Para resumir un pouco e en liñas xerais o que foi o partido, dentro dunha gran igualdade entre ambos os equipos, unha xogada puntual illada ao bordo do descanso foi aproveitada por un dianteiro dos locais que se fixo cun balón ás costas do último central e o porteiro para superalo na súa saída e a portería baleira poñer o que foi ao cabo o (1-0) definitivo.
Adri nos Pinares (@Bisbarraenxogo) |
Na segunda parte varias ocasións para ambos os lados pero que ningún dos equipos foi capaz de anotar e no que o oficio dos locais permitiu superar os brancos que non estiveron cómodos en ningún momento. Finalmente vitoria local que leva o primeiro derbi da tempada.
Toca levantarse e adestrar duro para afrontar o seguinte partido da tempada que será ante o Sporting Cambre que sumou os tres primeiros puntos da tempada ao superar na xornada inicial ao CD As Pontes.
A seguir traballando para mellorar!!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí