Novo empate do Maniños Veterano, esta vez fronte o Carnoedo e por 1 a 1, nun partido competido de principio a fin, no que os minutos finais volveron a ser crueis cos do Pote.
Traballaron os brancos dende o inicio no estilo de xogo traballado durante a semana; Todo parecía funcionar cando xa no minuto 4 marcaba Ricardo, tras unha boa combinación no medio e un bo pase de Michu as costas de defensa.
O gol deu consistencia a idea inicial dos brancos, que continuaron cun xogo vistoso, onde todos eran protagonistas e eran capaces de xerar ocasión claras de maneira bastante continuada. Sen embargo, non foron quen de concretar ningún gol máis no transcurso da primeira parte e comezaron as dúbidas...
A segunda parte tornouse en difícil para o Maniños, que non foi quen de atopar o xogo da primeira parte, e veuse superado por un Carnoedo. Os visitantes buscaron continuamente a un dos seus mellores xogadores en ataque, quen toleou os brancos que, incapaces de paralo doutra maneira, víronse abocados a realizar innumerables faltas. Non estaban dispostos os do Pote a deixarse empatar.
O partido continuo nesa dinámica, cun Maniños que non era capaz de xerar un xogo fluído e un Carnoedo empeñado en augar a festa branca.
Non foi ata os últimos minutos cando o fútbol volveu a ser cruel có Maniños; Practicamente no último ataque dos visitantes, un penalti igualmente dubidoso que inocente, deulle o dianteiro do Carnoedo a oportunidade soñada para o empate, non fallou e puxo o 1 a 1 definitivo no taboleiro.
Sen apenas tempo, tratou o Maniños de enlazar unha última xogada de ataque que lle devolvera o perdido, pero non foi quen de xerar perigo e o partido morreu en empate.
O fútbol non esta sendo de todo xusto co equipo do Pote, que a pesar de mostrar melloría, non é capaz de concretala con un +3 xa moi necesario. ¡Toca seguir loitando!
A FRASE DO DÍA:
«Os momentos
de crises son xeniais. Son os mellores para a aprendizaxe», Diego Pablo
Simeone.
(Por Javi Pedreiras)
Para ver a acta do partido preme aquí