Nova derrota do veterano, esta vez por 6 a 3 e fronte ao Hércules.
Partido de novo complicado para os do Pote, que a pesar das boas intencións e as ganas de cambiar a dinámica, atopáronse cun 3 a 0 no marcador en tan só 18 minutos, demasiado...
A pesar diso, o Maniños non se rendeu e foi quen de marcar 3 goles que o achegasen a un resultado positivo, non sen antes encaixar o 4 en contra.
4 a 3 ao descanso e boas sensacións finais, que facían presaxiar un segundo tempo máis tranquilo.
Non sería o caso; Outros 10 minutos de desconexión branca penalizaron demasiado e dous goles máis en contra afundiron a moral, xa tocada, dos maniñeses...
Tocaba remar de novo.
A partir de aí, os de ou Pote, con máis corazón que cabeza, tentaron achegarse no marcador en innumerables ocasións, pero nada parecía xogar a favor deles.
As présas son malas amigas do bo fútbol e a pesar das boas intencións, nada saíu como esperaban brancos e o partido foise apagando aos poucos.
O 6 a 3 xa definitivo volve golpear aos veteranos, que deberán refacerse e agarrarse aos bos minutos xogados en en varias fases do partido e loitar máis que nunca para voltear unha situación incómoda.
Acta do partido en www.futgal.es, pulsa aquí