lunes, 15 de mayo de 2023

BRILLANTE VICTORIA DO FEMININO NA GRELA

Gran final de tempada do noso equipo feminino que competiu en todos e cada un dos partidos que disputou aínda que quizais a clasificación foi un tanto inxusto con elas cun definitivo 8.º posto final con 36 puntos pero sobre todo con moi boas sensacións. A sensación de melloría reflíctese cando as prestacións ante rivais que foron mellores na primeira volta agora estáselles competindo mellor o que indica que o camiño que se iniciou na pretemporada, alá polo mes de setembro empeza a dar os seus froitos.

Silva, SD, Cultural Maniños e árbitra,
xuntas contra a violencia 

O partido comezou co
Maniños mandando no marcador co primeiro dos tres goles que anotou Lore. Pronto as locais empataron ao transformar unha máxima pena. Cando se estaba a piques de chegar ao tempo de descanso as brancas adiantáronse de novo por mediación de Lore poñendo o (1-2) resultado con que finalizou esta primeira metade. O comezo da segunda metade foi moi fructifero para as brancas con dous penaltis transformados por Cris e xa na recta final do partido de novo anotou Lore asinando o seu "hat trick" (25 goles en 21 partidos) e deixando o resultado definitivo de (1-5). Vitoria xusta das brancas ante o potente Silva, SD nun campo tan recoñecido como A Grela chamado tamén na Coruña como "A Catedral".


Felicitar ao Atletico San Pedro de Nós (Oleiros) que se proclamou dunha maneira brillante Campión de Liga de 2.ª División Galega - Grupo 1

E agora a esperar o sorteo das eliminatorias de permanencia dada a restructuración das categorias ante o crecemento do puxante fútbol feminino. 

Sorte mozas e a por todas!!! 

Parabén pola excelente tempada do debut en Fútbol 11 !!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Juanjo Cebolo en www.radiofusion.eu, preme aquí