lunes, 25 de noviembre de 2024

UN FEMININO SIN SORTE CAE NO DESCONTO ANTE O MEICENDE

O noso feminino sufreu unha dura derrota e como máis doe, nos minutos de desconto. E chove sobre mollado, varios partidos se foron das mans neses intres (Friol, Dumbría...)

A maiores unha nova lesión da última incorporación Milena. Que non sexa nada !!! 

Hai outros factores incontrolables que estan sendo decisivos.

Anotou Lara Gorgullo.

Non choveu que non escampara... Ánimo! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Noe Leiras en www.radiofusion.eu, preme aquí

ENORME VICTORIA DOS MODESTOS EN PONTEDEUME

Vitoria de prestixio do Maniños tras superar a domicilio ao Eume Deportivo, equipo recentemente descendido da Rexional Preferente e firme candidato a estar nunha das posicións de privilexio na presente tempada. Ademais e por enésima vez esta tempada toco remontar ao encaixar un gol na primeira xogada do partido pero como noutras ocasións o equipo tivo capacidade de reacción e efectividade para sumar os tres puntos. 

Intre do partido na Gándara de Pontedeume

O partido non puido empezar peor para os brancos ao encaixar o primeiro gol no primeiro saque de esquina dos locais. O gol ademais é sen dúbida un fallo defensivo porque o xogador local remata co pé ao bordo da área pequena. Instantes complicados para os brancos que sufriu o acoso local que cheirou sangue. Aos poucos o Maniños foise recuperando sacándose o dominio e empezando a controlar o xogo. O empate chegou pronto. Así nun balón en longo a Pedro, este forcejeó cun defensa e o balón chegou rexeitado ao bordo da área onde Christian coa zurda cun bo tiro bateu ao meta local por baixo. (1-1) e o partido volvía empezar. Antes deste lance o Eume sufría a expulsión dun xogador por unha dura entrada a un xogador branco. A partir deste intre bos minutos dos brancos con control do partido pero con ausencias de grandes ocasións, o Eume ben ordenado trataba de saír á contra. Neste escenario unha recuperación no medio campo, o balón chegou a Christian que viu como entraba Santi desde atrás, picadita por encima da defensa e o dianteiro branco plantábase diante do porteiro ao que superou por baixo. (1-2) e o máis difícil parecía feito. Con este resultado chegouse ao descanso. 

A segunda parte empezou cun Eume mellor, con máis iniciativa e as ideas máis claras onde non se notaba a inferioridade numérica. E pronto conseguiu o empate, xogada por banda dereita segundo o ataque local, o centro é despexado involuntariamente cara a portería por Rober poñendo as táboas de novo no marcador. De aquí en diante mellor o Eume nun partido sen control. Ocasións para ambos os lados sen acerto e moita sensación de perigo dos locáis especialmente cun tiro ao pau e algún balón que merodeó a área de Mateo. Na recta final e quizais froito do cansazo dos locais, o Maniños foi chegando á área local con algunha chegada moi clara como un tiro a bocaxarro de Pedro que resolveu o meta local cunha gran parada. Xa na recta final cun Maniños que cheirou a posibilidade de levarse os tres puntos, despóis doutra boa parada do meta do Eume a remate de Julián, o balón chegou a Agras que abriu en banda para Santi que gañou a liña de fondo e o seu centro foi rematado ao bordo da área pequena por Agras poñendo o (2-3). O Eume tentou o empate máis co corazón que coa cabeza sen éxito. Expulsión nese tempo de Gonza por chegar tarde a un balón ao bordo da área e golpear involuntariamente a un rival. Sen máis que comentar e despóis de 5 larguísimos minutos de desconto finalizou o partido co coñecido e favorable (2-3) para os brancos. 

Vitoria de moito mérito para o Maniños que se aupa ao primeiro posto da táboa nesta xornada 12 nun partido moi difícil e ante un gran rival que levou aos brancos ao límite. Agora toca facelo bo no seguinte partido en casa ante un rival novo e de moita calidade como é o Ural Español CF. Será o domingo 1 á 16.30 H.

Parabéns equipo!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí

O FILIAL REPITE VICTORIA ANTE O CARNOEDO

Gran victoria do filial baixo un diluvio ante un dos bos equipos da clasificación como é o CF Carnoedo nun partido que quizás e polas condicións climatolóxicas non debeu disputarse. 


Nun partido que o difícil era permanecer en pe, o filial foi superior físicamente o que resultou definitivo para o desenlace do partido. Os rapaces de Chiqui parecen que deron coa tecra e a súa melloría e evidente tanto a nivel de xogo (o domingo moi difícil) como de resultados. De menos a máis como a tempada pasada. Agora a  intentar seguir medrando na clasificación. 

 Anotaron Aitor (2), Víctor e Raúl (2)

Agora a traballar aún máis e no afloxar !!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Chiqui Dopico en www.radiofusion.gal, preme aquí

RESULTADOS DO FIN DE SEMANA (22-23-24) NOVEMBRO

PREBENXAMINES (X06): DESCANSAN
BENXAMÍN "A" (X06): DESCANSAN
BENXAMÍN "B" (X06): DESCANSAN
ALEVINES (X08):  CD Narón - Cultural Maniños (X)
INFANTILES (-): DESCANSAN
CADETES (-): DESCANSAN
XUVENILES (X10):  Cultural Maniños 3 - ACDR Narón O Freixo 3
FEMININO (X11): Cultural Maniños 1 (Lara Gorgullo) - Sporting Meicende 2
VETERANOS (X10):  DESCANSAN
AFICIONADOS - 3ª GALICIA (X11): Cultural Maniños 5 (Aitor (2), Víctor e Raúl (2)) - CF Carnoedo 2
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X12): Eume 2 - Cultural Maniños 3 (Christian, Santi e Agras)

viernes, 22 de noviembre de 2024

lunes, 18 de noviembre de 2024

DERROTA DO FEMININO NA SÚA VISITA A LUGO

O noso feminino caeu derrotado por (4-0) na sua visita a Lugo no seu enfrentamento co CD Lugo "B". Unhos fatídicos últimos minutos da primeira metade condenou ao equipo. A falta de acerto ante a portería rival non axuda.


Toca seguir traballando pois é a única forma de revertir a situación. Tamén sería importante ter un pouco máis de sorte coas lesións.

A levantarse!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aqui

Noelia Leiras e Tensi en www.futgal.es, preme aquí

GRAN TRIUNFO DO FILIAL EN IÑÁS

Gran victoria do noso Filial na sua visita a Iñas para enfrentarse ao Mercurio, SD.

O equipo levaba tempo moi preto de acadar resultados positivos pero sempre saía cruz e por fin cambio a cousa. Dominio do partido e iniciativa no marcador.


Un inspirado Raúl con 4 goles e Alex anotaron. 

Seguimos traballando e creendo!!!

 Parabéns!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Chiqui Dopico en www.radiofusion.eu, preme aquí

VICTORIA CLARA DOS MODESTOS ANTE O NUMANCIA

Vitoria do Maniños nun novo derbi de Ferrolterra neste caso ante o Numancia de Ares que viña en traxectoria ascendente como o demostraba o seu triunfo a xornada anterior ante o sempre difícil CCRD Perlío

O partido empezouse a decantar moi rápido pois apenas no minuto 2 de partido un resbalón dun dos centrais do Numancia foi aproveitado polo cazagoles Christian (4 nos últimos 3 partidos) para adiantar aos brancos. O partido seguiu nunha dinámica de control branco con constantes achegamentos á portería de David De Navas que demostrou a súa calidade pero que non puido facer nada no minuto 33 cando Miragaya sacouse da chistera un gran disparo desde longa distancia que entrou pola escuadra do meta aresano. Pouco despois Christian aproveitou unha xogada de rebotes na área visitante ao aproveitar unha asistencia coa cara de Miguel Segura. (3-0) no minuto 35 e salvo hecatombe partido resolvido comoa si foi. Nesta primeira parte os achegamentos aresáns se resumian nas xogadas a balón parado ben resoltas pola defensa branca. (3-0) e os equipos a repoñer forzas.

A segunda parte foi máis fea, menos ocasións de gol e un partido moito máis trabado. O Numancia apenas inquietou a meta do debutante Mateo e por parte do Maniños, control e dominio da pelota pero con poucas xogadas de perigo real, deixando dalgunha maneira correr o tempo sen que pasase nada sobre o terreo de xogo faltándolle quizais un pouco de ambición dando por bo o coñecido xa da primeira parte (3-0). 

Tres puntos para romper a "mala" dinámica resultado do empate ante o Meicende e a derrota nas Pontes e que permite aos brancos seguir enganchado aos postos de honra da clasificación. Próxima semana novo derbi, nesta ocasión coa visita a Pontedeume para enfrontarse a un dos "galiños" da competición como é o Eume Deportivo. Será o domingo á 17.00 H.

Parabéns equipo!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí

RESULTADOS DO FIN DE SEMANA (15-16-17) NOVEMBRO

PREBENXAMINES (X06): Cultural Maniños - CMI Club Campo (2)
BENXAMÍN "A" (X06): Cultural Maniños - Narón Freixo  (X)
BENXAMÍN "B" (X06): Cedeira, SD - Cultural Maniños (X)
ALEVINES (X07):  Cultural Maniños - Eume (2)
INFANTILES (X09): Cultural Maniños 4 - SD Portuarios "B" 0
CADETES (X09): Cultural Maniños 6 - CMI Club Campo 2
XUVENILES (X09): CD Narón 6 - Cultural Maniños 5
FEMININO (X10): CD Lugo "B" 4 - Cultural Maniños 0
VETERANOS (X09):  ADIADO 
AFICIONADOS - 3ª GALICIA (X10): SD Mercurio 2 - Cultural Maniños 5 (Raúl (4) e Alex
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X11): Cultural Maniños 3 (Christian (2) e Miragaya) - Numancia, ADR 0

jueves, 14 de noviembre de 2024

ÚLTIMAS PRESENTACIÓNS DAS NOVAS XOGADORAS DO FEMININO

Chegan as últimas presentacións de xogadoras que desde principio de tempada están botando unha man no feminino.  

  • Lara Gorgullo
  • Desi Álvarez
  • Noelia Silvar



Gañas e ilusión non vai a faltar.

Grazas pola vosa confianza e benvidas!!!

Moita sorte !!!

GO MANIÑOS

lunes, 11 de noviembre de 2024

OS VETERANOS SEGUEN SEN RACHAR A MALA DINÁMICA

 Nunha tarde chuviosa no estadio de O Pote, o Maniños enfrontouse ao Sporting Coruñés nun encontro frío, onde os equipos contaxiáronse do tempo atmosférico.

O resultado final foi de 1-2 a favor do Sporting, nun partido con poucas ocasións, que supuxo unha nova derrota dos brancos. Os veteráns non son quen de sacar a cabeza a flote e cambiar a dinámica na que se atopan inmersos.



O Sporting Coruñés abriu o marcador no minuto 18, cando o equipo branquiazul foi quen de introducir a pelota na portería branca tras unha serie de rexeites. O gol veu con polémica, pois o primeiro tiro do Sporting tralo córner petou fortemente na cara dun xogador do Maniños, que quedou aturdido, a pesar delo o xogo continuou e no seguinte rexeite veu o gol.

PARTIDAZO DO FILIAL ANTE O LÍDER SEN PREMIO

Derrota pola mínima do noso filial ante o líder da competición o Atlético San Pedro un equipo coñecido pois os últimos veranos xogáronse partidos de adestramento na pretempada do noso primeiro equipo. 

Non pudo ser porque os visitantes foron máis efectivos. A maiores o equipo quedou moi amolado pola pésima actitud arbitral. Este particular non debe afectar ao equipo pois é unha cuestión que non pódese controlar.  

Os nosos melloran día a día aunque de momento non da para sumar máis puntos pero esta é a línea a seguir. Unha bagoa... 

Anotaron Manu e Marco

Toca seguir traballando que estase a pique de que esto cambie. 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Chiqui Dopico en www.radiofusion.eu, preme aquí

O FEMININO NON ACABA DE ARRANCAR

O Feminino segue sen acertar coa tecra da efectividade para poñer o rumbo correcto na competición o que se pudo verificar ante un rival de "su" liga como é o UDJ Almeiras. Dous erros defensivos facilitaron os goles das visitantes e pese o intento de remontar o partido só púdose acortar distancias por mediación de Lore pero finalmente non foi posible. 

O peor a lesión de Olaya que acudeu ao hospital para facer as probas oportunas. Que non sexa nada!!!

De novo a remolque no marcador e así e moi complicado. 

Non hai que tirar a toalla que está todo moi igualado!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Noelia Leiras en www.radiofusion.eu, preme aquí 

UN MAL SEGUNDO TEMPO CONDENA AOS MODESTOS

Golpe de realidade para o Maniños que non se atopou cómodo en ningún momento en O Poboado nunha visita esquecida a este estadio xa que a gran traxectoria do equipo das Pontes imposibilitou enfrontamentos ao non coincidir en Liga e non darse emparellamentos copeiros. O Poboado, un escenario histórico cun campo de herba natural nunhas condicións óptimas para a práctica do fútbol pero onde o Maniños non foi capaz de atoparse sufrindo unha derrota quizáis inesperada pero xusta tal e como foi o partido. 

Intre do partido no Poboado

A primeira parte foi igualada, de poder a poder con ocasións para ambolos equipos e cun maior control do partido do feneses pero foron os locais os que chegaron con máis perigo sen acerto no remate. O campo estaba rápidísimo e víase que isto se podía romper en calquera momento pero se chegou ao descanso co (0-0) inicial.

Foi unha presión na saída do balón cando os locais recuperaron un balón e o mugardés Herba puxo o (1-0), un gol que foi un golpe moi duro para o Maniños que tentou reaccionar pero pouco despois un balón golpeou na man dun defensor visitante e o Colexiado sinalou o penalti que transformou de novo Herba. Con este resultado o Maniños foise cara adiante e así Christian dun gran cabezazo nunha xogada a balón parado recortou as distancias e con 20 minutos por diante. Pero o gozo nun pozo, unha nova indecisión defensiva e de novo os locais anotaron por mediación de Saúl. Parecía o partido sentenciado pero de novo Pedro acurta distancias con outro cabezazo a pelota parada. De novo no partido e con opcións de polo menos sacar un punto pero de novo unha nova indecisión que foi aproveitada por Alexandre para o equipo local e marcar o cuarto e definitivo gol sentenciando desta vez finalizando o partido co coñecido (4-2).

Toca pasar páxina, aprender dos erros e tirar cara adiante. Domingo visita O Pote o Numancia nun novo partido de rivalidade e hai que recuperar a boa senda e romper a dinámica na que está metida o equipo e da que hai que saír xa.

Seguimos!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí

RESULTADOS DO FIN DE SEMANA (8-9-10) NOVEMBRO

PREBENXAMINES (X05): Cedeira, SD "B" - Cultural Maniños (X)
BENXAMÍN "A" (X05): Numancia, ADR - Cultural Maniños (1)
BENXAMÍN "B" (X05): Cultural Maniños  - CD Narón (1)
ALEVINES (X06): DESCANSAN
INFANTILES (X08): Eume 2 - Cultural Maniños 3
CADETES (X08): CCRD Perlío 3 - Cultural Maniños 0
XUVENILES (X08): Libunca, SD 3 - Cultural Maniños 1
FEMININO (X09): Cultural Maniños 1 (Lore) - UDJ Almeiras 2
VETERANOS (X08):  Cultural Maniños 1 (Ramón) - Sporting Coruñés 2 
AFICIONADOS - 3ª GALICIA (X09): Cultural Maniños 2 (Manu e Marco) - Atlético San Pedro 3
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X10): CD As Pontes 4 - Cultural Maniños 2 (Christian e Pedro)

domingo, 10 de noviembre de 2024

ÁNGEL OPERADO O PASADO VERNES

O pasado vernes pola maña pasou polo quirófano o noso xogador Ángel López para solventar a súa luxación acromio clavicular que requireu ciruxía.

Todo saeu ben con os problemas habituais post operación, se encontra ben pendente e xa se encontra no seu domicilio. 


Agora a recuperar ben!!! 

Moitos ánimos!!!

jueves, 7 de noviembre de 2024

lunes, 4 de noviembre de 2024

O FEMININO É GOLEADO EN TORDOIA

Derrota contundente do feminino na súa visita a Tordoia ante un bo rival que sen dúbida estará nos postos de honra da clasificación. Xa na primeira parte o partido quedou sentenciado. O equipo foi mermado pola ausencia da porteira Lara ocupando o seu lugar Sofía a quén hai que agradecer o seu compromiso co equipo.

Non queda outra que levantarse, pasar páxina e mirar para o seguinte partido. 

Unha batalla perdida pero seguimos en pé! 

Vamos Equipo!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Noelia Leiras e Antía Meis en www.radiofusuion.eu, preme aquí

INXUSTA DERROTA DO FILIAL

Derrota inxusta do filial que mereceu moito máis na súa visita ao Campo dos Pinares de  Brexo Lema para enfrentarse ao Bribes CF. Mellor fútbol dos brancos pero mellor efectividade local e o que vale no fútbol é o gol...

Non acaban de chegar os resultados pero si melloran as sensacións polo que non hai que desesperar... Esto é unha carreira de fondo !!! 

O peor ao marxen da derrota foi a lesión sufrida por Víctor Roca tras sufrir unha forte entrada no transcurso do partido. O xogador tivo que ir ao hospital esperando que a cousa quede nunha forte contusión. Ánimo Víctor!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Chiqui Dopico en www.radiofusion.eu, preme aquí

XUSTO EMPATE DOS MODESTOS NUN PARTIDO DE PODER A PODER

Había expectación de fronte ao partido que disputaron na tarde do domingo o primeiro e o terceiro clasificado da táboa que aínda que a estas alturas da tempada é algo meramente circunstancial non deixa de reflectir o bo comezo de tempada de ambolos equipos. E o certo é que o partido non defraudou a ninguén, partido de poder a poder e onde o empate fixo xustiza ao visto sobre o terreo de xogo. 

Respetuoso minuto de silencio polos afectados
pola Dana (Foto: Aithor Regueiro)

O partido comezou cun
Maniños dominador e que tivo un par de ocasións moi claras, unha de Gonza con gran resposta do meta visitante e outra clara de Miragaya de cabeza. O partido a partir de aí abriuse cun equilibrio grande de forzas. Unha ocasión clara dos visitantes que golpearon o traveseiro tras unha xogada confusa na área local deu lugar a un partido igualado e pelexado cada un coas súas armas, sen equipo dominador nin dominado, Tampouco grandes ocasións de gol pero con sensación de perigo de cada un dos equipos cando se achegaban ás áreas. Sen máis alteracións no marcador o partido foise ao descanso co marcador inicial. 

Santi entrando na área visitante
(Foto: Aithor Regueiro)

A segunda parte moveuse nos mesmos parámetros, con menos chegadas claras por ningún dos dous equipos que parecía que asinaban o empate (0-0) inicial. Cando máis igualado estaba o partido un centro lateral á área branca, o dianteiro visitante comete unha clara falta sobre o defensor que o árbitro Iago Expósito non sinalou acabando a xogada co gol do Sporting Meicende. Fallo groseiro do Colexiado que iso si, non dubidou en sacar tarxeta amarela a un xogador local por reclamar a falta. Nada novo. Afortunadamente para os intereses brancos os cambios efectuados deron novos folgos e así un balón maxistral de Josiño chega a Christian que cun potente disparo supera ao meta visitante poñendo as táboas que ao cabo foi o resultado definitivo (1-1) co que finalizou o partido. 

Intre do partido
(Foto: Aithor Regueiro)

Empate que deixa un sabor agridoce aos brancos que tentaron levarse os tres puntos ata o final, que se viron agraviados por un grave erro arbitral que custou un gol pero ao mesmo tempo foi capaz de recompoñerse e por enésima vez esta tempada tocou remontar aínda que finalmente a cousa quedou a medias. Con todo hai que recoñecer que é un punto de mérito ante un gran rival que sen dúbida e como xa demostrou a tempada pasada estará nos postos altos da táboa. 

Agora toca facer bo o punto no seguinte partido visitando un campo histórico como é O Poboado para enfrontarse a todo un CD As Pontes, equipo de gran renome non só a nivel local senón de toda Galicia que chegou a disputar unha fase de ascenso a Segunda División A (a actual Liga Hypermotion). Partido de fortes emocións e onde habra que ir ao 100% para sacar algo positivo.

Confianza total neste equipo!!!

IMOS !!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí

RESULTADOS DO FIN DE SEMANA (1-2-3) NOVEMBRO

PREBENXAMINES (X05): DESCANSAN
BENXAMÍN "A" (X05): DESCANSAN
BENXAMÍN "B" (X05): DESCANSAN
ALEVINES (X05): CD As Pontes - Cultural Maniños (1)
INFANTILES (X07): Cultural Maniños 10 - CD Narón "C" 1
CADETES (X07): Cultural Maniños 5 - SD Portuarios "B" 1
XUVENILES (X07): DESCANSAN
FEMININO (X08): SD Tordoia 6 - Cultural Maniños 0
VETERANOS (X07):  DESCANSAN
AFICIONADOS - 3ª GALICIA (X08): Bribes CF 2 - Cultural Maniños 0
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X09): Cultural Maniños 1 (Christian) - Sporting Meicende 1

viernes, 1 de noviembre de 2024

PRESENTACIÓN DE AS NOVAS XOGADORAS DO FEMININO

Era unha débeda pendente presentar ás xogadoras que se uniron ao proxecto do feminino para esta tempada 2024/25 e despóis de que xa no seu momento fosen presentadas Manuela, Lara López e Sofía Paz imos presentar a tres novas incorporacións do equipo para este curso que xa empezou en setembro.

  • Lara Fonte
  • Antía Meis
  • Cris Casas



Gañas e ilusión non vai a faltar.

Grazas pola vosa confianza e benvidas!!!

Moita sorte !!!

GO MANIÑOS