O fútbol é de dinámicas e nestes momentos o Maniños está a pasar unha negativa con tres derrotas consecutivas e con malas sensacións como o feito de non marcar ningún gol e encaixando 9 goles. Pero tamén se sabe que estas malas series non son eternas e o que necesita o equipo urxentemente é gañar un partido e reverter a situación. E isto vai suceder..
Intre do partido
.Empezou mellor o Oíimpico con máis control do balón e máis chegadas á portería branca pero unha xogada puido cambiar o partido, a expulsión dun xogador dos visitantes ao derrubar a Christian cando se ía só cara portería. A partir de aí dominio do balón branco co partido controlado pero unha perda de balón permitiu aos de Culleredo montar unha rápida contra e cun disparo ao bordo da área poñer o (0-1). O equipo baixo de moreira polos continuo reveses non encaixou ben o gol non sendo capaz de reaccionar ata o descanso ao que se chegou co resultado coñecido.
A segunda parte foi dun asedio total dos brancos cun Olímpico ben ordeado. O equipo estivo espeso, pouco preciso sen ser capaz de xerar o suficiente para poñer en perigo a meta visitante. E en ese xogo de atacar máis co corazón que coa cabeza unha nova indecisión defensiva acabou en penalti que transformado polos visitantes puxo o definitivo (0-2). De aquí ao final o Maniños seguiuno tentando pero non foi quen pese sa os seus intentos de recortar distancias. Sen máis o partido finalizou e os tres puntos fóronse para Culleredo.
Agora é cuanto máis unidos tense que estar e continuar co bo traballo que se está facendo. Adrián o resto do Corpo Técnico e a plantilla demostrou sobradamente que son moi capaces e moi válidos.
Cabezas erguidas!!!
Seguimos equipo!!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí