martes, 9 de julio de 2024

MIGUEL AGRAS, SACRIFICIO E XOGO AÉREO PARA O MEDIO DO CAMPO BRANCO

Miguel Agras
Miguel Agras López (Agras) convértese no 4.º reforzo branco para a presente tempada e a diferenza dos compañeiros presentados anteriormente, con experiencia na categoría pois esta que comeza será a súa cuarta tempada senior.

Nado en Ferrol no 2002, apunto de cumprir 22 anos, empezou no Racing San Pedro co que se proclamou campión de Liga e Copa de benxamines. O paso ao fútbol 11 fíxoo no Racing Club Ferrol onde estivo dúas tempadas retornando ao Racing San Pedro ata o segundo ano de xuvenís asinando na SD O Val onde permaneceu ata finalizar esta etapa xogando ambos anos na Liga Nacional. Ao pasar a modestos incorpórase ás filas do Galicia de Mugardos alternando A e B, as dous primeiras no filial verde para esta última formar parte do primeiro equipo dos da Pedreira.

Xogador que adoita ocupar as posicións de mediocentro defensivo (onde xogou máis habitualmente) ou central zurdo. Xogador con gran capacidade de sacrificio, pelexando cada balón e cun potente xoga áereo. Agora incorpórase ao Cultural Maniños para reforzar e xerar competitividade ao medio do campo branco.

Moita sorte nesta nova etapa !!!

AGRAS, BENVIDO A MANIÑOS

GO MANIÑOS