miércoles, 29 de noviembre de 2023

lunes, 27 de noviembre de 2023

NOVA DERROTA DOS VETERANOS A DOMICILIO

Derrota dos veteranos nunha prolongada xeira de malos resultados. Non foi capaz de superar a un rival que xogou con dez moitos minutos. O equipo está pasando un mal momento anímico e deportivo. Cada vez que sofre un revés ao equipo custalle moito superalo.

Un gol na recta final decideu o partido. 

Toca seguir e non baixar os brazos. 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

CLARO TRIUNFO DO FEMININO ANTE A ED OS MIUDOS

Boa victoria das blancas ante un bo equipo, xove e con moita ilusión que pelexou ata o final. O Maniños sen facer un bo partido levou o peso, xenerou moitas ocasións de gol aunque encaixou dos goles evitables. Esto hai que melloralo para non sufrir nos partidos é poder resolvelos antes.  Partido moi deportivo cun exquisito comportamento por ambos equipos.

Intre do partido disputado este domingo no Pote

Victoria xusta e necesaria para que o equipo se consolide fora dos postos perigosos. Marcaron Lucía Calvo, Pau e Tensi (2)

Parabéns equipo!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Juanjo Cebolo e Cris Silvar en www.radiofusion.eu, preme aquí

DERROTA NO DERBY DE FILIAIS

Derrota no duelo de filiais onde os visitantes foros mellores e máis efectivos. Destacar a presenza de Nesy Otero, ex branco, no banquillo do filial de A Pedreira. 

Victoria xusta dos verdes. 

É moi complexo montar e conxuntar un equipo novo na súa práctica totalidad sin unha pretemporada para poder traballar sen prisas. É cuestión de tempo...

O peor foi a lesión de Alex Iglesias nos intres iniciais de partido cunha pequena fractura no nariz nun choque fortuito cun rival.. Ánimo Alex!!! 

Debutou nas filas brancas Alex Marcos ao que lle desexamos moita sorte.

Acabou a primeira volta. Moita liga aún... 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Chiqui en www.radiofusion.eu, preme aquí

TRABALLADO EMPATE DOS MODESTOS EN CEDEIRA

Empate valioso dos modestos en O Beco ante un Cedeira, SD que aínda non foi derrotado no seu terreo de xogo nos que vai de tempada co engadido de que os brancos foron goleados neste mesmo campo xa ante este mesmo rival na penúltima xornada da tempada pasada. Non fai tantio tempo...

Partido marcado por un só patrón, pelexa e intensidade de ambos os equipos cun Cedeira que empezou mellor tendo unha clara ocasión empezando o partido pero indo claramente de máis a menos coincidindo cun bajón físico e estar minguados de efectivos. O Maniños foi de menos a máis acabando o partido no terreo de xogo local con dúas ocasións meridianamente claras pero sen o resultado do gol, cun tiro de Pitu que golpeou nun defensa e unha última en que o balón se paseo pola raia de gol solucionando a xogada un xogador local. 

Intre do Cedeira vs Maniños disputado no Beco

En definitiva partido trabado e sen claras ocasións de gol polo que o empate pódese considerar xusto. 
Un punto que permite sumar 20 puntos consolidándose na zona media alta da táboa o que lle permite afrontar con optimismo a recta final desta primeira volta e a eliminatoria copeira a disputar o próximo día 6 de decembro en O Cadaval ante o CD Narón. De todas as maneiras a próxima cita será o vindeiro domingo onde visitará O Pote un dos mellores equipos da competición como é o Boimorto CF.

Bo punto equipo!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí   

RESULTADOS FIN DE SEMANA (24-25-26) NOVEMBRO

PREBENXAMINES (1ª FASE - J03): Cultural Maniños - Numancia (2) (RECUPERACIÓN APLAZADO)
BENXAMINES  (1ª FASE - J03): Racing San Pedro - Cultural Maniños (2) (RECUPERACIÓN APLAZADO)
ALEVÍN "A" (1ª FASE - J03): Cultural Maniños - CD Narón (2) (RECUPERACIÓN APLAZADO)
ALEVÍN "B" (1ª FASE - J03): Club de Campo "B" Cultural Maniños (1)  (RECUPERACIÓN APLAZADO)
INFANTILES (-): DESCANSAN
CADETES (1ª FASE - J11): Cultural Maniños 1 - Eume "B" 2
XUVENILES (-): DESCANSAN
FEMININO (J11): Cultural Maniños 4 (Lucía Calvo, Pau e Tensi (2)) - ED Os Miudos 2
VETERANOS (J10): Mercurio, SD 1 - Cultural Maniños 0
AFICIONADOS - 2ª GALICIA (1ª FASE - J11) Cultural Maniños 0 - Galicia Mugardos "B" 3
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (J13) Cedeira, SD 0 - Cultural Maniños 0

viernes, 24 de noviembre de 2023

LEO RIVEIRA O NOVO SOCIO MÁIS XOVE DO CLUB

O Cultural Maniños ten o pracer de presentar a un novo membro da Familia Branca, Leo Riveira Torres, fillo do noso querido xogador do Primeiro equipo, Pitu e de Laura.

Na foto a familia pousando xunto ás nosas "Xefas" Puri e Elena. 

Parabéns aos pais!!! 

Leo benvido!!!

jueves, 23 de noviembre de 2023

lunes, 20 de noviembre de 2023

TRISTE DERROTA DO VETERANO EN ENCROBAS

Derrota nun mal partido dos nosos. O positivo foi o compromiso do equipo con unha convocatoria amplia en un desprazamento longo. 

No están saíndo as cousas. É un feito, os números están ahí. Agora é o momento de estar máis unidos e afrontar xuntos a situación. Pero sen dramas, esto é só deporte. O máis importante das cousas menos importantes.

Fede nunha acción do partido
(Foto: Mercedes Lamas)

Non choveu que non escampara... 

Toca levantarse... 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

UNHA MALA PRIMEIRA PARTE CONDENA AO FILIAL

Derrota clara do filial ao que lle penalizou moito unha moi mala primeira metade. Mellor na segunda metade aunque sen ninguna opción de meterse no partido. 

O equipo está a adestrar ben e cada día con máis efectivos.

Toca pasar páxina e seguir para diante... traballo e máis traballo. 

Temporada 23/24 - Cultural Maniños "B"
(19/11/23) Gallamonde (Miño)
Foto: Redes sociales AD Miño 
@_AD_MINO

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

IMPORTANTE VICTORIA DO FEMININO EN LUGO

Importante victoria das brancas ante un rival directo na loita por escapar das posicións perigosas. Non foi nada doado por eso sabe moito mellor. O partido non se decideu ata os intres finais con dous goles que sentenciaron o partido. 

Se necesitaba romper a mala dinámica de resultados. Ágora toca alargar unha boa xeira que permita ao equipo asentarse na zona media da taboa.

Anotou Cris de penalti e hat trick de Lore que xa suma 12.

Próximo partido visita O Pote a ED Os Miudos, un rival da "súa" liga polo que sería moi bo para os intereses brancos sumar os tres puntos.

Parabens equipo!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

DERROTA DOS MODESTOS NO POTE

Esperábase con expectación o partido que se celebraba en O Pote entre o terceiro clasificado e o líder da competición a SD O Val como o demostrou a boa resposta do público. O partido en liñas xerais foi moi competido e intenso e os tres puntos fóronse a Narón.

Sen entrar nun maior detalle os visitantes impuxeron o seu maior ritmo e intensidade sen grandes alardes futbolísticos. O Maniños non foi capaz de impoñer o seu xogo aínda que non lle perdeu a cara ao partido en ningún momento aínda que sen profundidade xerando moi poucas/pouas opcións de gol durante os 90 minutos. Os visitantes aproveitáronse dos erros ou idecisiones brancas para anotar os goles e levar con xustiza os tres puntos do feudo fenés.

A seguir traballando da mesma forma, non hai que apartarse nin un centímetro da liña marcada crendo no estilo e nas ideas establecidas. A levantarse e a pensar no seguinte partido o domingo en O Beco e ante o Cedeira, SD.

Sempre brancos !!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMANA (17-18-19) NOVEMBRO

PREBENXAMINES (1ª FASE - J05): Club Campo "B"  Cultural Maniños (1)
BENXAMINES  (1ª FASE - J05): Eume "C" - Cultural Maniños (2)
ALEVÍN "A" (1ª FASE - J05): Cultural Maniños - SD Libunca (1)
ALEVÍN "B" (1ª FASE - J05): Racing Ferrol - Cultural Maniños (1)
INFANTILES (1ª FASE - J09): SDR Neda 13 - Cultural Maniños 0
CADETES (1ª FASE - J10): SD Ánimas "B" 1 - Cultural Maniños 1
XUVENILES (1ª FASE - J09): Eume 6 - Cultural Maniños 0
FEMININO (J10):  SCD Milagrosa 1 - Cultural Maniños 4 (Lore (3) e Cris)
VETERANOS (J09): Rodis FC 3 - Cultural Maniños 1 (Ricardo)
AFICIONADOS - 2ª GALICIA (1ª FASE - J10) AD Miño "B" 5 - Cultural Maniños 0
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (J12) Cultural Maniños 0 - SD O Val 3

viernes, 17 de noviembre de 2023

lunes, 13 de noviembre de 2023

PASO ATRÁS DO VETERANO

Derrota dos nosos veteranos nun partido moi gris. Pese adelantarse no marcador por mediación de Mon os visitantes deron a volta ao resultado cun gol en cada tempo. O equipo foi de máis a menos e non foron capaces de aproveitar o seu momento.

Non se pode baixar os brazos e seguir pelexando ata que as matemáticas digan o contrario.

intre do partido

A seguir e intentar coller outra boa racha. 

Ánimo equipo!!! 

GO MANIÑOS

Acta do equipo en www.futgal.es, preme aquí

O FEMININO CAE DE NOVO EN CASA

Derrota nun partido igualado e competido ata o pitido final. O partido foi moi igualado e decideuse polo mayor acerto visitante que aproveito nun alto porcentaxe as imprecisións en defensa das brancas. Dous goles deberían chegar para levarse o partido pero de momento non chega. Marcaron Lore e Cris.

Por tanto segue sen poderse lograr una racha de boa resultados. E se necesita... 

intre do partido

Hai que seguir traballando.  

Esto e unha carreira de fondo!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Juanjo Cebolo e Ángela en www.radiofusion.eu, preme aquí

DERROTA DO FILIAL QUE MERECEU MÁIS

Derrota do filial en un bo partido por ambos lados. Mellor a 1ª parte dos visitantes que estiveron máis acertados e a 2ª parte foi local estando moi preto dun segundo gol que quizás puido ser o mási xusto. 

Faltou un chisquiño para o empate pero boas sensacións en liñas xerais do equipo ao que lle falta máis regularidade concedendo demasiado en defensa. Pecado de xuventude. O gol branco foi anotado por Aitor nunha bonita xogada colectiva.

intre do partido
Se sigue crecendo...

GO MANIÑOS

Acta do partido en www,futgal.es, preme aquí

Chiqui en www.radiofusion.eu, preme aquí

VICTORIA DE MÉRITO DOS MODESTOS NA GRELA

Gran vitoria dos modestos na súa visita ao Campo da Grela coñecido na Coruña por "A  Catedral" ante un equipo que estaba a facer un gran comezo de tempada, cun bo potencial ofensiva cuns xogadores procedentes da excelente canteira deste club, un clásico do fútbol coruñés como é o Ural Español CF

A pesar de que o partido foi moi igualado e con moitas imprecisións pódese considerar que a vitoria foi xusta xa que as mellores ocasións do partido foron todas brancas, sobre todo dúas na primeira parte a pés de Álvaro ao que respondeu o meta local cunha gran parada e outra de Javi Miragaya que aínda que este ano está tocado pola varita do gol con todo non acertou nunha ocasión inmellorable. Nese contexto de partido de igualdade, foi unha xogada illada rematada por Pitu á hora de partido supuxo o gol da vitoria branca. Gol moi protestado polo banco local aínda que o Colexiado e o seu asistente non dubidaron en dar validez ao gol de Pitu que llo merecía despois do complicado inicio de tempada como consecuencia das lesións. Pola súa banda os locais apenas inquietaron a portería de Mateo e non se lembra ningunha ocasión clara. Con este resultado de (0-1) finalizou o partido e os tres puntos véñense para O Pote o que lle permite aos brancos asentarse na zona alta da clasificación. Por último comentar que o equipo foi dirixido por Pablo Mesa ante a ausencia do adestrador por motivos personais.

Importante vitoria para asumir aínda con máis ganas o reto da próxima semana coa visita do líder incontestable como é a SD O Val. Será o domingo 19 á 16.30 H. Toca traballar ben durante a semana e recuperar efectivos para que o maior número de compoñentes do persoal estén a disposición do Míster Adrián

Felicitacións a todos e a seguir na boa liña de traballo que se está levando.

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Pablo Mesa en www.radiofusion.eu, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMANA (10-11-12) NOVEMBRO

PREBENXAMINES (1ª FASE - J04): CD Narón "A"  Cultural Maniños (1)
BENXAMINES  (1ª FASE - J04): Cultural Maniños - SD Esteiro (1)
ALEVÍN "A" (1ª FASE - J04): Club Campo "C"  Cultural Maniños (X)
ALEVÍN "B" (1ª FASE - J04): Cultural Maniños - CCRD Perlío (2)
INFANTILES (1ª FASE - J08): Cultural Maniños 0 - Galicia Caranza 3
CADETES (1ª FASE - J09): Cultural Maniños 1 - Galicia Mugardos 1
XUVENILES (1ª FASE - J01): Cultural Maniños 1 - SD O Val 8
FEMININO (J09):  Cultural Maniños 2 (Lore e Cris) - SD Brexo Lema 3
VETERANOS (J08): Cultural Maniños 1 (Mon) - SD Silva 2
AFICIONADOS - 2ª GALICIA (1ª FASE - J09) Cultural Maniños 1 (Aitor) - Monfero CF 2
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (J11) Ural Español CF 0 - Cultural Maniños 1 (Pitu)

jueves, 9 de noviembre de 2023

lunes, 6 de noviembre de 2023

DERROTA DEL FEMENINO EN CARRAL

Continua a mala xeira de resultados a domicilio. Dous goles xa avanzada a segunda parte finiquitou as esperanzas do noso equipo. 

Só hai unha fórmula, adestrar, traballar e recuperar efectivos o que aumentará a competencia no equipo. Non hai outra...

Pese a todo, séguese na loita... 

Anotou Tensi

O Feminino en Carral estrenando a nova 2ª equipación

Cabezas erguidas e a seguir traballando!!!. 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

EMPATE MOI VALIOSO EN CASA EN CASA DEL LÍDER

Empate no feudo do líder da competición polo que pódese decir que é un punto moi valioso. Partido en que o equipo se comportou como a semana anterior en Oseiro, todos a un tempo e demostrando que son unha piña. 

A bagoa é que o empate local chegou na última xogada... 

Toca seguir aprendendo destas cousas. 

Intre do partido en Freán
(Foto: Mercedes Lamas) 

Anotaron Ricardo, MS2 e Javi. 

A seguir así!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMANA (3-4-5) NOVEMBRO

PREBENXAMINES (1ª FASE - J03): Cultural Maniños - Numancia (SUSPENDIDO)
BENXAMINES  (1ª FASE - J03): Racing San Pedro - Cultural Maniños (SUSPENDIDO)
ALEVÍN "A" (1ª FASE - J03): Cultural Maniños - CD Narón (SUSPENDIDO)
ALEVÍN "B" (1ª FASE - J03): Club de Campo "B" Cultural Maniños  (SUSPENDIDO)
INFANTILES (1ª FASE - J07): AD Miño - Cultural Maniños (SUSPENDIDO)
CADETES (1ª FASE - J08): Narón O Freixo "C" 4 - Cultural Maniños 1
XUVENILES (1ª FASE - J08): Club de Campo 3 - Cultural Maniños 1
FEMININO (J08): UD Carral 3 - Cultural Maniños 1 (Tensi)
VETERANOS (J07): Campanal de Loureda CF 3 - Cultural Maniños 3 (Ricardo, MS2 e Javi)
AFICIONADOS - 2ª GALICIA (1ª FASE - J08) CD Narón "B" - Cultural Maniños 3 (SUSPENDIDO)
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (J10) Cultural Maniños - Xuventude Crendes CF (SUSPENDIDO)

GALA DO DEPORTE DE FENE AÑOS (2020-23)

Celebrouse o pasado sábado 4 no Pavillón da Xunqueira de Santo Valentín a Gala do Deporte de Fene. Gala na que se fixo un recoñecemento aos diferentes deportistas tanto a nivel individual como de equipo polos seus diferentes logros no trienio (20-23) xa que por diferentes motivos non se puido celebrar en anos anteriores. 

O Cultural Maniños tivo un recoñecemento tanto no seu equipo feminino como de modestos polos éxitos destes anos recibindo unha placa conmemorativa de máns do Concelleiro, Xusto Martínez e do Alcalde de Fene, Juventino Trigo respectivamente.

Felicitar ao Concello e á Concellería de Deportes encabezada por Adán Chao pola perfecta organización do evento.



Grazas ao Concello de Fene polo detalle e esperamos volver ás sucesivas Galas.

domingo, 5 de noviembre de 2023

SUSPENDIDA A ACTIVIDADE DO FIN DE SEMANA

Debido as condicions metereolóxicas, a Delegación de Fútbol de Ferrol suspendeu os partidos previstos para venres 3 e sábado 4.

Debido as condicions metereolóxicas o Concello de Fene suspende para este domingo 5 todalas actividades ao aire libre. En consecuencia queda suspendido o partido de Primeira Galicia,. Cultural Maniños - Xuventude Crendes CF.

Moita prudencia!!!

jueves, 2 de noviembre de 2023

XUSTA E NECESARIA VICTORIA DO FEMININO FRENTE O ABELLÁ

Victoria balsámica das blancas ante un bo equipo que vendeu cara a sua derrota. O acerto anotador de Lore foi decisivo dentro da boa tónica xeral do equipo eféctivo pero moito máis seguro en defensa que é a chave para acadar bos resultados. 

Rompeuse a mala dinámica. Ágora hai que intentar acadar una boa xeira de resultados pero é fundamental recuperar efectivos. Nestes momentos moi mermados polas múltiples lesións que se están padecendo. Anotaron Lore (2) e Cris de penalti. 

Parabéns!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Juanjo Cebolo en www.radiofusion.eu, preme aquí

VICTORIA DE MERITO A DOMICILIO DOS MODESTOS ANTE O CAIÓN

Traballada vitoria do Maniños ao que lle veu ben este novo test, rapidamente despóis dos severo tropezóns sufrido a tempada pasada en O Pote ante o Olímpico. E como se dicía na crónica deste partido nin antes érase tan malo, nin agora tan bo... na Laracha cun punto de intensidade acorde co partido permitiulle competir do teu ao teu cos locais. Se non hai esa intensidade as probabilidades de que poida suceder un accidente deportivo como o da pasada fin de semana son moi elevadas...

O partido foi moi igualado, moito centrocampismo con moi poucas ocasións de gol. Empezaron algo máis metidos os locais que empezaron dominando algo máis pero aos poucos o Maniños foi igualando a contenda e salvo unha ocasión clara nun cabezazo fóra da portería dos locais nunha inmellorable posición e un tiro de falta de Pitu que sacou o meta local con dificultades o resto do partido foi de pelexa e loita por ambos os bandos. Con (0-0) chegouse ao descanso. 

Un intre do partido

A segunda parte foi de máis dominio do balón do
Maniños cun Club do Mar que deu un paso atrás. Aínda así o partido seguía moi igualado ata que un balón parado cambiouno todo, saque de esquina e croque impecable de Gonza ao fondo das redes. (0-1) o que acentuou o control do partido dos brancos. Nunha das enésimas saídas de balón desde atrás con intervención do porteiro, o meta local comete un erro e Miragaya cunha vaselina pon o (0-2) no marcador. De aí ao final os locais tentan con máis corazón que cabeza acurtar distancias cousa que conseguen faltando 5 minutos unha falta lateral é colgada ao segundo pau e aí entra un atacante local cabeceando ao fondo das redes. (1-2) e para non variar tocaba sufrir pero o acoso do Club do Mar foi ben contrarrestado pola defensa visitante finalizando o partido co (1-2) coñecido. 

unha salida do balón do equipo

Tres puntos de gran valor sobre todo moral para recuperarse da derrota e romper unha posible mala serie. Agora a preparar o partido do domingo ante o Xuventude Crendes e tentar recuperar lesionados para poder afrontar as fins de semana nas mellores condicións posibles. 
A maiores, a parte positiva foi a volta ao equipo de Caio tras la lesión que lo tuvo alonxado dos campos cerca dun mes. e o debut do xogador do filial Juanlu e o peor que tivo que abandonar nos minutos iniciais o terreo de xogo Chata cunhas molestías. Esperemos que non sexa nada... 

Parabéns equipo!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

RESULTADOS FESTIVO MÉRCORES (1) NOVEMBRO

CADETES (1ª FASE - J08): Cultural Maniños 3 - Numancia 1
XUVENILES (1ª FASE - J08): Galicia Mugardos 3 - Cultural Maniños 2
FEMININO (J07)Cultural Maniños 3 (Lore (2) e Cris) - SE Abellá SDC 1
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (J09): Club do Mar de Caión 1 - Cultural Maniños 2 (Gonza e Miragaya)