continuación Boimorto, Olímpico, Sporting Meicende, Órdenes e Maniños en dura pugna pola segunda posición. Queda unha apaixonante segunda volta por diante!!!

A recuperar xente e seguir na mesma línea !!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMANA (19-20-21) XANEIRO

PREBENXAMINES (2ª FASE - X02): CD As Pontes "B" - Cultural Maniños (2) 
BENXAMINES (2ª FASE - X02): Cultural Maniños - Galicia Caranza "C" (2) 
ALEVÍN "A" (2ª FASE - X02): Cultural Maniños - Racing San Pedro (2)
ALEVÍN "B" (2ª FASE - X02): SDR Neda "B" - Cultural Maniños (1)
INFANTILES (2ª FASE - X04): CD As Pontes "B" 1 - Cultural Maniños 5 
CADETES (2ª FASE - X04): DESCANSAN
XUVENILES (2ª FASE - X06): Cultural Maniños 3 (Romero, Valles e Carlos) - SD Libunca 3
FEMININO (X16): Cultural Maniños 0 - Sporting Meicende 2
VETERANOS (X14): SD San Martiño 2 - Cultural Maniños 1 (Mato)
AFICIONADOS - 2ª GALICIA (1ª FASE - X17): Cultural Maniños 1 (Víctor) - Numancia 5
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X19): Cultural Maniños 1 (Pedro) - Orillamar, SD 1

XOGADOR@S DA BASE CONVOCADOS POR LA SELECCIÓN DE FERROLTERRA

Vari@s xogador@s da base están a acudir aos primeiros adestramentos (habrá varias convocatorias) cos diferentes combinados de Ferrolterra que dará lugar á selección definitiva que defenderá á nosa comarca nos campionatos galegos.

Os convocados foron:

SUB 11 FEMININA
Carmen Bermúdez
Lía Bouza


SUB 14 FEMININA
Manuela Bermúdez

SUB 11 MASCULINA
Ángel Mesa

Como xa se comentou antes, das diferentes convocatorias saldrá a selección definitiva.

Moita sorte rapac@s pero sobre todo a disfrutar da experiencia!

GO MANIÑOS

lunes, 15 de enero de 2024

TRIUNFO SUFRIDO DOS VETERANOS

Partido moi disputado e con moita emoción ata o final o que se xogou na mañana do domingo no Pote ante un bo rival, o Marino CF de Mera que na primeira volta goleou aos brancos por (4-0).  

Nesta ocasión foi determinante a boa efectividade dos brancos o que sirveu para encarrilar o partido e sumar os tres puntos en xogo dentro dun partido marcado pola igualdade sen un claro dominador.

Gol de Mon para cerrar o partido
(Foto: Mercedes Lamas)

Anotaron
Ricardo, Javi, MS2 e Mon

A situación e que se está a 7 puntos dos tres primeiros clasificados e con 15 por xogar. Mentras as matemáticas no digan o contrario hai que seguir loitando ata o final.

Seguimos vivos!!! 

Parabéns equipo!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

VICTORIA CLARA E CONTUNDENTE DO FEMININO

Gran e necesario triunfo do feminino nun bo partido onde aparte de practicar un fútbol atractivo, xeneraronse moitas ocasións de gol. Este resultado aumenta a confianza para afrontar unha apaixoante segunda volta ligueira. Dada la superioridade amosada polas brancas neste partido pódese catalogar o resultado como curto.

Anotaron Pau, Lore (3), Tensi e Noelita (2)

Partido xogado baixo unha absoluta deportividade.

Intre do partido

Parabéns equipo!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Juanjo Cebolo en www.radiofusion.eu, preme aquí

FORTE DERROTA DO FILIAL EN VILABOA

Derrota sen contemplacións ante un bo e traballado rival más adaptado a herba natural sin que sirva esto de excusa ao xusto triunfo local.

De novo moitas baixas sobre todo en defensa que lastraron ao equipo. É un problema que urge arranxar.

Non queda máis que felicitar ao rival e seguer traballando para mellorar. 

Testas arriba equipo!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Chiqui Dopico en www.radiofusion.eu, preme aquí

EMPATE DOS MODESTOS EN CAMBRE NUN DISCRETO PARTIDO

Partido pouco vistoso o que se disputou na tarde do domingo no "Dani Mallo" de Cambre e que enfrontou ao Sporting e ao Maniños e onde e a diferenza do partido da primeira volta onde houbo 6 goles nesta ocasión non se abriu o marcador e tampouco houbo moitas (por dicir algo) ocasións para que esto sucedese. O Sporting Cambre é un equipo que sen dúbida ocupa unha posición na táboa que non corresponde ao equipo que ten nin á súa proposta futbolística polo que sen dúbida irá para arriba porque compite ante calquera rival e en calquera campo.

No que é o partido en se, foi moi igualado sen un gran dominador aínda que tivo máis o balón o equipo local que tentou contrarrestar o xogo do Maniños desde a posesión pero sen ser un claro dominador nin posuír grandes ocasións. O Maniños pola súa banda defendeu con orde, non pasou por grandes situacións de apuro pero non estivo fino nos labores de creación e aínda que xerou algún acertamiento non tomou decisións acertadas nos metros finais. Con este panorama que durou todo o partido xa que o único que cambiou do primeiro ao segundo tempo foi o sentido do ataque, o partido non podía dirixirse a outra cousa diferente que ao empate inicial. E así foi (0-0) resultado xusto e un punto para cada equipo. 

Un punto e xa son 33 o que permite ao equipo manter posicións de privilexio e manténdose no grupo cabecero perseguidor do intratable líder, SD O Val. Nestes momentos estase a un punto do segundo clasificado, Boimorto CF, co que non se lle pode poñer ningún pero á tempada a nivel clasificatorio.

