lunes, 27 de mayo de 2024

VICTORIA DO FILIAL EN MANDIÁ PARA DESPEDIR A TEMPADA

Victoria xusta do filial no derradeiro partido de esta fase de permanencia. O resultado foi moi corto polas ocasións que se destragaron en ambas áreas, especialmente para o Maniños que na primeira media hora de partido estrelou tres diparos na trave. É de xustiza recoñecer que os locáis tamén tiveron as súas opcións especialmente na segunda parte con dous disparos aos paos e unha boa actuación de Xabi
Anotaron Samu e Caio na segunda parte.

Non logrouse o obxetivo deportivo e ágora toca agardar acontecimentos...Agardemos o plantexamento da Federación de cara a vindeira tempada.

Felicitar a xogadores e adestrador Chiqui Dopico, polo esforzo e a valentia de coller un equipo nas condicións nas que se puso ao frente. Gracias a todos!!!

Cabezas erguidas!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Alvaro "Chiqui" Dopico en www.radiofusion.gal, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMANA (24-25-26) MAIO

AFICIONADOS - 2ª GALICIA (2ª FASE - X10): CF Mandiá 0 - Cultural Maniños 2 (Samu e Caio)

miércoles, 22 de mayo de 2024

BROCHE DE OURO DO FEMININO EN SANTISO

Gran despedida do equipo cunha brilante victoria a domicilio deixando a permanecia selada. Arresgada defensa local que no pudo controlar as contras de una Lore que pudo saír Pichichi de Santiso.

Bo partido e efectividade. Goles de Lore (3) e Pau. 

Gran traballo de tod@s, CT e xogadoras!!! 

Gracias polo esforzo!! 

Parabéns!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Juanjo, Capi e Jenny en www.radiofusion.eu, preme aquí

UN FILIAL DESCOÑECIDO CAE CON XUSTICIA ANTE UN BO CAPELA

Victoria xusta dos visitantes nun mal partido dos nosos faltos de acerto e precisión. Non foi o día... Sen opcións matemáticas o descenso é xa unha realidade.

Agora é un momento difícil pois o obxetivo de estar entre os 4 primeiros e xa inalcanzable o equipo debe quedarse coa parte positiva que é que se creceu moito aunque non chegou. Tocará o momento do análise pero unha mala planificación e composición tardía da plantilla foi decisivo

Pese a todo toca agradecer o esforzo dos xogadores, do adestrador, Chiqui Dopico, que colleu o equipo cunha situación heredada moi complicada e que con traballo e ilusión foi capaz de avistar a salvación deportiva. Ágora toca agardar... 

Cultural Maniños, SD "B" - (19.05.24)

Unha bagoa!!! Pouco máis q engadir!! Queda un partido...

Eso si, mañá volverá a salir o sol!
GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Chiqui Dopico en www.radiofusion.eu, preme aquí

lunes, 20 de mayo de 2024

RESULTADOS FIN DE SEMANA (17-18-19) MAIO

FEMININO (X30): UD Santiso 1 - Cultural Maniños 4 (Lore (3) e Pau)
AFICIONADOS - 2ª GALICIA (2ª FASE - X09): Cultural Maniños 0 - ADCR A Capela 2

miércoles, 15 de mayo de 2024

RICARDO OPERADO DA SÚA FRACTURA DE CLAVÍCULA

O noso xogador do equipo de veteranos, Ricardo Fernández, foi operado onte no Hospital Juan Cardona de Ferrol das múltiples fracturas que sufreu na clavícula a consecuencia dunha acción fortuita no partido do pasado domingo en Mourente


Moitos ánimos Ricardo e a recuperarse al 100% !!!

martes, 14 de mayo de 2024

VICTORIA MOI CARA DOS VETERANOS

Último partido da tempada empañado pola grave e dolorosa lesión do noso xogador Ricardo que foi trasladado en ambulancia ao Hospital Cardona onde se lle diagnosticou rotura de clavícula. O demás é secundario! 

No aspecto deportivo o partido finalizou no minuto 79 por decisión dos capitáns de ambos equipos e que contou co beneplácito do Colexiado quen por certo fixo unha gran xestión da situación. O resultado nese momento era de (1-3) con dous tantos iniciais dos brancos por mediación de Karranza, o propio Ricardo. Acortaron distancias os locáis por mediación dun penalti para finalmente Caste poñer o resultado definitivo pois por desgracia non houbo tempo para máis.

Mato pelexando un balón
(Foto: SANDY LÓPEZ)

Ánimo Ricardo e a recuperarse ben!!! 
Unha forte aperta!!!

Fin de tempada. É momento de facer balances e analizar a tempada do equipo!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí (NON DISPONIBLE POLO MOMENTO)

NON PUDO O FEMININO CO LÍDER

Derrota xusta ante o líder o Atlético San Pedro, equipo que posiblemente e pendente de confirmar na última xornada será o Campión de Liga. 

O partido foi de dominio visitante os 90 minutos ante un equipo cheo de baixas que compiteu a base de amor propio pelexou a tope ata o final pese a evidente superioridade visitante. Os goles das de Oleiros chegaron ao aprovecharse de duas indecisóns na saída do balón antes de finalizar a primeira parte. A segunda parte foi un deixar pasar os minutos e que non pasara nada.

A pechar a tempada en Santiso, obxetivo 5º posto por abaixo para evitar posibles arrastres...

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

----------- en www.radiofusion.eu, preme aquí

DERROTA DO FILIAL NOS DERRADEIROS MINUTOS

Non pudo ser. Un gol dos locáis nos minutos fináis acabou coas esperanzas do filial que xa empezaba a saborear un punto. O problema foi que outro resultado adverso (a victoria do Monfero frente ao Neda) complica e moito a permanencia na categoría.

Ao primeiro gol dos locáis respondeu
Raúl e cando o partido se dirixía ao un xusto empate un inesperado gol deixou os puntos na casa. Unha bagoa...

Mentras as contas sigan saíndo hai que loitar... 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Chiqui Dopico en www.radiofusion.eu, preme aquí

DERROTA NO DERRADEIRO PARTIDO DA TEMPADA

Partido intrascendente o xogado na matinal do domingo en Mourente ante a SD Valdoviño outro equipo cos deberes feitos e que fixo unha gran tempada competindo sempre pese as terrible circunstancias que sufriu nun momento da tempada e cun plantel de xogadores escasos en número en moitas ocasións que probablememte non lle permiteu aspirar a algo máis. Pola súa banda o Maniños chegou moi mermado de efectivos por diferentes motivos e sin poder contar con xogadores do B que a misma hora tiñan un partido moi importante na súa pelexa pola salvación.

Do partido pouco que falar con moi poca intensidade é onde simplemente se deixou pasar os minutos sin máis. O aproveitamento dos erros dos riváis e a incomprensiblemente nefasta actuación arbitral cunhas decisións dignas de estudo nun partido de guante branco. Anotaron
Christian e Pedro.

Finalizou a tempada dado que o derradeiro partido dos brancos sería frente a o retirado Laracha CF, polo tanto cun sabor agridulce termina un curso donde se cumpriron moi sobrados os obxetivos.

A desconectar e recuperar forzas para a tempada próxima que se presenta apaixoante.

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí 

lunes, 13 de mayo de 2024

RESULTADOS FIN DE SEMANA (10-11-12) MAIO

PREBENXAMINES (2ª FASE - X14): Eume - Cultural Maniños (1) 
BENXAMINES (2ª FASE - X14): Cultural Maniños - Eume "B" (1) 
ALEVÍN "A" (2ª FASE - X14): Eume "B" - Cultural Maniños (2) 
ALEVÍN "B" (2ª FASE - X14)Cultural Maniños - SD Libunca (1) 
INFANTILES (2ª FASE - X18): DESCANSA
CADETES (1/4 Final Título Consolación): SD Portuarios 0 - Cultural Maniños 2
XUVENILES (2ª FASE - X22): Cultural Maniños 2 (Marco e Pablo) - Racing San Pedro 1
FEMININO (X29): Cultural Maniños 0 - Atlético San Pedro 2
VETERANOS (2ª FASE - X10): SD Valdoviño 1 - Cultural Maniños 3 (Karra, Ricardo e Caste)
AFICIONADOS - 2ª GALICIA (2ª FASE - X08): Barallobre 2 - Cultural Maniños 1 (Raúl)
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X33): SD Valdoviño 3 - Cultural Maniños 2 (Christian e Pedro)

miércoles, 8 de mayo de 2024

lunes, 6 de mayo de 2024

DERROTA POLA MÍNIMA DO FEMININO QUE PELEXOU ATA O FINAL

Derrota axustada na visita a un dos galiños da competición e que a falta de duas xornadas está competindo con o Atlético San Pedro polo campionato liguiero da 2ª Galega Grupo 1. 

