Blog do Cultural Maniños, SD equipo de 1ª Galicia e que na tempada 2022/23 ten 9 categorías e 11 equipos de fútbol: Aficionados A y B, Feminino, Xuvenís, Cadetes, Infantiles, Alevíns A y B, Benxamines, Prebenxamines e Veteranos.
domingo, 29 de diciembre de 2024
PITU, GRACIAS POR TODO
Aunque tarde, non podiamos deixar pasar o feito de que esta tempada Pablo Luaces Riveira "Pitu" non continuou no Cultural Maniños a pesar dos intentos por parte do Club de que fixese na presente tempada un último baile. Non puido ser, unha situación laboral que lle esixía un tempo difícilmente compatible co día a día dun equipo modesto imposibilitou a súa continuidade aínda que si lle permitirá practicar fútbol cun menor nivel de esixencia como é no fútbol veterano nas filas do Racing Club Ferrol onde coincidirá con outros vellos coñecidos da casa como Manel Palacios ou Alex Grueiro entre outros.
![]() |
Pablo Luaces Riveira, Pitu |
Pitu chegou ao Maniños na tempada 2019/20 tras o duro descenso a Segunda Galicia e nestas 4 tempadas que defendeu o noso escudo (lembrade que a 2019/20 acabou en marzo pola pandemia e na 2020/21 non se competiu polo mesmo motivo) gañou o respecto e o agarimo de compañeiros, técnicos, directiva e afeción branca.
Non imos falar nin de goles nin de asistencias nin de compromiso que foi moito, imos falar de sensacións e estas en o seu paso por O Pote foron inmellorables e inesquecibles.
Querémoste Pitu e sabes que o Cultural Maniños é o teu Club e O Pote sempre será a túa casa.
Moita sorte para todo o que te propoñas no futuro!!!
Grazas por todo Pitu !!!
ÚLTIMA NOVEDAD E VOLTA A CASA NO FEMININO
A última xogadora que se incorporou as filas brancas foi a norteamericana Milena Georgia Mooradian Caño (Milena) que tivo unha andadura moi breve, dous partidos, xa que xogou en Lugo e o seguinte partido en casa ante o Sporting Meicende onde lesionouse no perone o que impedirálle xogar ao fútbol unha longa tempada.
![]() |
Milena Mooradian |
Damoslle a benvida esperando unha total recuperación e que si está en óptimas condicións e si ela o desexa poda botar unha man na recta final da tempada. Nestes momentos o único importante e a súa saude polo que todo o demáis é secundario.
Benvida Milena e a recuperarse ben !!!
Por outra banda a esperada volta de Cris Silvar despóis dunha longa ausencia por motivos laborais foi un feito con a súa chegada e xa o seu debut no último partido do ano en Cee.
![]() |
Cris Silvar |
Que bo que volviches Cris !!!
GO MANIÑOS
viernes, 27 de diciembre de 2024
GAÑADOR DA CESTA DO CLUB
O gañador da cesta de Nadal do Club coincidiendo cos dous últimos números do Gordo da Lotería Nacional (80) foi Ángeles Prego que recibeu a cesta de mans da nosa presidenta Puri Hermida.
Parabéns !!!
MERENDAS PARA O FÚTBOL BASE
As diferentes plantillas da base do Club pasaron o pasado mércores 18 e xoves 19 pola cantina do Club sita no Campo de Fútbol O Pote para disfrutar dunhas merendas en compañía con seus compañeiros e adestradores dos diferentes equipos do Club.
Gracias polo voso compromiso!!!
miércoles, 25 de diciembre de 2024
HORARIO DO PARTIDO DE CUARTOS DE FINAL DA COPA DE FERROLTERRA
Por acordo entre ambos Clubs o partido entre o Cultural Maniños e o Galicia de Mugardos quedou fixado para o sábado 4 de xaneiro as 17:00 Horas no Campo do Pote de Maniños.
HORARIO DO PARTIDO APRAZADO DOS VETERANOS
Os veteranos ten dous partidos aprazados, o primeiro deles ante o Vioño CF xa ten data que será o próximo domingo 29 de decembro as 12:00 Horas no Municipal de Eiris - Lamadosa na Coruña.
Sen dúbida é unha mala data pero hai que poñer o calendario en orden o máis axiña posible.
GO MANIÑOS
martes, 24 de diciembre de 2024
lunes, 23 de diciembre de 2024
SIGUE A MALA RACHA DO VETERANO
Nova derrota do veterano, esta vez por 6 a 3 e fronte ao Hércules.
Partido de novo complicado para os do Pote, que a pesar das boas intencións e as ganas de cambiar a dinámica, atopáronse cun 3 a 0 no marcador en tan só 18 minutos, demasiado...
A pesar diso, o Maniños non se rendeu e foi quen de marcar 3 goles que o achegasen a un resultado positivo, non sen antes encaixar o 4 en contra.
4 a 3 ao descanso e boas sensacións finais, que facían presaxiar un segundo tempo máis tranquilo.
Non sería o caso; Outros 10 minutos de desconexión branca penalizaron demasiado e dous goles máis en contra afundiron a moral, xa tocada, dos maniñeses...
Tocaba remar de novo.
A partir de aí, os de ou Pote, con máis corazón que cabeza, tentaron achegarse no marcador en innumerables ocasións, pero nada parecía xogar a favor deles.
As présas son malas amigas do bo fútbol e a pesar das boas intencións, nada saíu como esperaban brancos e o partido foise apagando aos poucos.
O 6 a 3 xa definitivo volve golpear aos veteranos, que deberán refacerse e agarrarse aos bos minutos xogados en en varias fases do partido e loitar máis que nunca para voltear unha situación incómoda.
Acta do partido en www.futgal.es, pulsa aquí
O FEMININO CAEU EN CEE
Derrota do feminino na súa visita a Sampaio de Refoxos para enfrontarse a un dos equipos máis consolidados na liga como é o Unión Club Cee.
Partido ao que se acudiu coas esperadas altas despóis de superar as súas respectivas lesións de Tensi e Nora e co alta despois de permanecer varios meses ausentes por motivos laborais de Cris Silvar unha referente para o noso feminino fora e dentro dos terreos de xogo.
Dous goles na primeira metade e un terceiro na recta final do partido serviu para tumbar ao noso equipo do que con todo espera unha reacción dunha maneira proporcional ás xogadoras que sexa capaz de recuperar nesta época do Nadal.
Xogadoras hai, potencial hai, agora falta demostralo.
A desconectar e a recuperar forzas, quedan moitos partidos por diante e pódese saír dos postos de abaixo. Claro que se pode !!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
DURA DERROTA DO FILIAL NO POTE
Dura derrota do Filial que non puxo oposición a un tamén mozo rival, o UD Campestre de Montrove, que demostrou o porque da súa boa xeira no Pote
Dominio, ocasións e efectividade para os visitantes que levaron con xustiza os tres puntos en xogo. Alex marcou o gol da honra dos brancos.
Agora o que se necesita neste período do Nadal é recuperar efectivos empezando pola portería cos lesionados Joel e Pichón que está a obrigar a Hugo a poñerse baixo paus o cual agradecemos desde aquí.
Moito ánimo só perdeuse unha batalla, a guerra segue...
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Chiqui Dopico en www.radiofusion.eu, preme aquí
TRES PUNTOS DOURO EN CEDEIRA
Tres puntos moi importantes os logrados este pasado domingo en O Beco tras derrotar ao Cedeira, SD xa que por unha banda permitiu romper a mala dinámica na que estaba o equipo metido desde facía tres xornadas e pola dificultade de sacar os puntos nun campo sempre complicado e onde outros equipos que ocupan postos punteiros na clasificación xa picaran. Recuperar sensacións e porque non acaba o ano con bo sabor de boca para desconectar e gozar das vacacións como se merecen.
O partido púxose de fronte para os brancos que no primeiro minuto adiantábanse no marcador, balón en longo De Miguel a Santi que aproveita que o defensa local que rompía o fóra de xogo mide mal as distancias batendo ao meta local por baixo na súa saída. Este gol deu tranquilidade ao Maniños que afrontou o resto da primeira parte con máis calma dominando o xogo e xerando ocasións de gol cun meta local moi inspirado salvando tres ocasións con sinal de gol, unha de Pedro, un cabezazo de David e un paradón a Santi cun gran disparo desde o bordo da área que o meta cedeirés respondeu cun paradón. Pola súa banda os locais buscaban a súa oportunidade e tiveron dúas moi claras unha que saíu lamiendo o pau e outra que rexeitou Mateo co pé. Víase que o partido demandaba máis goles aínda que esta primeira parte íase ao descanso co coñecido (0-1).
![]() |
Intre no que Santi pon o (0-1) no marcador |
A segunda parte comezou dunha maneira similar á primeira, no segundo minuto da mesma e tras un saque de esquina o balón sae cara ao medio do campo chegándolle o balón a Adri (partidazo) que centra á área e aí David prolonga para Christian que chegando desde atrás empuxa o balón ao fondo das redes (0-2). Case sen tempo a reaccionar de novo golpeaba o Maniños cun medido centro de Miguel que Pedro cabecea ao fondo das redes (0-3) e o partido decidido. De aquí ao final de partido os brancos deixaron pasar o tempo co control do balón con algunha ocasión moi clara como unha de Pedro que pasou a Josiño que detivo o bo meta local. Tamén o Cedeira tivo algún achegamento incluíndo un balón que golpeou o poste pero o partido estaba cerrano finalizando co coñecido (0-3).
Tres puntos que chegan no momento idóneo polo este arriba e agora a descansar e logo e antes de afrontar a segunda volta ligueira, partido ante o Galicia de Mugardos dos cuartos de final da Copa de Ferrolterra na súa XXIV edición.
Gran traballo equipo!!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí
RESULTADOS DO FIN DE SEMANA (20-21-22) DECEMBRO
PREBENXAMINES (X10): CD Estrella A Solaina - Cultural Maniños (X)
BENXAMÍN "A" (X10):Cultural Maniños - CMI Club Campo (1)
BENXAMÍN "B"(X10): SD Canido "B" - Cultural Maniños (2)
ALEVINES (X10): Cultural Maniños - SD O Val (1)
INFANTILES (2ªF - X03): Cultural Maniños 2 - EF Irmandiños 2
CADETES (2ªF - X03): Numancia, ADR 1 - Cultural Maniños 5
XUVENILES (2ªF - X02): SD Valdoviño 3 - Cultural Maniños 0
FEMININO (X14): Unión Club Cee 3 - Cultural Maniños 0
VETERANOS (X14): Hércules, SD 6 - Cultural Maniños 3 (Ricardo (2) e Javi Rico)
AFICIONADOS - 3ª GALICIA (X15): Cultural Maniños 1 - Unión Campestre 6
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X16): Cedeira, SD 0 - Cultural Maniños 3 (Santi, Christian e Pedro)
jueves, 19 de diciembre de 2024
II COPA FEMININA DE FERROLTERRA
Esta tarde efectuouse o sorteo da II Edición da Copa Feminina de Ferrolterra baixo a dirección do Delegado Federativo, Abraham. 9 equipos participantes o que obrigou a realizar unha previa que se celebrará o 29 de decembro.
As nosas debutarán en cuartos de final contra o Galicia de Caranza a domicilio (exactamente igual que a tempada pasada). En prinicipo o partido está fixado para a véspera do día de Reis (5 de xaneiro).
A dalo todo!!!
lunes, 16 de diciembre de 2024
SIGUE A MALA DINÁMICA DOS MODESTOS
O fútbol é de dinámicas e nestes momentos o Maniños está a pasar unha negativa con tres derrotas consecutivas e con malas sensacións como o feito de non marcar ningún gol e encaixando 9 goles. Pero tamén se sabe que estas malas series non son eternas e o que necesita o equipo urxentemente é gañar un partido e reverter a situación. E isto vai suceder..
![]() |
Intre do partido |
.Empezou mellor o Oíimpico con máis control do balón e máis chegadas á portería branca pero unha xogada puido cambiar o partido, a expulsión dun xogador dos visitantes ao derrubar a Christian cando se ía só cara portería. A partir de aí dominio do balón branco co partido controlado pero unha perda de balón permitiu aos de Culleredo montar unha rápida contra e cun disparo ao bordo da área poñer o (0-1). O equipo baixo de moreira polos continuo reveses non encaixou ben o gol non sendo capaz de reaccionar ata o descanso ao que se chegou co resultado coñecido.
A segunda parte foi dun asedio total dos brancos cun Olímpico ben ordeado. O equipo estivo espeso, pouco preciso sen ser capaz de xerar o suficiente para poñer en perigo a meta visitante. E en ese xogo de atacar máis co corazón que coa cabeza unha nova indecisión defensiva acabou en penalti que transformado polos visitantes puxo o definitivo (0-2). De aquí ao final o Maniños seguiuno tentando pero non foi quen pese sa os seus intentos de recortar distancias. Sen máis o partido finalizou e os tres puntos fóronse para Culleredo.
Agora é cuanto máis unidos tense que estar e continuar co bo traballo que se está facendo. Adrián o resto do Corpo Técnico e a plantilla demostrou sobradamente que son moi capaces e moi válidos.
Cabezas erguidas!!!
Seguimos equipo!!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí
DERROTA DUN FILIAL MOI MERMADO
RESULTADOS DO FIN DE SEMANA (13-14-15) DECEMBRO
PREBENXAMINES (X08): Cultural Maniños - Galicia Caranza (2)
BENXAMÍN "A" / BENXAMÍN "B"(X08): Cultural Maniños "B" - Cultural Maniños "A" (1)
ALEVINES (X10): Galicia Caranza - Cultural Maniños (2)
INFANTILES (2ªF - X02): CD Cariño 2 - Cultural Maniños 2
CADETES (2ªF - X02): Cultural Maniños 5 - CMI Club Campo 0
XUVENILES (2ªF - X01): Cultural Maniños 0 - Racing San Pedro 3
FEMININO (X13): DESCANSAN
VETERANOS (X13): Galicia Gaiteira - Cultural Maniños (Adiado pola folga de funcionarios das instalacións municipais)
AFICIONADOS - 3ª GALICIA (X14): Santa Cruz 4 - Cultural Maniños 0
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X15): Cultural Maniños 0 - Olímpico CF 2
jueves, 12 de diciembre de 2024
martes, 10 de diciembre de 2024
CAMPAÑA DE RECOGIDA DE ALIMENTOS
Como todos os anos o Club inicia a CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS NON PERECEDOIROS E PRODUTOS DE HIXIENE PERSOAL en colaboración con CARITAS - FENE
A recollida será no Campo de Fútbol O Pote de Maniños.
Ata o domingo 22 de decembro.
RÓGASE DIFUSIÓN E COLABORACIÓN.
GRAZAS
lunes, 9 de diciembre de 2024
VICTORIA VITAL DO FEMININO ANTE O SP. BURGO
![]() |
Manu nun intre do partido (Foto: Olaya López) |
O FILIAL NON PUDO CO MANDIÁ
![]() |
Capitáns máis colexiado na previa do partido no Pote (Foto: RRSS CF Mandiá) |
DEBACLE DOS MODESTOS EN VISMA
Nin o maior pesimista dos afeccionados do Club podían pensar o desastre dos brancos en San Pedro de Visma ante un dos mellores equipos da competición como é o Orillamar, SD que o demostrou con creces ante un Maniños irrecoñecible e que se diluíu recibindo unha malleira histórica.
![]() |
Intre do partido frente ao Orillamar, SD en Visma (Foto: Ahitor Regueiro) |
Ata o minuto 35 non pasara absolutamente nada, nin tiros a porta nin achegamentos, algún balón parado e pouco máis pero desde o minuto 35 ata o 72 (en 37 minutos co descanso polo medio) o equipo recibiu 6 goles, a pouco máis dun gol cada 6 minutos... Nada que engadir...
Só queda pasar páxina e aprender dos moitos erros cometidos. Nin hai unhas semanas érase tan bo nin agora tan malo pero o que está claro é que non ten explicación ou se? aos 90 minutos do terror na Coruña. O peor partido do noso equipo en moito tempo. Toca levantarse e pensar que o próximo finde hai outro reto en forma dun potente Olímpico CF de Rutis e hai que estar preparados para competir. Non pode repetirse.
E curiosamente e tras dúas derrotas consecutivas séguese de líder a falta de tres xornadas para finalizar a primeira volta. Nin tan mal, non?.
Ata o mellor escribano ten un borrón...
A erguerse !!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí
RESULTADOS DO FIN DE SEMANA (6-7-8) DECEMBRO
FEMININO (X13): Cultural Maniños 2 (Lucía Calvo (2)) - Sporting Burgo 1
AFICIONADOS - 3ª GALICIA (X13): Cultural Maniños 0 - CF Mandiá 4
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X14): SD Orillamar 6 - Cultural Maniños 0
sábado, 7 de diciembre de 2024
jueves, 5 de diciembre de 2024
HOXE REANÚDASE O PARTIDO APRAZADO DE CADETES
Hoxe xoves a partir das 17:30 H reanúdase en Os Pinares o partido aprazado de cadetes suspendido pola tormenta o pasado sábado.
A dalo todo equipo!!!
GO MANIÑOS
VICTORIA EN MOURENTE, SEGUIMOS VIVOS NA COPA
miércoles, 4 de diciembre de 2024
HOXE DEBUTAMOS NA XXIV COPA FERROLTERRA
lunes, 2 de diciembre de 2024
O VETERANO SUPERADO DE PRINCIPIO A FIN
Derrota sen paliativos do veterano, que foi superado por un
Beat Street Betanzos superior en case todos as fases do partido.
Partido
desafortunado de principio a fin do equipo do Pote, que encaixou o primeiro gol
xa no primeiro minuto e que non foi quen xa de levantarse.
O
partido foi un pesadelo para os locais, e os goles visitantes foron caendo pouco
a pouco mentres os brancos víanse incapaces de ofrecer sequera resistencia. A
desconexión foi importante e o Beat xogou cómodo ante a incredulidade local.
No min 70 un escandaloso 0-7 campaba no marcador.
O Maniños tratou entón, con máis corazón que cabeza, marcar o da honra e tivo ocasións máis que de sobras para marcar 3 ou 4 goles que maquillaran o resultado, pero tan só dous foron os goles obtidos polos brancos; Primeiro Ricardo e despois Karranza foros os autores dos mesmos tras dúas boas xogadas; 2-7.
Dura
realidade a que lle toca aceptar os do Pote, que deberán analizar con
sinceridade os errores cometidos para poder darlle a volta canto antes a unha
situación delicada.
¡ Hai vimbias, hai ganas e hai calidade suficiente para volver
canto antes á senda de vitoria!
¡É o momento de xuntarse
máis que nunca!, ¡É o momento de que o grupo tire do carro!
¡GO
MANIÑOS!
O FEMININO CAE CON ESTRÉPITO EN PASTORIZA
Moitas baixas, moitas lesións, moitos reveses. 23 xogadoras na plantilla e só 13 disponibles, nada menos que 10 baixas...Dende logo este non é o camino.
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
(---) en radiofusion.gal, preme aquí
DERROTA POLA MÍNIMA ANTE UN BO URAL
Non se contaba no Pote con este revés en forma de derrota coa visita do Ural Español CF nun partido marcado pola polémica actuación do trio arbitral Maseda - Vilaro - Vilaro. É difícil ver unha arbitraxe tan desastrosa, perxudicando ao fútbol, aos futbolistas e aos afeccionados. É difícil facelo tan mal... Sorprendeu o Ural para ben pois a pesar de que visitaba Maniños con derrotas en todas as súas saídas e no penúltimo posto clasificatorio o seu fútbol, ilusión e compromiso levou á vitoria. O Maniños foi de menos a más cunha moi mala primeira parte que foi onde se fraguou a vitoria coruñesa.
![]() |
Christian lesionouse na primeira metade (Foto: Ahitor Regueiro) |
Un gol a balón parado nos instantes iniciais do partido cambiou o mesmo, un gol moi parecido a un dos encaixados a semana anterior en Pontedeume. Os brancos non se atoparon cómodos en ningún momento e a proba diso é que non fixeron ningunha ocasión e non probaron ao meta visitante nesta primeira parte. pola súa banda o Ural facía o seu fútbol, correr e combinar con perigo aparente pero non na práctica pois Marcos aínda que tivo que intervir non foi a disparos con excesiva complicación. Con (0-1) chegouse ao descanso. Tocaba buscar solucións.
![]() |
Miragaya nunha acción do partido (Foto: Ahitor Regueiro) |
Quedou Rober no vestiario e entrou Miguel Segura para dar un pouco máis de saída de balón. Nesta segunda parte o equipo foi a máis ante un Ural que se defendeu con uñas e dentes. Recital de chifre de Maseda e Cia pitando todo ao revés, mesmo bandas ou saques de esquina moi claros pero o colmo dos colmos foi aproximadamente no meridiano desta parte cando un balón é rematado á portería do Ural e é sacado de dentro e coa man!!! por un defensor coruñés ante o estupor, sorpresa e indignación de todos os alí presentes, Maseda non concede nada do sucedido. O equipo visitante recoñeceu desde o segundo un o terrible erro de Maseda e os seus dous ¿axudantes? que deixou seguir o xogo. Unha xogada sen ningún tipo de dúbida que marcou o partido. Hai que lembrar que Maseda nun partido de hai dúas tempadas e na mesma portería facendo labores de linier sinalou un penalti e indicou ao árbitro a expulsión de Ángel por mans nunha xogada que o colexiado sinalara corner. Nada pode sorprender xa. Hai que contactar urxentemente con Iker Jiménez. No Pote con esta Colexiada hai un misterio para resolver... Ten que vir a nave do misterio.
Si, posteriormente Maseda pitou un penalti a Santi pero tan sumamente claro que ninguén puido discutilo e aí Miragaya non estivo acertado tirándoo por encima do traveseiro. De aí ao final acoso total pero a falta de acerto e a boa actuación do meta visitante fixo o resto. Derrota por (0-1) ante un Ural que celebrou o triunfo coma se gañase unha liga. A súa complicada posición na táboa xustificábao.
O peor a lesión de Christian no ombreiro. Desexamoslle unha pronta pero sobre todo, total recuperación.
Derrota dolorosa pero a diferenza das outras dúas que se sufriu antes, este partido foi condicionado por factores externos que prexudicaron gravemente aos brancos. Felicitar ao Ural pola súa vitoria e agora a preparar o partido de Copa o vindeiro mércores en Valdoviño. O domingo volta á liga co Orillamar en Visma. Isto non para...
Ninguén nos borrará o sorriso...
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí
CAE POLA MÍNIMA O FILIAL NO CONDÚS
RESULTADOS DO FIN DE SEMANA (29-30) NOVEMBRO - (1) DECEMBRO
PREBENXAMINES (X07): SD O Val Rojo - Cultural Maniños (2)
BENXAMÍN "A" (X07): Cedeira, SD - Cultural Maniños (1)
BENXAMÍN "B" (X07): Cultural Maniños - Eume (1)
ALEVINES (X09): Cultural Maniños - SD Ánimas (2)
INFANTILES (2ªF - X01): Cultural Maniños 4 - Galicia Mugardos 1
CADETES (2ªF - X01): CCRD Perlío 1 - Cultural Maniños 2 (suspendido na 1ª mitade pola tormenta e finalizado a xoves 5)
XUVENILES (X11): CMI Club Campo 3 - Cultural Maniños 1
FEMININO (X12): SCD Pastoriza 9 - Cultural Maniños 0
VETERANOS (X12): Cultural Maniños 2 (Ricardo e Karranza) - Beat Street Betanzos 7
AFICIONADOS - 3ª GALICIA (X12): CD Obrero 2 - Cultural Maniños 1 (Marco)
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X13): Cultural Maniños 0 - Ural Español CF 1