sábado, 30 de agosto de 2025

SÁBADO DE PARTIDOS PARA O MODESTO E FILIAL

Último partido de pretempada para o Cultural Maniños, que recibe ao Cedeira, SD nun novo test antes do comezo da competición oficial.

Unha boa ocasión para seguir sumando minutos, acoplando o equipo e coller ritmo de cara á liga.


Por outra banda, novo test para o filial, que visita ao ACRD A Capela nos Calzados nun encontro perfecto para seguir sumando minutos, gañar confianza e coller ritmo de cara ao inicio da liga  Vamos equipo!!!


GO MANIÑOS

DERROTA DO FEMININO NO SEU PRIMEIRO PARTIDO DE PRETEMPADA

As nosas xogadoras competiron moi ben, ainda que foron de máis a menos, algo normal nestas alturas de pretempada ante un bo rival.


Queda moito por mellorar, pero cada encontro serve para seguir medrando como equipo.

O camiño é longo, e este só é o principio. 

GO MANIÑOS

viernes, 29 de agosto de 2025

HOXE DEBUTAN AS NOSAS GUERREIRAS

 As nosas guerreiras reciben no Pote ante o C.D. Cariño no primeiro partido de preparación para elas.


Un encontro para seguir medrando, collendo ritmo e reforzando a ilusión dun equipo que non deixa de dar pasos adiante.

Que non falte o apoio da nosa xente!. 

GO MANIÑOS

DERROTA NOS INTRES FINALES DOS MODESTOS ANTE UN GRAN RC DEPORTIVO XUVENIL

Boas sensacións ante un rival de máximo nivel, nun partido que deixou un O Pote cheo e un ambiente de fútbol de quilates.

Os nosos rapaces responderon á perfección, facendo un enorme traballo colectivo e demostrando que este equipo ten moito que dicir.

Grazas á afección polo apoio constante, sodes a nosa forza! 

Grazas tamen o RC Deportivo pola visita e o trato, un luxo!!!

GO MANIÑOS

miércoles, 27 de agosto de 2025

HOXE NOS VISITA O RC DEPORTIVO DA CORUÑA XUVENIL

EMPATE DO FILIAL NO SEU DEBUT EN MANDIÁ

Primeira toma de contacto do Filial, que  deixou boas sensacións nun partido moi competido ante o Mandía CF.


Gol de
Marcos para adiantar aos nosos na primeira parte. Na segunda chegou o empate local, deixando o marcador final nun (1-1).

A seguir traballando !!!

GO MANIÑOS

DOBLE DERROTA DOS VETERANOS EN VALDOVIÑO

Debut dos nosos veteranos con doble derrota en el Torneo Concello de Valdoviño celebrado en Mourente.

Con partidos de 45 minutos o equipo de Nono perdeu no seu debut ante o anfitrión SD Valdoviño por (2-0) e no partido polo terceiro e carto posto derrota pola mínima ante o CD Estrella A Solaina.

Boas sensacións pese as dúas derrotas e agora a seguir traballando.

Vamos equipo!!!

GO MANIÑOS

PRIMEIRA DERROTA DO MODESTO ANTE O RACING FERROL XUVENIL

Novo partido de pretempada. Nesta ocasión visitou O Pote o Racing de Ferrol Xuvenil recientemente ascendido a División de Honra. 


Bo test e victoria dos rapaces verdes por (1-3) que demostraron que poden facer un bo ano. 

E os nosos a recuperar xente e por favor no máis marcados!!!

GO MANIÑOS

jueves, 21 de agosto de 2025

A SEGUINTE ETAPA NO MODESTO, O RACING FERROL XUVENIL DE DIVISIÓN DE HONRA

 

SUSPENDIDO O PARTIDO DO FILIAL EN CABANAS

Por razones de forza maior e alleas ao Cultural Maniños, o partido previsto para o noso filial queda suspendido ata novo aviso.


Agradecemos a comprensión de todos/as.

BO TEST ANTE UN COMBATIVO SANTABALLÉS

Gran traballo do equipo, que amosou carácter, intensidade e pegada dende o primeiro minuto. 


Seguimos collendo confianza e sumando ilusión nesta tempada

Dende aquí desear sorte ao CD Santaballés nesta tempada!!!

GO MANIÑOS

martes, 19 de agosto de 2025

HOXE NOVO TEST DE PRETEMPADA, VISITANOS O CD SANTABALLÉS

Un novo partido para seguir collendo ritmo, gañar confianza e continuar co traballo de posta a punto . Outra pedra de toque para achegarnos cada vez máis ao noso máximo nivel.

Hoxe visita O Pote un equipo da Provincia de Lugo, o CD Santaballés da Primeira Futgal Grupo 3.

Agardámoste para animar ao equipo!!!

GO MANIÑOS

XURXO RODRÍGUEZ NOVO ADESTRADOR DO FEMININO

Dámoslle a benvida a Xurxo Rodríguez, novo adestrador do noso equipo feminino.

Chega con moita ilusión e con ganas de darlle un xiro ao equipo, aportando compromiso e traballo dende o primeiro día.

Tras unha etapa en Canarias por motivos laborais, regresa á súa terra, fenés de Limodre, para poñerse á fronte do proxecto 25/26.
Benvido á familia, Xurxo!!!

GO MANIÑOS

NOVO TEST DE PRETEMPADA ANTE O IMPERATOR OAR

Boa posta de longo en O Pote, cun triunfo por (2-1) diante da nosa afección.  Os goles foron acadados por Santi e Hugo  O equipo segue collendo ritmo e sensacións positivas de cara ao que vén.


O encontro de hoxe sirveu de homenaxe a D. Juan Luis Vilamisar, presidente do Imperator OAR recentemente fallecido. Juan será recordado como un home bo, querido e respetado por tod@s 


Antes do inicio do encontro gardouse un respetuoso minuto de silencio e os capitáns intercambiaron agasallos. 

Non te esqueceremos Juan!!! 

Sempre con nos!!!

miércoles, 13 de agosto de 2025

FICHAJE 25/26 – VETERANOS - ADRi´N GÓMEZ VOLVE A CASA

De volta á súa casa...

Adrián Gómez regresa ao Maniños de veteranos para poñer na portería branca.


Gran traxectoria
, chega para aportar experiencia e seguridade ao equipo. Seguro baixo paus, dominador do xogo aéreo e bo co balón nos pés. Benvido de novo!!!

GO MANIÑOS

RESUME CONTINUIDADES E BAIXAS DOS VETERANOS CARA A TEMPADA 2025/26

Tomando como referencia a plantilla da tempada 2024/25 o resume das continuidades dos xogadores e das baixas confirmadas de cara ao presente curso queda así:

CONTINUIDADE;

  1. Walter
  2. Fede
  3. David Montero
  4. Juancho
  5. Juanma
  6. Isma
  7. Rubén
  8. Raúl
  9. Mauri
  10. David Coira
  11. Rober Moreda
  12. Michu
  13. Javi Pedreiras
  14. Javi Rico
  15. Ricardo
  16. Ramón
  17. Karranza
  18. Mato

BAIXAS

  1. Jaime Montero (Delegado)
  2. Marcos Amieiro
  3. David Casas
  4. Mon Fernández
  5. David Deus
  6. Adrián Rodríguez
  7. Aitor Regueiro
  8. Sergio Blanco

Agradecer aos xogadores que continúan a súa confianza en nos e a aposta polo noso equipo. E a todos los compañeiros que abandonaron o Club desexarlles moita sorte a nivel persoal como nos seús novos proxectos deportivos recordandolles que Maniños e O Pote é a súa casa.

GO MANIÑOS

DERRADEIRAS RENOVACIÓNS NOS VETERANOS

Derradeiras renovacións dos equipo veterano 2025/26. 
  • Javi Pedreiras
  • Javi Rico 
  • Ricardo
  • Ramón
  • Karranza
  • Mato






Moita sorte chicos e a disfrutalo!!! 

GO MANIÑOS

MÁIS RENOVACIÓNS DOS VETERANOS

Mais renovacións dos equipo veterano 2025/26. 
  • Mauri 
  • David Coira 
  • Roberto Moreda 
  • Michu 




Moita sorte chicos e a disfrutalo!!!

GO MANIÑOS

SEGUIMOS COAS RENOVACIÓNS DOS VETERANOS

Seguimos coas renovacións dos veteranos de cara a tempada que está comenzando.
  • Juanma 
  • Isma 
  • Rubén 
  • Raul 




Moita sorte chicos e a disfrutalo!!! 

GO MANIÑOS

lunes, 11 de agosto de 2025

PRIMEIRAS RENOVACIÓNS NOS VETERANOS

Comezamos coas renovacións dos nosos veteranos e hoxe toca anunciar dunha tacada a continuidade de:

  • Walter
  • Fede
  • David
  • Juancho





Compromiso, traballo, garra e bo ambiente seguirán sendo sinais de identidade do noso equipo de veteranos.

Xuntos, a por máis momentos inesquecibles dentro e fóra do campo!

GO MANIÑOS!

NOVO RUMBO PARA OS VETERANOS

Arranca a tempada 25/26 e facémolo cunha novidade importante: José Antonio Ledo "Nono" será o novo entrenador dos Veteranos, e por tanto convértese no capitán do barco Maniñés.
Chega con moita ilusión e enerxía para guiar á nosa tripulación branca ⚪ cara a novos retos, compañeirismo e grandes momentos.

O barco xa leva as velas despregadas… e o capitán Nono está listo para levarnos a bo porto.

GO MANIÑOS

domingo, 10 de agosto de 2025

GALEÍA DE IMAXES DA SEGUNDA EDICIÓN

Por segundo ano consecutivo… o trofeo queda na casa! 💪🤍



Noraboa!

GO MANIÑOS!

A II EDICIÓN DO TROFEO CONCELLO DE FENE VOLVE PARA O POTE

Fin de semana chea de fútbol para o noso club, con esforzo, compromiso e moita paixón por parte de todos os equipos.

Seguimos medrando xuntos, con orgullo e sentimento branco 🤍

Grazas o SD Barallobre, CCRD Perlío e Concello de Fene por esta gran tarde de fútbol. ¡Moita sorte nesta tempada!

sábado, 9 de agosto de 2025

HOXE DISPUTASE A II EDICIÓN DO TROFEO CONCELLO DE FENE

Hoxe disputase a II Edición do Trofeo Concello de Fene no Campo de Fútbol do Ramo en Barallobre. 

O orden dos partidos é:
18:30 H. Maniños - Perlío (*)
19:30 H. Perdedor (*) - Barallobre
20:30 H. Ganador (*) - Barallobre 

Pásate e disfruta da festa do fútbol fenés!!!

viernes, 8 de agosto de 2025

ABONOS CULTURAL MANIÑOS 25/26 - ¡TI ES O NOSO NÚMERO 12!

O fútbol faise na grada tanto como no campo. Esta tempada, en Preferente, necesitamos máis ca nunca o teu apoio. Faite socio e forma parte da nosa historia.


📌 PREZOS:

🔹 Abono Individual – 40 €

🔸 Abono Familiar – 50 € (inclúe parella e fill@s)

Porque aquí non se anima, séntese.
Porque en Maniños o fútbol vai no corazón.

📍Punto de inscrición: Campo de Fútbol O Pote

📱 Máis info: 

☎️ 626 34 79 11 - 619 04 47 15  
✉️ culturalmaninhos@yahoo.es