Un 1º tempo no que sucedeu todo onde as brancas se adiantaron no marcador e cerraron o marcador e un 2º tempo de sequía. Nos intres fináis do partido os brancos tiveron as taboas a través de Lore que golpeou o palo. Unha bagoa...

Anotou Lore (2).

Lore leva 28 goles na presente tempada
(Foto: Radio Fene)

Un esforzo final, xa está conquerida a salvación matemática do descenso directo e agora toca evitar un problema polos posibles arrastres. As perspectivas son optimistas... 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

------- en www.radiofusion.eu, preme aquí

GRAN VICTORIA DO FILIAL QUE SIGUE PELEXANDO POLA PERMANENCIA

Victoria xusta e necesaria do filial que se meteu de cheo na pelexa pola salvación. Partido moi cerrado con poucas ocasións de gol, de feito o Maniños tivo só duas, unha en cada periodo e o Monfero unha moi clara na primeira metade. Cando o encontro parecía encaminado hacia o empate, un gol de Aitor na recta final decideu o partido. 

Sen dúbida, tres puntos de ouro!!!

Agora toca manter a boa dinámica para seguir na loita. 3 finais e un só obxetivo: A Permanencia. 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Chiqui Dopico en www.radiofusion.eu, preme aquí

VICTORIA DOS MODESTOS PARA DESPEDIR A TEMPADA NO POTE

Coa retirada do Laracha CF, este domingo foi o último partido da tempada en O Pote. Un partido importante para os brancos no seu afán de quedar o mellor posicionado posible unha vez que coa derrota a semana anterior en Boimorto as opcións de xogar a promoción de ascenso a Preferente eran nulas. Enfronte o CD Narón que visitaba O Pote na súa loita por lograr a permanencia. 

O partido foi en liñas xerais igualado sen un claro dominador e sen claras ocasións de gol salvo un par de chegadas dos visitantes e algún achegamento dos brancos pouco  efectivos. Con (0-0) chegouse ao descanso. A segunda parte seguiu polos mesmos camiños tendo os visitantes a súa gran oportunidade cun disparo de San Emeterio ao poste pero foron os cambios os que revitalizaron ao Maniños dándolle unha frescura e unha mordente arriba que se viu reflectida no primeiro gol, cun gran disparo de Raúl que rozou nun defensa facendo o balón unha parábola que non puido evitar Kevin supoñendo o (1-0). Este gol descentró aos visitantes que non foron capaces de reaccionar e aí o Maniños cheirou sangue cun Raúl desatado que lle deu tempo a meter outro gol, ter dúas oportunidades máis e desgraciadamente lesionarse. Moitos ánimos Raúl !!! Na recta final, os visitantes lanzáronse con valor a tentar reducir as vantaxes mesmo subindo o meta Kevin a rematar os balóns parados pero xa o resultado non se moveu finalizando o partido co coñecido (2-0).

Sergio nun intre do partido
(Foto: Sandy López)

Tres puntos máis que permite aos brancos superar a cincuentena de puntos para tentar afianzar a súa posición clasificatoria. O peor do partido para o
Maniños foron as lesións pois á xa comentada de Raúl hai que sumarlle tamén a de Chata o que fai que os brancos afronten o último partido en cadro e sen poder tirar do filial que ten un importante partido na súa pelexa pola permanecia.

Parabéns por la victoria equipo!!!

A polo último baile da tempada!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal,es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMANA (3-4-5) MAIO

PREBENXAMINES (2ª FASE - X13): Cultural Maniños - SD Ánimas (1) 
BENXAMINES (2ª FASE - X13): Club Campo "D" - Cultural Maniños (X) 
ALEVÍN "A" (2ª FASE - X13): Cultural Maniños - EF Irmandiños (2) 
ALEVÍN "B" (2ª FASE - X13): Galicia Caranza "B" - Cultural Maniños (1) 
INFANTILES (2ª FASE - X17): Cultural Maniños 3 - Numancia, SDR 3
CADETES (1/8 Final Título Consolación): Cultural Maniños 4 - Club de Campo 3
XUVENILES (2ª FASE - X21): Meirás CF 6 - Cultural Maniños 0
FEMININO (X28): SCD Pastoriza 3 - Cultural Maniños 2 (Lore (2))
VETERANOS (2ª FASE - X09): DESCANSAN
AFICIONADOS - 2ª GALICIA (2ª FASE - X07): Cultural Maniños 1 - CF Monfero 0
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X32): Cultural Maniños 2 (Raúl (2)) - CD Narón 0