Hai que manter a "media inglesa" facendo bo este punto o que se conseguirá se se suman os tres puntos ante o Orillamar, SD próximo rival dos brancos en O Pote, un equipo que ten tomada a medida aos brancos nos últimos enfrentamentos polo que haberá que dalo todo para superar ao bo equipo coruñés. 

Bo traballo equipo!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adri Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMANA (12-13-14) XANEIRO

PREBENXAMINES (2ª FASE - X01): Cultural Maniños - Club de Campo (X) 
BENXAMINES (2ª FASE - X01): SD Portuarios - Cultural Maniños (1) 
ALEVÍN "A" (2ª FASE - X01): Club de Campo - Cultural Maniños (1)
ALEVÍN "B" (2ª FASE - X01): Cultural Maniños - AD Miño (2)
INFANTILES (2ª FASE - X03): Cultural Maniños 4 - CD Narón "B" 2
CADETES (2ª FASE - X03): Eume "B" 2 - Cultural Maniños 0
XUVENILES (2ª FASE - X05): DESCANSAN
FEMININO (X15): Cultural Maniños 7 (Pau, Lore (3), Tensi e Noe (2)) - SD Santiso 1
VETERANOS (X13): Cultural Maniños 4 (Ricardo, Javi Pedreira, MS2 e Mon) - Marino CF 2
AFICIONADOS - 2ª GALICIA (1ª FASE - X16): CD Rosalía 5 - Cultural Maniños 0
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X18): Sporting Cambre 0 - Cultural Maniños 0

lunes, 8 de enero de 2024

O FEMININO NON PODER PUNTUAR NA CASA DO LÍDER

Derrota das nosas que acudiron moi xustas de efectivos ao partido con só dous cambios. 

Se intentó xogar como sempre pero o líder da competición foi mellor e aproveitó con efectividade as súas opcións. 

Nada que obxetar a derrota e agora toca pasar páxina e preparar a seguinte contenda ante un rival directo como é o UD Santiso

Anotou Tensi

Seguimos!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Juanjo Cebolo en www.radiofusion.eu, preme aquí

UN FILIAL EN CADRO CAE CON HONOR NA PISCINA

Derrota ante un dos mellores equipos da competición o CF San Sadurniño, clasificado en tercera posición y con grandes posibilidades de jugar la fase de ascenso a 1ª Galicia.

Partido ao que non se pudo chegar nas mellores condicións debido a múltiples circunstancias, Covid, outros cadros médicos, lesións, viaxes, etc.  4 xuvenis de primer ano reforzaron a un equipo baixo mínimos. 

A maiores 60 minutos con 10 xogadores por unha decisión moi protestada polo Maniños o que marcou o devenir do encontro.

Parabéns polo esforzó! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Chiqui Dopico en www.radiofusion.eu, preme aquí

TRES BOS PUNTOS EN LARACHA PARA EMPEZAR O ANO

Primeiro partido do ano 2024 que se saldou cun gran triunfo na Laracha nun partido ao que se acudiu só con 13 xogadores do primeiro equipo (7 ausencias) completando a convocatoria 4 xogadores do filial caendo por enfermidade un deles desprazándose finalmente 16 xogadores. Superando as adversidades ditas o equipo conseguiu manter a boa dinámica que fai que o equipo leve 5 vitorias consecutivas que o aúpan a unha espléndida terceira posición finalizando a primeira volta. E que siga así por moito tempo.

O partido tivo varias fases despóis dun principio igualado, os brancos fóronse facendo co partido desperdiciando algunha oportunidade clara. Foi Christian cun lanzamento de falta afastado. Pouco despóis o propio Christian cabeceou ao fondo das redes e libre de marca nunha nova xogada a balón parado. (0-2) e o partido estaba moi encamiñado. Case de inmediato produciuse unha xogada clave que de feito marcou o dvenir do partido, penalti e expulsión dun xogador visitante. a máxima pena foi errada polos brancos no que podóia ser o terceiro gol entrando o partido nun momento de crispación con dous expulsados máis polos locais (xogador e adestrador) e cunha sensación de descontrol manifesto e onde os visitantes debían manterse á marxe da situación. De feito nos últimos 10  minutos da primeira parte non se xogou absolutamente nada. (0-2) e ao descanso.

O escenario da segunda parte era de 11 contra 9 e o Maniños non estivo ben, non soubo ler ben a situación e caeu en numerosas precipitacións entrando no xogo anárquico dos locais que a partir de balóns en longo xeraron inquietude na zaga branca. Así nunha xogada na área blanza penalti e expulsión por dobre amarela de David que permitiu aos locais meterse no partido. Acoso dos locais con máis corazón que cabeza e xa nos instantes finais Gonza de novo a balón parado puxo o definitivo (1-3).

Tres puntos de ouro e xa se acumulan 32 o que está moi ben deixando os postos de abaixo a 20 puntos e dando boas sensacións para afrontar a segundo volta. Esperemos prolongar esta boa dinámica. Non vai ser fácil... Por tanto empeza a segunda volta coa visita a Cambre ante o Sporting, un equipo que no primeiro partido de liga deu unha boa imaxe en O Pote arrincando un empate (3-3) nun entretido partido.

Parabéns equipo!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMANA (5-6-7) XANEIRO

FEMININO (X14): Atlético San Pedro 5 - Cultural Maniños 1 (Tensi)
AFICIONADOS - 2ª GALICIA (1ª FASE - X15): CD San Sadurniño 4 - Cultural Maniños 0
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X17): Laracha CF 1 - Cultural Maniños 3 (Christian (2) e Gonza)