martes, 29 de octubre de 2024

VICTORIA MOI SUFRIDA DOS MODESTOS EN MOURENTE

Din que cando máis custan as cousas máis satisfacción produce o conseguilas. E iso foi o que pasou cos tres puntos sumados no sempre difícil desprazamento a Mourente para enfrontarse a un combativo SD Valdoviño  que resolvera as súas tres primeiros partidos de liga dunha maneira clara e contundente incluso un deles ante un dos galos da competición como é o Olímpico de Rutis.

O partido tivo dúas caras, unha parte para cada equipo. A primeira de dominio de balón e do control do partido dos brancos que se adiantaron en dúas ocasións gracias ao acerto de Julián que marcou os seus dous primeiros goles da tempada, o primeiro cun gran disparo desde fóra da área e o segundo ao aproveitar un balón solto na área tras un saque de curruncho. Non se pode obviar que a gran ocasión errada desta primeira parte a tivéron os locais e con (0-0) cando Seny a pracer e con Marcos superado, rematou e aí apareceu un salvador David rexeitando a córner un gol seguro. Con control branco rematou a primeira metade co coñecido (0-2).

Julián anoutou os dos goliños brancos
(Foto: A Bisbarra en Xogo)

A segunda metade mudou totalmente cun equipo local que sen nada que perder botouse cara adiante presionando arriba buscando acurtar distancias no marcador. A lesión de
Ángel non axudou creando unha sensación de que algo ía pasar e así Miguel Piñeiro cun disparo desde a frontal da área que aínda que tocou Marcos non puido evitar o gol poñendo un inquietante (1-2) con 25 minutos por diante. De aí ao final acoso e derribo dos locais con algunhas situacións de perigo ben resoltas por defensa e porteiros brancos, algún balón que cruzou a área pequena e a falta de precisión nalgún remate dos laranxas. Pola súa banda o Maniños buscou nalgunha contra matar o partido e así finalizando o partido atopouna con José Ángel ben resolta por Sachocos e sen tempo para máis finalizou o partido co (1-2) final.

Marcos en plena celebración
(Foto: A Bisbarra en Xogo)

Tres puntos moi valiosos que permite aos brancos manterse unha semana máis no máis alto da táboa. Felicitar ao equipo por que xogou cuando tivo que xogar e sufriu cando tivo que sufrir. Sétima vitoria consecutiva nunha liga tan competida como esta só pode poñer en valor o gran taballo de todos, corpo técnico e plantilla.

PARABÉNS!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí