lunes, 7 de octubre de 2024

TRES PUNTAZOS ANTE UN GRAN MARTE

Vitoria moi meritoria do Maniños ante o recentemente ascendido CD Marte, equipo que sen dúbida vai ser unha das grandes revelacións da competición polo potencial de xogadores de contrastada calidade no fútbol galego e que puxo desde o asubío inicial as cousas moi difíciles aos brancos aos que unha vez máis lles tocou remar e remontar un resultado adverso. 

Empezou o partido cun Marte moi ben plantado que lle quitou o balón ao Maniños que soubo sufrir nestes momentos esperando a súa oportunidade. Os visitantes sen xerar grandes ocasións de gol, se daba sensación de perigo e xustamente cando parecía que estaba a baixar un pouco nas súas prestacións físicas, unha xogada en aparencia sen perigo en forma de balón cedido a Marcos, este errou no despexe deixando o balón a pracer a un xogador visitante que abriu o marcador. (0-1) e preocupación para os locais. Os brancos non se descompuxeron e non lle perderon a cara ao partido e así uns minutos despois un forte disparo desde fóra da área golpeou nas mans dun xogador visitante e o Colexiado considerou que era merecedor da máxima pena que foi transformada por Javi Miragaya poñendo as táboas no marcador. Pouco despois un balón en longo tras un despexe de David, o porteiro tivo unha indecisión chegando antes Pedro que o superou cun sutil toque e a portería baleira poñía o (2-1). Un gol moi importante que permitiu aos brancos tranquilizarse e asentarse sobre o terreo de xogo. Nada destacable nos minutos fináis desta primeira parte e co coñecido (2-1) chegouse ao tempo de descanso.

A segunda parte foi de poder a poder con opcións para ambos os equipos ampliando o marcador os brancos tras un pase filtrado por Gonza a Santi, este sen marca vírase e desde uns 8-10 metros fóra da área golpea o balón que tras tocar no traveseiro entra na portería dos visitantes. Golazo e aparentemente o gol da tranquilidade. O Marte con todo non estaba polo labor e pronto conseguen acurtar distancias con outro golazo desde fóra da área. Partido de novo incerto co (3-2) ata que unha presión ao bordo da área coruñesa, estes perden o balón que chega a Julián que dispara, detén o meta pero non o bloca e en boca de gol, Pedro pon o definitivo (4-2). de aí ao final pouco máis que destacar finalizando o partido co resultado citado anteriormente de (4-2).

Tres puntos moi valiosos ante un moi bo equipo que demostrou en O Pote as boas referencias con que viñan. Consolidación na parte alta da táboa e agora a seguir na mesma liña de traballo e compromiso. O vindeiro domingo visita aos Campos da Torre na Coruña para enfrontarse a outro recentemente ascendido que está a facer un fenomenal arranque de tempada como é a SD Torre.  Por tanto e como sempre a preparar ben o partido para poder traerse algo positivo.

Parabéns equipo!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí