Visitaba O Pote o pechacancelas da competición un Xuventude Crendes pouco realizador pero con resultados en liñas xerais axustados con moitas derrotas pola mínimo e con un resultado rechamante como foi a súa vitoria nos Pinares ante os veciños do CCRD Perlío polo que o partido presentábase con optimismo pero con moita cautela ao mesmo tempo.
E o partido tivo un só guión, os de Abegondo pechados atrás prácticamente no seu campo e un Maniños que necesitaba atopar a forma de "abrir o melón" pois os brancos non estiveron aao longo dos 90 minutos excesivamente inspirados sen xerar excesivas ocasións de gol (ningunha na primeira parte) e cos visitantes esperando unha contra, un fallo defensivo local ou quizais un balón parado para adiantarse no marcador e quen sabe se poder levarse os tres puntos en xogo.
Pedro nun intre do partido (Foto: SANDY LÓPEZ) |
E foi case no ecuador da segunda parte cando despois de que xa se os brancos merodearan a área visitante con algunhas ocasións desperdiciadas por falta de puntería ou malas decisións cando un dos defensas con máis gol da liga, David Vidal, anotou cun disparo raso ao aproveitar un despexe do meta visitante. De aí ao final co Crendes tentando o empate, apareceron as ocasións brancas e así Hugo no segundo pau tras un sensacional centro desde a banda dereita só tivo que empuxar o balón ao fondo das redes. Era o (2-0) que sentenciaba o partido e que permitía ao Maniños vivir con relativa tranquilidade o final e gozar dunha xusta vitoria.
Jose Ángel subindo o balón (Foto: SANDY LÓPEZ) |
Tres puntos que permiten despedir o 2023 cunha brillante terceira posición na táboa só superados por SD O Val e SDC Órdenes. Agora a gozar e desconectar nestas festas do Nadal e a partir do 2 de xaneiro a preparar o último da primeira volta en Laracha.
Parabéns equipo!!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí