Que o Maniños é un Club sen sorte nos momentos craves é sabido por todos, pero se hai un equipo que o simboliza é o filial desta tempada sobre todo nesta 2.ª fase onde encaixou goles decisivos nos últimos instantes e mesmo co Eume "B" por segunda vez (xa en fase de grupos) aínda que este caso determinante para irse á prórroga cando o partido parecía que se viña para O Pote.
O partido en se foi entretido, disputado e con oportunidades para ambos lados. Cristofer adiantou aos brancos mediada a segunda parte e o ex xogador branco, Aike Cachafeiro puxo as táboas no desconto. Ningún dos dous equipos foi capaz de romper o empate na prórroga e chegouse á quenda de penaltis e aí os locais estiveron máis acertado cun (4-2) favorable nesta sorte...
Os penaltis son unha lotería e nesta ocasión saíu cruz...o fútbol é así...
Felicitar ao Eume "B" e desexarlles moita sorte nesta recta finalde a tempada.
Non puido ser pero balance moi positivo na recta final da tempada tendo en conta todas as dificultades que pasou este equipo. Non obstante que a árbore non nos tape o bosque porque en breve toca unha profunda reflexión sobre esta tempada e facer unha profunda autocrítica por parte de todos!!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Michel Rodríguez en www.radiofusion.eu, preme aquí